viernes, 18 de diciembre de 2009

ESPECTÁCULO DE MAXIA

Xoves 17 de Decembro. Espectáculo de maxia a cargo dos irmáns García Pastur. Fixeron tres sesións, ás 10:30 para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, ás 12:00 para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, e ás 13:00 para o alumnado da E.S.O. Divertímonos moitísimo con fantásticos trucos de maxia realizados con moitísimo sentido do humor.




CONCURSO DE NADAL

Interesante e novidoso concurso de nadal que axuda a descubrir quen é quen no nadal intercultural, que ofrece o ENDL do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Unha dinámica de xogo simple, dirixido a EP e ESO, que pretende dous obxectivos didácticos básicos:

1º-Dar a coñecer ao alumnado unha figura de Nadal propia da Galicia,que está en proceso de recuperación nos últimos anos: o Apalpador ou Pandigueiro. Tátase dun xigante, carboeiro de profesión e habitante do Courel, que a noite de Nadal apalpaba as barrigas aos nenos e deixáballes unha manda de castañas e un anaco de carbón para que non pasasen fame e frío no inverno.

2º-Pór de manifesto a existencia de figuras tradicionais do Nadal anteriores aos Reis Magos e a Santa Claus, realidade que non é exclusiva do noso país senón que tamén se constata noutros territorios do Estado tales como Asturies, Cantabria, Cataluña... http://centros.edu.xunta.es/cpialcaldexosepichel/

FELICITACIÓN DE NADAL


AGASALLOS PARA TEMPO DE NADAL

A iniciativa de normalización e dinamización lingüística destacada para esta quincena xa está ao dispor do público interesado: un innovador e actualizado catálogo de suxestivos agasallos para o tempo de nadal, sen esquecer importantes consellos para o fomento dun consumo responsable, idea orixinal creada desde o CPI Vicente Otero valcárcel de Carral (A Coruña): http://www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion.

martes, 1 de diciembre de 2009

ESPAZO VIRTUAL PARA ENDL

Recentemente foi creado o espazo virtual (http://xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion ) que pretende ser o punto de encontro e o escaparate das accións impulsadas polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

A experiencia en materia de dinamización lingüística constata que as múltiples iniciativas deseñadas e organizadas desde ou co apoio dos ENDL, teñen servido para activaren espazos e promoveren usos do galego na escola que axudan a mellorar a competencia comunicativa do alumnado, ampliando os seus recursos competenciais en lingua galega ou introducíndoo nela, independentemente de que esta sexa a súa lingua inicial ou unha segunda lingua.

Actividades encamiñadas ao reforzo desa competencia, do goce do tempo de lecer, ao intercambio multicultural, á recuperación da tradición oral, á prensa escolar, á introdución nos novos soportes de interacción que ofertan as TIC, etc., conforman unha bagaxe de traballo a prol da lingua galega na escola que cómpre difundir.

Dármoslles visibilidade ás iniciativas dos ENDL é o obxectivo dunha ficha de participación directa que xa está ao voso dispor neste enlace: http://xunta.es/linguagalega/iniciativas_normalizadoras_1

Mediante este formulario podes facernos chegar recursos ou actividades de dinamización lingüística desenvolvidas no teu centro que poidan ser coñecidas por todos e partilladas, como iniciativas suxestivas. Unha vez recibida e valorada a acción proposta (unha por cada ficha), inserirémola no apartado correspondente segundo os destinatarios aos que vaia dirixida, as metodoloxías empregadas e os obxectivos traballados.

Agardando que esta iniciativa de comunicación directa sexa ben acollida e permita retroalimentar o traballo común dos ENDL, recibe un saúdo dinamizador.

Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL

viernes, 13 de noviembre de 2009

MAGOSTO

O martes 10 de novembro de 2009, en sesión de tarde, os/as nenos/as e mestres/as de Educación Infantil e Educación Primaria celebraron o magosto cos seguintes actos:

Concurso de baile de peóns: no cal participaron todos os nenos/as de Educación Infantil e Eduación Primaria. Para motivar e formentar o uso destes xogos tradicionais entregáronse agasallos a aqueles/as nenos/as que mellor o fixeron.

Degustación de castañas coa colaboración da cociña: para a degustación das mesmas cada neno/a na súa aula elaborou e decorou o seu propio cucurucho.

Esta xornada de Magosto estivo organizada por Sara Ferreiro, a mestra de Eduación Física.













En Educación Infantil realizáronse as seguintes actividades para a celebración do Magosto:

Celebración do Magosto: Os nenos/as trouxeron á escola unha pequena bolsiña de castañas, e asámolas o día 10 de novembro, na xornada do magosto escolar. Previamente elaboramos na aula uns cucuruchos. Disfrutamos da degustación de castañas.

Visita a un bosque de castiñeiros. Os/as nenos/as observaron os diferentes tipos de árbores, prestando especial atención ao castiñeiro, analizando a súa folla, o froito, e manipulando o ourizo para coñecer de onde salen as castañas.

Elaboración dun libro de frutos do outono: para a castaña empregamos papel charol para simular a textura da súa cáscara e escribimos as súas características máis relevantes.

Actividades plásticas: realizamos un colar de castañas e un móbil con follas de castiñeiro.

SANMAÍN

Na última semana de outubro realizamos unha exposición de caveiras na entrada de Eduación Primaria, decoradas polo alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Esta exposición foi organizada por Pilar Montero, a mestra de Lingua Extranxeira.




En Educación Infantil realizamos:

Un obradoiro de maquillaxe: pintámonos a cara con maquillaxe de Halloween co fin de asustar á xente: de meigas, vampiros, esqueletos e cadaveiras, empregando só tres barras de pintura (branca, negra e vermella).

Xogos psicomotores: trátase dunha versión espeluznante de "cadeiras musicais". Colocamos varias cadeiras, unha menos que o número de nenos/as. Convertemos as cadeiras en tumbas con bolsas de plástico negro. Puxemos música con sons terroríficos ou música de halloween. Cando a música paraba, os/as nenos/as tiñan que ocupar unha "tumba", e o/a que quedaba fóra eliminábaxe do xogo.

Pasa a caveira: Os/as nenos/as sentados en círculo, pásanse uns a outros a caveira, ao son da música. Cando para a música, o neno que teña a caveira nas mans ou que fora o último en tocala queda eliminado. O gañador é o que chega ata o final.

Actividades plásticas: caretas e máscaras; vaciado e decoración de caveiras, empregando paños, lentes e outros obxectos. Despois de vaciada a caveira, introducimos unha vela, apagamos as luces, pechamos as persianas... creando unha atmósfera terrorífica, ao mesmo tempo que estabamos a ler un conto propio do día. Participamos na exposición de caveiras, na entrada da escola.

martes, 10 de noviembre de 2009

X XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL TÍRALLE DA LINGUA




A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organiza as X Xornadas de expresión oral "Tíralle da lingua", que terán lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, os días 20 e 21 de novembro de 2009.

Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias..., de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.

Entre outras actividades, inclúe unhas xornadas, que este ano chegan á súa décima edición.

PROGRAMA

VENRES 20 DE NOVEMBRO
18.00 h: Recepción e entrega de material
18.30 h: “Literalúdica: práctica de intervención literaria creativa”.Fernando Díaz Catroverde.

SÁBADO 21 DE NOVEMBRO
9.30 h: "O libro infantil: tipoloxía e potencial didáctico". José Tomás.

11.45 h: Pausa
12.15 h: “No colo de quen falamos”. David Otero.

16.30 h: “Outras formas de oralidade: da tradición á transgresión”. Leonardo Fernández Campos (O Leo i Arremecághoná!).

18.30 h: "As mans perdidas". Nelson Quinteiro.

20.00 h: Clausura

A matrícula está aberta desde o 2/11/09 ao 16/11/09 a través do web da AS-PG.

lunes, 9 de noviembre de 2009

BOOK TRAILERS



O venres 6 de Novembro visitou o noso centro Belén Martínez Delgado, encargada da Normalización Lingüística no Concello de Monfero, para presentar a actividade Book Trailers. No obradoiro, impartido para o alumnado da E.S.O., amosou varios exemplos audiovisuais de Book Trailers, e explicou as características e a finalidade deste novo formato de publicidade para libros. Convidou ao noso alumnado a facer uso da súa imaxinación e creatividade, e deste xeito tratar de facer as súas propias propostas. Esperamos que os/as nosos/as alumnos/as se poñan mans á obra e que en breve poidamos visualizar os resultados dos seus traballos no noso blogue Xesteira... Ánimo.


Podedes visitar a páxina http://bretemas.blogaliza.org/category/book_trailer para acceder a unha selección de Book Trailers.



miércoles, 28 de octubre de 2009

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2010



A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas de 2010, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Uxío Novoneyra, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.


viernes, 23 de octubre de 2009

A REBELIÓN DO MONICREQUE

Venres 23 de Outubro: o alumnado de educación infantil e educación











Estamos diante dunha obra de teatro moi especial. Para empezar, porque os actores pricipais non son dous actores calquera, senón Anteollos e Trapos, dous monicreques con ganas de vivir aventuras. E abofé que van vivilas

A obra A rebelión do monicreque vaiche servir, ademais de para pasar un anaco cheo de intriga e aventuras, tamén para que descubras os monicreques. Comprobarás que é un xeito grande e fermoso de divertir.

Porque neste espectáculo de monicreques conviven os actores e actrices de "carne e óso" con eses outros actores e actrices que poden ser calquera outra cousa: de madeira, de pau, de papel, de fío... incluso de dedo!... Os monicreques sonche así. Porque o teatro ten moitas caras. E os monicreques son unha delas.

Monicrequeando é unha campaña pensada para o goce dos pequechos da casa. Arredor da nosa lingua e arredor dos monicreques, e arredor do xogo feliz que é a construcción destes "actores" e "actrices" que son os monicreques. É unha campaña que quere poñer en valor:

-A palabra: a nosa lingua como vehículo para o lecer, a arte, o entretemento...

-O teatro de monicreques: como unha valiosa forma de expresión artística.

-O xogo: o descubrimento do teatro de monicreques como unha forma de lecer completa, creativa e divertida.

-A lectura: porque os libros son compañeiros fieis que nunca deben faltar na túa vida.


miércoles, 21 de octubre de 2009

OBRADOIRO DE RAP


Animádevos a realizar un obradoiro de Rap en Galego, impartido por García, de Dios Ke Te Crew. Datas: 23 e 3o de outubro e 6, 13 e 20 de novembro. Organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda

viernes, 11 de septiembre de 2009

MONICREQUEANDO








Acuse de recibo de material para a campaña Monicrequeando (libro+tríptico+bolsa+cartel). Esta campaña está sendo lanzada pola Editorial Galaxia, e financiada pola Xunta de Galicia dentro do Programa de Dinamización Lingüística. O vindeiro Venres 23 de outubro o alumnado do noso centro poderá disfrutar da obra A Rebelión do Monicreque, a cargo da compañía Matapiollos.

(incluir imaxes campaña)

jueves, 25 de junio de 2009

ENTREGA DE DIPLOMAS




Xoves 25 de Xuño de 2009, ás 12:00 horas.


Entrega dos diplomas aos alumnos/as que formaron parte durante o curso 2008-2009 do Grupo de Teatro Escolar e do Grupo de Música Tradicional Escolar.



GRUPO TEATRO ESCOLAR 2008-2009

Marta Vidal Martínez
Daniel Vázquez Coira
Lorena Varela Infante
Iván Torrado Morado
Yaiza Seijas Abeal
Kevin Rubianes Deibe
Lidia Pena Porca
Alba Grueiro Pérez
Alba Gómez Seijo
Sandra Fernández Rodríguez
Ángel dos Reis Pérez
Óscar Domínguez Navieras
Gema Anaís Buyo Collazo


GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL ESCOLAR 2008-2009

María Santamariña Ruíz de León
Lidia Pena Porca
Alba Grueiro Pérez
Alba Gómez Seijo
Bibiana Blanco Parga
Magdalena Vilariño Pardo
Daniel Vázquez Coira
Rubén Calaza Díaz




lunes, 22 de junio de 2009

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS.
Luns 22 de Xuño de 2009.


EQUILIBRAMOS UN GLOBO
Grupo: infantil 3-4 anos. Infantil 4-5 anos.
Descrición: Por parellas. Cada parella deberá desprazarse polo espacio indicado (o traxecto marcarémolo con conos) suxeitando o globo coas frontes de ambos sen que caia ao chan. A primeira parella que realice o traxecto sen que caia ou estoupe o globo será a gañadora. O xogo dará comezo despois de escoitar unha sinal (pandeiro).
Material: 1 globo por cada parella. 1 pandeiro

O OVO ESCACHADO
Grupo: 1º de Primaria.
Descrición: Individualmente cada neno/a terá unha culler e unha pelota de pinpon que fará de ovo. O xogo consiste en que cada neno/a deberá percorrer o traxecto indicado ( serve o mesmo recorrido que para infantil) co ovo colocado enriba da culler. O xogo comeza despois de escoitar unha sinal (pandeiro).O neno/a que faga antes o percorrido sen que lle caia o ovo ao chan será o gañador/a. Se o ovo cae ao longo do traxecto deberán volver a empezar.
Material: 1 culler e unha pelota de pinpon por cada neno/a. 1 pandeiro.

CARREIRA DE SACOS
Grupo: 2º Primaria
Descrición: O grupo clase distribuído en dúas filas. O primeiro de cada fila terá un saco e meterase nel para recorrer unha distancia (serve o mesmo recorrido que para infantil e 1º curso), despois de escoitar unha sinal (pandeiro). O percorrido será de ida e volta. Cando rematen os primeiros chegarán e daranlle o relevo aos segundos e así sucesivamente. A fila que remate antes será a gañadora.
Material: 2 sacos. 1 pandeiro.

AS CADEIRAS MUSICAIS
Grupo: 3º Primaria.
Descrición: Todo o grupo clase colocado arredor dos aros (colocaranse tantos aros como nenos/as haxa nese grupo menos 1 Exemplo: se hai 15 nenos/as colocaranse 14) deberán bailar arredor deles ao son da música mentres soe, cando a música pare todos/as deberán meterse dentro dun aro. O neno/a que quede sen aro quedará fóra de xogo. A continuación quitaremos outro aro e así sucesivamente ata que queden dous nenos/as en un só aro. O xogador/a que finalmente se quede dentro do último aro será o/a gañador/a.
Material: 14 aros. Radio CD e música.
CARREIRA DE ZANCOS
Grupo: 4º Primaria.
Descrición: Cada neno/a con dous zancos deberán percorrer o traxecto indicado (con conos) mantendo o equilibrio neles e sen caerse. Aquel/a xogador/a que se caia dos zancos deberá regresar á liña de comezo. O primeiro/a xogador/a que realice o traxecto e chegue a liña de meta será o gañador/a. Nota: como non hai zancos para poder facer o percorrido todos xuntos dividiremos o grupo clase en dous grupos de máis ou menos os mesmo nº de compoñentes.
Material: 2 zancos por xogador/a

ZORREGADA CO CINTO
Grupo: 5º Primaria.
Descrición: Todo o grupo-clase sentados formando un círculo, agás un/ha que dará voltas ao seu redor, levando un cinto (xornal dobrado) na súa man. Cando queira deixarao detrás de alguén e correrá para dar 3 voltas completas e sentarse no sitio que quedou libre, procurando non levar golpes co “cinto”. Unha vez que se empeza a correr nunha dirección non se pode variar. Nota: aquel/a que sexa golpeado co cinto antes de rematar as tres voltas completas quedará fóra de xogo.
Material: Un xornal dobrado.

O BAILE DA VASOIRA
Grupo: 6º Primaria.
Descrición: Todo o grupo-clase distribuído por todo o espazo bailarán ao son da música e ao mesmo tempo pasaranse unha vasoira duns a outros mentres soe a música. Cando pare a música o que teña a vasoira na man quedará fóra de xogo. A vasoira pasarase a todos/as. Non vale estar todos/as xuntos senón distribuídos por todo o espazo bailando. O encargado de poñer a música terá os ollos vendados, contará ata vinte e deterá a música e así sucesivamente ata que só quede un xogador/a sen a vasoira. Este/a será o/a gañador.
Material: 1 vasoira.



Esperamos que o pasarades ben
e desexarvos unha boas vacacións de verán.

jueves, 11 de junio de 2009

BANDA DESEÑADA








Aquí tedes unha de banda deseñada feita nin mais nin menos que por un alumno de 6º de Primaria, Antonio González López. Debuxos baseados na idea dos Megatoxos, de Anxo Fariña, quen recentemente visitou o noso centro para impartir o obradoiro de banda deseñada "Creando Monstros"






lunes, 1 de junio de 2009

CREANDO MONSTROS: ANXO FARIÑA




Martes 2 de Xuño de 2009















Obradoiro de ilustración e cómic con Anxo Fariña.

De 9:45 a 10:45, alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria

De 10:45 a 11:45, alumnado de 6º de Primaria e de 1º e 2º da E.S.O.




Ademáis podedes visitar na Biblioteca Escolar a exposición dos debuxos elaborados por Anxo Fariña no transcurso do obradoiro, acompañada por unha mostra de libros e contos deste autor.

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

Venres 29 de Maio de 2009

Foliada. Cuarteto de música tradicional do C.P.I. Virxe da Cela.
Gaita, pandeireta, tamboril e bombo.


3º E.S.O. Cantiga dos maios. Voces e pandeiretas

2º E.S.O. Danza de cintas.
Acompañamento de pandeireta.

3º E.S.O. Muiñeira.

3º E.S.O. Cantiga "Ai de Min".
Danza de paos e cunchas.
Acompañamento de voces e pandeiretas.




PROGRAMA DE ACTUACIÓNS:

1.- INFANTIL, 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA CONVOCAN AO ALUMNADO A SAIR AO PATIO: “AÍ VEN O MAIO”

2.- 4º E 5º DE PRIMARIA TOCAN E CANTAN UNHA REGUEIFA.

3.- 3º E.S.O.: CANTIGA “AGORA COMENZO EU”. Voz e pandeiretas

4.- 1º E.S.O. E 3º E.S.O.: BAILE “ AI DE MI”. Voz, pandeiretas, cunhas e paos

5.- 3º E.S.O. BAILAN UNHA MUIÑEIRA: Acompañamento de pandeireta

6.- 2º E.S.O. BAILAN UNHA DANZA DE CINTAS. Acompañamento de pandeireta

7.- FOLIADA: GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL: Varias pezas intepretadas por gaita, tamboril, bombo e pandeireta.

8.- 5º e 6º DE PRIMARIA: Danzas do Baixo Languedoc

9.- 2º e 3º DE PRIMARIA: Pasodobre de Lalín.

martes, 19 de mayo de 2009

VELÁZQUEZ

Traballo elaborado polos alumnos/as de 4º de Primaria:

VISITA Á FUNDACIÓN CAIXAGALICIA E A RECICLATERRA.

Crónica redactada polo alumnado de 2º ciclo de Primaria.

Saída do 10 de marzo de 2009: Fundación Caixa Galicia e Reciclaterra

Adrián F: Gustoume a Fundación Caixa Galicia e cambiaría o xogo de Reciclaterra.


Cintia: Foi moi divertida a exposición. Vimos moitos cadros. No Reciclaterra fixemos un xogo moi divertido. Tratábase de imaxinar que iamos un sábado e un domingo á montaña; había que elixir as cousas que necesitabamos para eses dous días e despois atarse á man a un compañeiro. Logo había que pasar por debaixo dunha mesa, pasar por riba dun banco, etc. Logo quitar as cousas que levabamos atadas a nós e metelas nos colectores correspondentes.


Adrián M: O que máis me gustou foi andar correndo en grupos. Paseino moi ben e o día foi bo.


Erea: Era moi bonita a exposición e gustoume, pero prefería ir a un parque a xogar. O que máis me gustou dese día foi cando pintamos o bodegón na Fundación Caixa Galicia. O de Reciclaterra foi moi aburrido, prefería ir ó parque.


Antía: Primeiro fomos á Fundación Caixa Galicia e vimos obras de pintores rusos. Subimos arriba e pintamos un debuxo a puntiños. Comemos no parque e xogamos un pouco. Por último fomos a Reciclaterra e fixemos un xogo que servía para reciclar.
A min gustoume pero cambiaría unha cousa, que sería que estivesemos algo máis de tempo en Reciclaterra.


Iván: Na excursión que fixemos a Ferrol o primeiro que vimos foi uns cadros duns rusos que estaban interesantes. Logo fomos comer a un parque e a continuación fomos a unhas atraccións. E direitiños a Mougá, onde tamén xogamos a un xogo moi difícil, pero saiunos moi ben, aínda que eu cambiaría o xogo por un partido de fútbol.

LECTURAS RECOMENDADAS: ALUMNADO 4º PRIMARIA

Gerónimo Stilto.
É unha colección de libros de aventuras que a mín gústanme moito. Trata dun rato que pasa a vida de aventuras en aventuras.
Iván

O dente de Clara.
Á nena cáellle un dente que Pérez recolle e perde. Clara descubre a Pérez e entre os dous van en busca do dente e fan unha longa misión na que atopan un vello pazo. Pero se queredes saber o que pasa, lédeo...
Pablo

Fairy Oak. El secreto de las gemelas.
Recomendaría este libro as miñas amigas, sobre todo a Cintia, que eu xa lin. Está moi ben e ó mello serve para os cativos porque hai un pirata.
Antía

O cabaliño de cartón.
Gustoume moito porque ensina que non se pode ser egoístas. Veña compañeiros, animádevos e lédeo!
Erea

Todos los detectives se llaman Flanagan.
Vai dun detective privado, de moitas cousas, como dos recursos que teñen algúns dos seus colegas de profesión e unha película. Unha rapaza xitana chamada Carmen pídelle que encontre o seu sobriño desaparecido. E se queredes saber máis terás que lelo.
Laura S.

Kika superbruxa, e o feitizo de Nadal.
É moi divertido, aínda que é moi gran e ten moita letra.
Cintia.

