miércoles, 28 de octubre de 2009

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2010



A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas de 2010, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Uxío Novoneyra, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.


viernes, 23 de octubre de 2009

A REBELIÓN DO MONICREQUE

Venres 23 de Outubro: o alumnado de educación infantil e educación











Estamos diante dunha obra de teatro moi especial. Para empezar, porque os actores pricipais non son dous actores calquera, senón Anteollos e Trapos, dous monicreques con ganas de vivir aventuras. E abofé que van vivilas

A obra A rebelión do monicreque vaiche servir, ademais de para pasar un anaco cheo de intriga e aventuras, tamén para que descubras os monicreques. Comprobarás que é un xeito grande e fermoso de divertir.

Porque neste espectáculo de monicreques conviven os actores e actrices de "carne e óso" con eses outros actores e actrices que poden ser calquera outra cousa: de madeira, de pau, de papel, de fío... incluso de dedo!... Os monicreques sonche así. Porque o teatro ten moitas caras. E os monicreques son unha delas.

Monicrequeando é unha campaña pensada para o goce dos pequechos da casa. Arredor da nosa lingua e arredor dos monicreques, e arredor do xogo feliz que é a construcción destes "actores" e "actrices" que son os monicreques. É unha campaña que quere poñer en valor:

-A palabra: a nosa lingua como vehículo para o lecer, a arte, o entretemento...

-O teatro de monicreques: como unha valiosa forma de expresión artística.

-O xogo: o descubrimento do teatro de monicreques como unha forma de lecer completa, creativa e divertida.

-A lectura: porque os libros son compañeiros fieis que nunca deben faltar na túa vida.


miércoles, 21 de octubre de 2009

OBRADOIRO DE RAP


Animádevos a realizar un obradoiro de Rap en Galego, impartido por García, de Dios Ke Te Crew. Datas: 23 e 3o de outubro e 6, 13 e 20 de novembro. Organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda