martes, 23 de noviembre de 2010

ALÍ ONDE HAXA UNHA NOTICIA ESTAREMOS NÓS...

O noso xornalista oficial, Antonio González López, de 2º da ESO, ofrécenos unha invitación para colaborar Na Voz do Xestal.

lunes, 22 de noviembre de 2010

NANOMAXIAS















Espectáculo de maxia a cargo do mago Román Patur. Martes 23 de Novembro de 2010, de 9:45 a 10:45. Alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria. De 12:35 a 13:25, alumnado da ESO e PCPI. O mago Román Pastur ofreceu tamén un espectáculo de trucos de cartas para un grupo de alumnos/as de primaria durante o seu recreo, na Biblioteca Escolar. O noso xornalista Antonio González López realizou unha pequena entrevista co mago, que a continuación ofrecemos, así como unhas pequenas pinceladas sobre os contidos da sesión de maxia.

CONTOS PARA ESCAGARRIÑARSE







A compañía Picompe ofreceunos unha divertida sesión de Contos para Escagarriñarse, o Venres 5 novembro de 2010, de 14:45 a 16:25. Esta actividade levouse a cabo no Pavillón Polideportivo, dirixida para alumnado de educación infantil e educación primaria.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

jueves, 11 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010
















Martes 8 de Novembro de 2010. Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria.

jueves, 4 de noviembre de 2010

TITERES FALCATRUA





Xoves 28 de outubro, de 14:45 a 16:25, a compañía Falcatrúa ofrécenos unha actuación de monicreques, para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria.

XORNAL XESTEIRA

miércoles, 16 de junio de 2010

GRUPO ESCOLAR DE MÚSICA TRADICIONAL




O Martes 15 de Xuño fixemos entrega dun diploma acreditativo aos integrantes do Grupo Escolar de Música Tradicional. Este grupo creouse o pasado curso académico 2008-2009, e na actualidade está formado por 30 persoas: 7 alumnos/as de E.S.O. e 22 alumnos/as de Educación Primaria. Durante todo este curso fixeron ensaios todos os venres, de 14:15 a 15:45 horas (recreo de despois de xantar), aprendendo a tocar a pandeireta e rescatando o folclore musical galeo. Vémonos o próximo mes de Setembro, e esperamos que mostredes as vosas habilidades e a vosa arte en romarías e foliadas durante o verán!




GRUPO DE TEATRO ESCOLAR




O Grupo de Teatro Escolar do C.P.I. Virxe da Cela comezou a funcionar o pasado curso académico 2008-2009. No presente curso conforman este grupo 6 persoas de 2º da E.S.O. Nos recreos dos mércores fan xuntanzas na Biblioteca Escolar para preparar pequenas obras de teatro e facer lecturas dramatizadas de textos. Este mércores dimos por finalizada esta actividade, e as integrantes do grupo recibiron un diploma acreditativo pola súa participación. Vémonos o próximo curso!

martes, 1 de junio de 2010

CELEBRACIÓN DOS MAIOS










Xoves 27 de Maio. O alumnado de 2º da E.S.O. e de 3º da E.S.O. tiveron a oportunidade de compartir cos nenos e nenas de infantil un repertorio de danzas e cancións típicas dos maios.

miércoles, 26 de mayo de 2010

II CONCURSO PEGADAS DE RELATOS


















O vindeiro venres 28 de maio de 2010 ás oito da tarde, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, farase a entrega dos premios do II Concurso Pegadas de Relatos. Un alumno de 1º de E.S.O. no noso centro, Antonio González, resultou premiado. Asimesmo, as alumnas Anais Buyo de 2º de E.S.O. e Noelia Deibe, de 4º de E.S.O. resultaron gañadoras no sorteo de agasallos do devandito concurso. Noraboa a todos eles.


CONTACONTOS MARIO TOMÁS










A través do Consorcio Editorial, os nenos de Educación Infantil e Educación Primaria tiveron a oportunidade de disfrutar das fantásticas historias narradas por Mario Tomás. A actuación tivo lugar na biblioteca escolar na tarde do luns 24 de Maio, en dúas quendas. Os nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación nesta actividade na que se mesturaba a narración, a música, os monicreques...

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS













O noso centro conmemorou esta data tan especial realizando varias actividades durante a semana do 10 ao 14 de Maio:

1.- Visita á exposición sobre Uxío Novoneyra, nos corredores do edificio de Primaria e de Secundaria. Os cartaces desta exposición son os traballos que resultaron gañadores no concurso-exposición das letras galegas, promovido pola SXPL.

2.- En Educación Infantil e Educación Primaria traballo nas tutorías sobre a figura de Uxío Novoneyra, utilizando os materiais on-line: http://www.seminariogalan.org/ e
http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.php. O Venres 24 de Maio efectuouse unha gravación en video con recitado de poesías e comentarios sobre Uxío Novoneyra.

3.- En Educación Infantil e Educación Primaria realización de debuxos para ilustrar os poemas de Uxío Novoneyra.

VISITA Á CAPELA

Os nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Primaria visitaron o Venres 7 de maio o Centro de Interpretación de Xogos Populares e Tradicionais situado no Ceip Mosteiro de Caaveiro – A Capela. Foi unha xornada moi entretida e divertida. O circuito de xogos foi o seguinte:


A goma

A porca


Os zancos


O muíño


Os pelouros


Os aros

CATAPALABRAS



A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplia a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.

O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posible, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as palabras repetidas non puntúan.

Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza

O xogo, as características, normas e demais pode verse na ligazón:

www.as-pg.com/catapalabras/login.htm.

viernes, 30 de abril de 2010

MATERIAIS PARA AS LETRAS GALEGAS 2010

A Coordinadora Galega de ENDL ofrece na súa páxina un monográfico especial sobre a figura e a obra de Uxío Novoneyra, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.php Compilación de recursos web como actividades en liña e unidades didácticas para diferentes niveis educativos ou unha fonoteca e unha videoteca, entre outros. Este monográfico ha de ir incorporando novos materiais elaborados polos docentes nos centros escolares e por diferentes colectivos e institucións.

Seminario de Galán ofrece tamén materias na súa páxina http://seminariogalan.org, que contén actividades e recursos para o alumnado de infantil e os tres ciclos de primaria, en formato PDF, sobre Uxío Novoneyra, autor homenaxeado no Día das Letras 2010. Nesta mesma web inclúese unha biografía do autor, tamén en formato PDF, unha pequena galería fotográfica e varios paquetes de actividades interactivas en Edlim e JavaClic para infantil e primaria.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2010

O Equipo de Nomalización e Dinamización Linguística do C.P.I. Virxe da Cela, en colaboración co Departamento de Lingua Galega, organiza un concurso para conmemorar o Día das Letras Galegas, tratando deste xeito potenciar e fomentar o uso da lingua galega, tanto na fala como na escrita.

miércoles, 21 de abril de 2010

PACO BARROS, "En galego pintamos"




O CPI VICENTE OTERO VALCÁRCEL DE CARRAL convoca a I edición do Concurso de Debuxos “Paco Barros, en galego pintamos”. Este concurso ten dúas motivacións:

1-Homenaxear a Francisco Barros, compañeiro falecido recentemente, profesor durante máis de 30 anos no colexio de Carral. Paco Barros subliñouse sempre na defensa e no uso da nosa lingua. Consideramos oportuno mesturar este motivo con unha das súas principais afeccións, a pintura. Eis a razón do título do certame.

2-O segundo motivo é propiciar a reflexión sobre o uso do galego na mocidade. Como ve a nosa xuventude a situación do idioma? En que medida está presente na súa vida: no uso cotiá, na súa familia, no seu tempo de ocio, na súa música, etc. Que “pinta” o galego entre eles e elas? Que “pintan” eles para o idioma? Que futuro lle “pintan” ao galego?

BASES DO CONCURSO: “PACO BARROS, EN GALEGO PINTAMOS”

1-Poderá presentarse todo o alumnado de Galicia matriculado na ESO ou en BACHARELATO no presente curso, de maneira individual.

2-O traballo consistirá na elaboración dun debuxo que combine a seguinte temática: o galego e a mocidade. Pode consistir nun debuxo, pintura, humor gráfico, caricatura, etc. O debuxo pode ir acompañado de texto.


3-A técnica utilizada no debuxo será libre, mais o formato será mínimo un DIN A4, máximo un DIN A3.

4-O prazo de presentación dos debuxos será até o 21 de maio de 2010 ao seguinte enderezo postal:

Concurso “Paco Barros, en galego pintamos”
CPI Vicente Otero Valcárcel
Rúa Juan Seijas s/n
Carral (15175)
A Coruña

5- O autor/a enviará o debuxo dentro dun sobre. No remite do sobre figurará o título do debuxo e un pseudónimo do autor/a. O debuxo non poderá ir asinado, figurando o pseudónimo no reverso. Dentro do sobre incluirá outro sobre de menor tamaño. No interior deste sobre máis pequeno figurará unha fotocopia do seu DNI e o pseudónimo do autor/a, enderezo electrónico e un número de teléfono.

6- Establécese un único premio de 300 € e a reprodución dunha pintura de Paco Barros.

7-O xurado estará composto polo Director/a do CPI Vicente Otero, o Xefe/a dos Departamentos de Lingua Galega, Artes Plásticas e a Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

8- A decisión do xurado comunicarase na páxina web do centro educativo (http://centros.edu.xunta.es/cpivicenteoterovalcarcel/) o 4 de xuño de 2010. Igualmente, será comunicada persoalmente ao gañador/a.

9- O premio poderá ser declarado deserto e o fallo do xurado será inapelable. O debuxo que resulte gañador quedará en propiedade do centro, que poderá reproducilo libremente sen que tal reprodución implique dereito algún para o autor/a.

10-Os concursantes que se presenten deberán ser responsables da súa obra, que será única, orixinal e propiedade do autor/a.

11- Coas obras presentadas celebrarase unha exposición no centro educativo, desde o 5 ao 22 de xuño de 2010.

12-Os debuxos non premiados poderán ser retirados persoalmente polos seus autores no prazo de 20 días naturais comezados a contar desde o seguinte ao remate da exposición. Pasado ese prazo quedarán en propiedade do colexio, que poderá dispoñer deles sen dereito ningún a reclamación.

13-Toda persoa que concurse acepta integramente as bases do concurso.

martes, 23 de marzo de 2010

CONVOCATORIA DE PREMIOS

Achegámosvos información sobre varias convocatorias encamiñadas ao fomento, difusión e creación da lingua e cultura galega. Tedes á vosa disposición as bases destas convocatorias no taboleiro de informacións.




XVI Premio de Poesía Avelina Valladares. Creación e difusión da lírica galega.






XV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela




XXII Premio de Novela M. García Barros.