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Santiago de Compostela a 7 de maio de 2009

Prezada compañeira,
Prezado compañeiro,

A Mesa pola Normalización Lingüística promove, para o domingo 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras, unha grande manifestación baixo o lema O galego, a nosa columna vertebral, que partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística convidámosvos a participardes de xeito activo a través de diferentes vías nesta mobilización:
Co voso apoio ao manifesto (como centro de ensino, como departamento ou como equipo de normalización lingüística, segundo considerardes).
Coa divulgación do manifesto e da convocatoria de mobilización entre a comunidade educativa.
Coa vosa asistencia á manifestación.

Podedes adherirvos ao "Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego" a través do correo electrónico amesa@amesanl.org ou do fax 981 58 37 82 ou, máis directa e doadamente, a través da nosa páxina web: www.amesanl.org.
Podedes tamén a folla de sinaturas como PDF no seguinte enderezo web: http://www.amesanl.org/campanhas/recollidasinaturas_manifestoconvivencia.pdf
Ficamos, pois, ao voso dispor para combinar as accións pertinentes para o vindeiro 17 de maio.
Unha forte e animosa aperta,


Carlos Callón
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

COORDINADORA GALEGA DE E.N.D.L.

A Directiva da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quere pedirvos, antes de máis nada, desculpas por non ter estado en contacto de maneira máis asidua durante estas últimas semanas debido ás nosas obrigas nos centros. Así mesmo, felicitámosvos polo voso labor na difusión desta iniciativa e comunicámosvos o seguinte:


1.- Documento "Quen somos": enviámosvos o texto que se acordou na Asemblea do 18 de abril, que sintetiza o que somos, o que queremos e o que pedimos. É o documento que nos demos para o noso traballo a curto prazo.

2.- Traballo realizado e proxectos en desenvolvemento:
-Solitamos entrevista a Alberto Núñez Feijoo e ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Faremos o mesmo co/a Secretario/a Xeral de Política Lingüística cando este cargo sexa nomeado.
-Reaccionamos perante a medida anunciada por Feijoo de enviar unha circular aos centros para “dar liberdade no uso da lingua ao profesorado e ao alumnado”. Incluímos anexo un Dossier de prensa.
-Desenvolvemento da web da Coordinadora para incorporar novas funcionalidades, recursos e servizos. Informaremos cando a teñamos.

3.- Campaña de adhesións ao manifesto da CGENDL.

· É necesario continuar coa recolla de apoios de ENDL. Debe ser algo prioritario, cantas máis sinaturas, máis forza teremos como interlocutores no escenario que se abre para a lingua galega no ensino. Os apoios poden facerse a través da web (http://www.coordinadoraendl.org/) e por fax (981.800.064). Achegamos o manifesto en documento anexo.
· Perante a insistencia de moitos/as docentes, habilitouse na web unha ligazón para que os/as profesores/as que o desexaren poidan sumarse a título individual a este manifesto: http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php Convén que o difundamos entre o profesorado dos nosos centros e entre os nosos contactos. Achegamos o manifesto en documento anexo preparado para acoller sinaturas dos/as compañeiros/as, para difundirmos por correo ou para imprimir e distribuír nos centros. As follas de sinaturas deben enviarse ao fax sinalado: 981.800.064.

4.- Creación de Coordinadoras Comarcais: incluímos os correos das persoas que na Asemblea do 18 de abril se amosaron dispostas a estable width='100%' width='100%' width='100%' width='100%' width='100%' width='100%' width='100%'cer contactos de cara a coordinarse comarcalmente naquelas zonas do país onde non existen coordinadoras comarcais.

Lembrade, así mesmo, que xa existen coordinadoras e redes comarcais ou locais en Santiago de Compostela, Ferrolterra, Barbanza, Leixaprén (Muros-Noia e Barbanza), O Salnés, Terras do Umia, Redondela, Ogrobe, Cambados e Vigo. Se queredes comunicarvos con estes colectivos, escribide a correo@coordinadoraendl.org
Saúdos a todos/as.


CGENDL

lunes, 18 de mayo de 2009

jueves, 7 de mayo de 2009

CERTAME LITERARIO ON-LINE


Con motivo da conmemoración das Letras Galegas 2009.


Obxectivos:


· Potenciar o uso escrito da lingua galega.
· Fomentar o emprego das novas tecnoloxías na educación.

