viernes, 13 de noviembre de 2009

MAGOSTO

O martes 10 de novembro de 2009, en sesión de tarde, os/as nenos/as e mestres/as de Educación Infantil e Educación Primaria celebraron o magosto cos seguintes actos:

Concurso de baile de peóns: no cal participaron todos os nenos/as de Educación Infantil e Eduación Primaria. Para motivar e formentar o uso destes xogos tradicionais entregáronse agasallos a aqueles/as nenos/as que mellor o fixeron.

Degustación de castañas coa colaboración da cociña: para a degustación das mesmas cada neno/a na súa aula elaborou e decorou o seu propio cucurucho.

Esta xornada de Magosto estivo organizada por Sara Ferreiro, a mestra de Eduación Física.













En Educación Infantil realizáronse as seguintes actividades para a celebración do Magosto:

Celebración do Magosto: Os nenos/as trouxeron á escola unha pequena bolsiña de castañas, e asámolas o día 10 de novembro, na xornada do magosto escolar. Previamente elaboramos na aula uns cucuruchos. Disfrutamos da degustación de castañas.

Visita a un bosque de castiñeiros. Os/as nenos/as observaron os diferentes tipos de árbores, prestando especial atención ao castiñeiro, analizando a súa folla, o froito, e manipulando o ourizo para coñecer de onde salen as castañas.

Elaboración dun libro de frutos do outono: para a castaña empregamos papel charol para simular a textura da súa cáscara e escribimos as súas características máis relevantes.

Actividades plásticas: realizamos un colar de castañas e un móbil con follas de castiñeiro.

SANMAÍN

Na última semana de outubro realizamos unha exposición de caveiras na entrada de Eduación Primaria, decoradas polo alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Esta exposición foi organizada por Pilar Montero, a mestra de Lingua Extranxeira.




En Educación Infantil realizamos:

Un obradoiro de maquillaxe: pintámonos a cara con maquillaxe de Halloween co fin de asustar á xente: de meigas, vampiros, esqueletos e cadaveiras, empregando só tres barras de pintura (branca, negra e vermella).

Xogos psicomotores: trátase dunha versión espeluznante de "cadeiras musicais". Colocamos varias cadeiras, unha menos que o número de nenos/as. Convertemos as cadeiras en tumbas con bolsas de plástico negro. Puxemos música con sons terroríficos ou música de halloween. Cando a música paraba, os/as nenos/as tiñan que ocupar unha "tumba", e o/a que quedaba fóra eliminábaxe do xogo.

Pasa a caveira: Os/as nenos/as sentados en círculo, pásanse uns a outros a caveira, ao son da música. Cando para a música, o neno que teña a caveira nas mans ou que fora o último en tocala queda eliminado. O gañador é o que chega ata o final.

Actividades plásticas: caretas e máscaras; vaciado e decoración de caveiras, empregando paños, lentes e outros obxectos. Despois de vaciada a caveira, introducimos unha vela, apagamos as luces, pechamos as persianas... creando unha atmósfera terrorífica, ao mesmo tempo que estabamos a ler un conto propio do día. Participamos na exposición de caveiras, na entrada da escola.

martes, 10 de noviembre de 2009

X XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL TÍRALLE DA LINGUA




A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organiza as X Xornadas de expresión oral "Tíralle da lingua", que terán lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, os días 20 e 21 de novembro de 2009.

Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias..., de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.

Entre outras actividades, inclúe unhas xornadas, que este ano chegan á súa décima edición.

PROGRAMA

VENRES 20 DE NOVEMBRO
18.00 h: Recepción e entrega de material
18.30 h: “Literalúdica: práctica de intervención literaria creativa”.Fernando Díaz Catroverde.

SÁBADO 21 DE NOVEMBRO
9.30 h: "O libro infantil: tipoloxía e potencial didáctico". José Tomás.

11.45 h: Pausa
12.15 h: “No colo de quen falamos”. David Otero.

16.30 h: “Outras formas de oralidade: da tradición á transgresión”. Leonardo Fernández Campos (O Leo i Arremecághoná!).

18.30 h: "As mans perdidas". Nelson Quinteiro.

20.00 h: Clausura

A matrícula está aberta desde o 2/11/09 ao 16/11/09 a través do web da AS-PG.

lunes, 9 de noviembre de 2009

BOOK TRAILERS



O venres 6 de Novembro visitou o noso centro Belén Martínez Delgado, encargada da Normalización Lingüística no Concello de Monfero, para presentar a actividade Book Trailers. No obradoiro, impartido para o alumnado da E.S.O., amosou varios exemplos audiovisuais de Book Trailers, e explicou as características e a finalidade deste novo formato de publicidade para libros. Convidou ao noso alumnado a facer uso da súa imaxinación e creatividade, e deste xeito tratar de facer as súas propias propostas. Esperamos que os/as nosos/as alumnos/as se poñan mans á obra e que en breve poidamos visualizar os resultados dos seus traballos no noso blogue Xesteira... Ánimo.


Podedes visitar a páxina http://bretemas.blogaliza.org/category/book_trailer para acceder a unha selección de Book Trailers.