jueves, 26 de abril de 2012

O RURAL A DEBATE






Pps rae
View more presentations from satelite1.

A Real Academia Española (RAE), no dicionario da súa vixésimo segunda edición, engade os termos “tosco” e “inculto” na segunda acepción da palabra “rural” como sinónimos da mesma.
Isto foi o que observamos durante o curso pasado nas clases de Lingua Castelá coa nosa profesora Carmen Espiñeira (do 1.º ciclo da ESO). Cando nos comentou o tema quedámonos un pouco “burlados” e mesmo nos mostramos incrédulos.
Fixemos un pequeño estudo sobre a RAE e aí quedou todo, ata este ano. Entendemos moi ofensivo e mostramos indignación porque nós vivimos no rural e estamos orgullosos diso. Por tal motivo, redactouse unha carta para enviar á RAE, que previamente foi enviada ós concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Polo tanto, un grupo de alumnos e alumnas do centro fomos o pasado xoves, 19 de abril de 2012 ós concellos de Monfero e Irixoa para presentar unha solicitude ou moción para que o pleno de cada concello a aprobe. Máis tarde, dúas compañeiras nosas foron ó concello de Vilarmaior para presentar a mesma moción. Na casa consistorial de Irixoa recibeunos David Souto, que lle deu entrada á moción e, este mércores, 25 de abril de 2012, asistimos con entusiasmo e contento ó Pleno da corporación municipal do Concello de Irixoa, onde aprobaron a moción por unanimidade, prestando un apoio total e absoluto ós nosos propósitos. Alí, Bea Abelairas, xornalista de “La Voz de Galicia”, asistiu ó pleno e fíxonos algunhas preguntas. Foi interesante facer a actividade e asistir ó pleno (unha lección de Sociais… Así entendemos o que era o “remanente”). E agora, para confinar os nosos propósitos precisamos da colaboración da xente, pois estamos a recoller sinaturas para envíalas, posteriormente, á Real Academia Española xunto coa carta. 

Antonio González López, 3º ESO CPI Virxe da Cela



LUME NAS FRAGAS DO EUME

Deixamos en imaxes algunhas reflexións en torno ao desastre nas Fragas do Eume. O alumnado da ESO ilustrou a súa visión do incendio das Fragas do Eume, baixo a proposta da profesora de plástica do CPI Virxe da Cela. Todos os traballos están a ser expostos nun gran panel co lema "Non queimes o teu futuro"





LETRAS GALEGAS 2012



Xa temos á nosa disposición todo o material elaborado polo Seminario Galán para traballar as Letras Galegas 2012, este ano adicadas ao autor Valentín Paz Andrade. Recibimos os paneis para a exposición adicada a este autor, así como dous cadernos con unidades didácticas. Tamén podedes descargar outros materiais elaborados polo Seminario Galán en formato pdf.




Biografia
View more documents from satelite1.

Expo1
View more documents from satelite1.


Expo2
View more documents from satelite1.


Expo3
View more documents from satelite1.


Infantil
View more documents from satelite1.