Bases do certame:

  1. Este concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria do C.P.I. Virxe da Cela.
  2. Os traballos deberán estar redactados en lingua galega.
  3. Os textos poderán adoptar calquera modalidade literaria.
  4. Os participantes colgarán os seus traballos no blogue Xesteira, (http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/) no apartado de “comentarios” da entrada “Certame Literario On-Line”, incluíndo os seus datos persoais ou un pseudónimo.
  5. O prazo de presentación de traballos estará aberto durante todo o mes de Maio de 2008.
  6. Un xurado integrado por un/unha representante do E.N.D.L, un/unha representante da Bibliteca Castelao e un/unha representante do Departamento de Lingua Galega decidirán os gañadores, na modalidade de Educación Primaria e Educación Secundaria

Nota de aviso. Debido á escasa participación no certame, o E.N.D.L. decidiu suspender esta convocatoria e declarar os premios desertos. Monfero, 4 de Xuño de 2009.


miércoles, 6 de mayo de 2009

ENTROIDO 2009

O Entroido visto polos/as alumnos/as de 4º de Primaria:


Sofía: No entroido fixemos un desfile e actuamos por grupos e por separado. Todos traballaron o tema do circo.


Laura S: O tema foi o circo; uns disfrazáronse de acróbatas, forzudos, pallasos, rockeiras, galiñas e tamén bailaríns. Gañamos un premio, e da ESO gañaron as rockeiras.


Erea: No entroido paseino moi, pero moi ben. Nós os do 2º ciclo fomos de forzudos e paseino moi ben. Foi o mellor entroido.

Pablo: O tema foi o circo e nós, os do 2º ciclo de primaria fomos de forzudos, con pesa e todo. Bailamos un tal baile que dicía: chichiguá guá, ou algo así.


Iván: Este ano a función do Entroido foi dedicada ó circo. A miña clase disfrazouse de forzudos e eu tamén. Divertinme moito. Cando acabaron as funcións a tódolos nenos ofrecéronnos no comedor orellas e outros doces, e tamén chocolate quente.

jueves, 30 de abril de 2009

RAMÓN PIÑEIRO: LETRAS GALEGAS 2009







5 de Maio de 2009



Acuse de recibo vía e-mail de información do material didáctico sobre Ramón Piñeiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009. http://www.seminariogalan.org/ : biografía do autor, fotos, material didáctico, en formato PDF, e actividades en Jclic e Edlim para cada un dos tres ciclos de primaria e educación infantil. O E.N.D.L. imprimirá este material e o entregará aos coordinadores de ciclo para a súa difusión entre o profesorado de Educación Infantil e Eduación Secundaria.



30 de Abril de 2009


Acuse de recibo de material para a campaña “Letras Galegas 2009”, adicada a Ramón Piñeiro, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Montarase a exposición en colaboración coa Biblioteca Castelao. Material enviado:


  • Serie de carteis grandes (15 unidades)

  • Serie de carteis medianos (15 unidades)

  • Letras Galegas 2009. Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia.

  • Ramón Piñeiro: galeguista, editor e ensaísta. Letras Galegas 2009. Xunta de Galicia.Un libro e un dvd.

  • Linguas cruzadas. Ana Iglesias Álvarez. Xunta de Galicia. Un dvd e un libro-guía didáctica.

O documental Linguas cruzadas, xunto coa súa guía didáctica, entregarase ao Departamento de Lingua Galega.

miércoles, 29 de abril de 2009

BIBLIOTECA DE AULA DE 3º DE PRIMARIA

Crónica redactada polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria.


Na nosa biblioteca de aula tamén temos libros ben bonitos. Imos contarvos algo dalgúns que xa lemos e ¡ a ver se vós tamén vos animades!


O BOSQUE ANIMADO – Ed. Everest. No bosque animado hai moitos animais, incluso Furi unha toupa que se namorou de Linda.Pero un día os humanos atraparon a Linda cos seus irmáns en gaiolas.A toupa mayor estaba preocupada porque non había quen os rescatara.Pero Linda dixo que non todas estaban atrapadas: faltaba Furi.Furi estaba buscando a forma de liberar a Linda.
Este conto gustoume moito. Nerea Couceiro Gómez


O GATO DE LA – Carlos Domínguez López. Ed. Sotelo Blanco. Gustoume moito o conto e como o gato fixo unha amiga gatuña cosendo a luva de la que estaba moi triste porque estaba soa. Kevin David Sanjurjo Villa
.
LOLO – Pablo Otero "Peixe". Edicións Xerais. Está moi gracioso porque o home colle a letra “z” e dúas estrelas, empezou a facer malabares e de repente apareceu unha “CICLOPTERO-ALFABÉTICO”. A “z” eran os pedais e as dúas estrelas eran as rodas, é decir, unha bicicleta voadora. Miguel López Cuesta.




