viernes, 30 de abril de 2010

MATERIAIS PARA AS LETRAS GALEGAS 2010

A Coordinadora Galega de ENDL ofrece na súa páxina un monográfico especial sobre a figura e a obra de Uxío Novoneyra, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.php Compilación de recursos web como actividades en liña e unidades didácticas para diferentes niveis educativos ou unha fonoteca e unha videoteca, entre outros. Este monográfico ha de ir incorporando novos materiais elaborados polos docentes nos centros escolares e por diferentes colectivos e institucións.

Seminario de Galán ofrece tamén materias na súa páxina http://seminariogalan.org, que contén actividades e recursos para o alumnado de infantil e os tres ciclos de primaria, en formato PDF, sobre Uxío Novoneyra, autor homenaxeado no Día das Letras 2010. Nesta mesma web inclúese unha biografía do autor, tamén en formato PDF, unha pequena galería fotográfica e varios paquetes de actividades interactivas en Edlim e JavaClic para infantil e primaria.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2010

O Equipo de Nomalización e Dinamización Linguística do C.P.I. Virxe da Cela, en colaboración co Departamento de Lingua Galega, organiza un concurso para conmemorar o Día das Letras Galegas, tratando deste xeito potenciar e fomentar o uso da lingua galega, tanto na fala como na escrita.

miércoles, 21 de abril de 2010

PACO BARROS, "En galego pintamos"




O CPI VICENTE OTERO VALCÁRCEL DE CARRAL convoca a I edición do Concurso de Debuxos “Paco Barros, en galego pintamos”. Este concurso ten dúas motivacións:

1-Homenaxear a Francisco Barros, compañeiro falecido recentemente, profesor durante máis de 30 anos no colexio de Carral. Paco Barros subliñouse sempre na defensa e no uso da nosa lingua. Consideramos oportuno mesturar este motivo con unha das súas principais afeccións, a pintura. Eis a razón do título do certame.

2-O segundo motivo é propiciar a reflexión sobre o uso do galego na mocidade. Como ve a nosa xuventude a situación do idioma? En que medida está presente na súa vida: no uso cotiá, na súa familia, no seu tempo de ocio, na súa música, etc. Que “pinta” o galego entre eles e elas? Que “pintan” eles para o idioma? Que futuro lle “pintan” ao galego?

BASES DO CONCURSO: “PACO BARROS, EN GALEGO PINTAMOS”

1-Poderá presentarse todo o alumnado de Galicia matriculado na ESO ou en BACHARELATO no presente curso, de maneira individual.

2-O traballo consistirá na elaboración dun debuxo que combine a seguinte temática: o galego e a mocidade. Pode consistir nun debuxo, pintura, humor gráfico, caricatura, etc. O debuxo pode ir acompañado de texto.


3-A técnica utilizada no debuxo será libre, mais o formato será mínimo un DIN A4, máximo un DIN A3.

4-O prazo de presentación dos debuxos será até o 21 de maio de 2010 ao seguinte enderezo postal:

Concurso “Paco Barros, en galego pintamos”
CPI Vicente Otero Valcárcel
Rúa Juan Seijas s/n
Carral (15175)
A Coruña

5- O autor/a enviará o debuxo dentro dun sobre. No remite do sobre figurará o título do debuxo e un pseudónimo do autor/a. O debuxo non poderá ir asinado, figurando o pseudónimo no reverso. Dentro do sobre incluirá outro sobre de menor tamaño. No interior deste sobre máis pequeno figurará unha fotocopia do seu DNI e o pseudónimo do autor/a, enderezo electrónico e un número de teléfono.

6- Establécese un único premio de 300 € e a reprodución dunha pintura de Paco Barros.

7-O xurado estará composto polo Director/a do CPI Vicente Otero, o Xefe/a dos Departamentos de Lingua Galega, Artes Plásticas e a Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

8- A decisión do xurado comunicarase na páxina web do centro educativo (http://centros.edu.xunta.es/cpivicenteoterovalcarcel/) o 4 de xuño de 2010. Igualmente, será comunicada persoalmente ao gañador/a.

9- O premio poderá ser declarado deserto e o fallo do xurado será inapelable. O debuxo que resulte gañador quedará en propiedade do centro, que poderá reproducilo libremente sen que tal reprodución implique dereito algún para o autor/a.

10-Os concursantes que se presenten deberán ser responsables da súa obra, que será única, orixinal e propiedade do autor/a.

11- Coas obras presentadas celebrarase unha exposición no centro educativo, desde o 5 ao 22 de xuño de 2010.

12-Os debuxos non premiados poderán ser retirados persoalmente polos seus autores no prazo de 20 días naturais comezados a contar desde o seguinte ao remate da exposición. Pasado ese prazo quedarán en propiedade do colexio, que poderá dispoñer deles sen dereito ningún a reclamación.

13-Toda persoa que concurse acepta integramente as bases do concurso.