DEMOS EN CAMISETA . Paloma Bordóns. Ed. Edebé. Era un señor que ó ir cada vez máis vello olvidabanselle as cousas.Tiña un neto chamado Quico…
Paula Deive Martínez.



XOSÉ FAISE AMIGO DO VENTO – Rosa Mª García Vilariño. Ed. Sotelo Blanco Infantil. Xosé tiña dous irmáns mayores ca el: Pablo e David. Pero non querían xogar con el porque era máis pequeño. Un día baixou ó campo e colleu unha corda azul e unha caña de David e o vento empuxabao e Xosé saiu voando e algunhas persoas frotaban os ollos para ver si era unha fantasía…María Primoy Cuenca.



QUERIDO INIMIGO – Agustín Fdez Paz. Ed. Rodeira. Laura tenlles moito medo aos cans. A todos cantos cans existen. Por iso cando a súa nai lle dixo que tiña veciños e que tiñan un can asustouse e xa non podía nin sair nin entrar. Silvia Roca Deibe.



HISTORIA DUNHA LATA – Alberto Varela Ferreiro. Ed. Planeta, Oxford. É unha historia moi bonita. Fala sobre a reciclaxe e a amistade. Trata dunha vaca que atopa unha lata que un neno chamado Xan tirou cando comeron o atún…José Carlos Silvar Fernández.


¿Sabedes?


O primeiro alumno da clase de 3ºde Primaria que consiga ler 10 libros e completar unha pequena ficha sobre cada un deles,
gaña un DIPLOMA Ó MELLOR LECTOR da aula e un premio.
Pero o mellor de todo é o que aprendemos e o ben que o pasamos lendo.

CONTACONTOS KALANDRAKA



MARTES 3 DE MARZO DE 2009


Crónica escrita polo alumnado de 3º de Primaria:

O martes, día 3 de marzo, os nenos de 3º de Primaria fomos a un Contacontos á biblioteca do noso colexio. Alí pasámolo moi ben. Vimos e faláronnos de varios libros, entre eles o seguinte:


Título: “CERCA”
Autora: NATALIA COLOMBO.
Editorial: KALANDRAKA.


O conto trata dun coello e dun pato que sempre se cruzaban no camiño e nunca se saudaban . E os dous estaban moi tristes e sos. Por actuar dese xeito deixaron de facer moitas cousas: xogar no parque, tomar o té xuntos, saudarse, viaxar xuntos… A nós este pareceunos un final triste e decidimos inventar outro que nos gusta máis:



Un día o pato ía paseando e tropezou, non podía erguerse e cando pasou o coello axudoulle a levantarse. Comezaron a falar e fixéronse amigos para sempre. A partires daquel momento entenderon que se necesitaban e que estaban máis contentos xogando xuntos e nunca máis estiveron sos nin tristes.

martes, 28 de abril de 2009

IV SEMINARIO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO





A Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüístico está asistindo ao IV Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino que estase a celebrar no I.E.S. Rafael Dieste, A Coruña. Datas: 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de Abril de 2009.

miércoles, 22 de abril de 2009

CONCURSO MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

Venres 8 de Maio de 2009


MODALIDADE EDUCACIÓN INFANTIL

O Xurado determinou otorgar un premio colectivo a repartir en Educación Infantil

MODALIDADE EDUCACIÓN PRIMARIA
Marcapáxinas finalistas:
Sheila Buyo Collazo (4º Ed. Primaria); Aldara (1º Ed. Primaria); Nerea (3º Ed. Primaria); Elisa Fernández Martínez (6º Ed. Primaria); Martín Cortizas Suárez (5º Primaria)

Marcapáxinas gañador:
Sergio García Coira (2º Ed. Primaria)

MODALIDADE EDUCACIÓN SECUNDARIA

Marcapáxinas finalistas:
Lorena Varela (1º E.S.O.), Luz Mery Barral (2º E.S.O.), Lucía Pérez (4º E.S.O.)
Marcapáxinas gañador:
Saray Fernández Mosquera (3º E.S.O.)











23 de Abril de 2009



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, en colaboración co equipo Monferosolidario, propón a seguinte actividade para conmemorar o Día do Libro:


O próximo 26 de Abril, Día do Libro, o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir. A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá a educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.


Descrición da actividade:



  • Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.)

  • O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos nos taboleiros do centro, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria.

Un xurado elixirá os mellores traballos, e decidirá as obras grañadoras na categoría de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. O Equipo de Normalización E Dinamización Lingüística farase cargo dos premios.