lunes, 28 de mayo de 2012

MAIOS 2012

O último venres do mes de maio foi o día elixido para celebrar un pequeno acto homenaxeando a este mes florido. Xa vén sendo unha tradición na nosa escola, e por cuarto ano consecutivo a música e o baile son os protagonistas. O alumnado de 3º da ESO preparou unha danza de fitas, acompañada por instrumentos tradicionais (pandeiretas, tamboril, bombo). Os máis pequenos, os rapaces e rapazas de infantil e primaria, cantaron e bailaron unha muiñeira. Como despedida, antes de que os peques entrasen ao comedor escolar, houbo un momento de baile conxunto, con brincos, batir de palmas e incluso unha cadea humana que percorría o patio ao ritmo das pandeiretas. E como broche final a este mini-festival dos Maios, os rapaces e rapazas de 2º e 3º da ESO botaron unhas cantas pezas do noso folclore popular. Contamos ademáis nesta celebración con convidados moi especiais: antigos mestres da escola xa xubilados que viñeron facer unha visita e se deleitaron coas músicas e os bailes. 










jueves, 17 de mayo de 2012

A TARTARUGA QUE NON PODÍA DURMIR



Era unha vez unha tartaruga que tiña moito sono e quería durmir todo o inverno. Cepillou os dentes, puxo o seu pixama de raias e meteuse na cama. Cada vez que se estaba adurmiñando os seus amigos petaban á porta TOC,TOC,TOC!!! Para traerlle un agasallo.

   
    Así da comenzo a adaptación dun conto editado por OQO editora, e que o alumnado de 3º de primaria do CPI Virxe da Cela utilizará para elaborar unha curtametraxe de aninación que presentará ao certame "Nós tamén creamos". Seguindo un curioso guión redactado por Mª José Ferreira, titora de este grupo de alumnos, os nenos e nenas de 3º de primaria encargáronse das labores de construción da escenografía e das persoaxes, empregando plastilina e materiais de refugallo. Tamén foron estes pequenos os que deron vida aos bonecos, aplicándolles pequenos movementos capturados pola cámara de video a través do programa de animación Monkey Jam. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega levará a cabo a edición da curtametraxe, que en breves teredes a oportunidade de ver pendurada no noso blogue. Polo momento aquí tedes unhas fotos ilustrando o proceso.

FICHA TÉCNICA:

Título: A tartaruga que non podía durmir
Duración: 00:02:59
Guión: María José Ferreira Pérez
Gravación e edición dixital: Yolanda Castro López (EDLG) e Verónica Dopico Cancela (EDLG)
Escenografía e construcción persoaxes: Alumnado 3º primaria
·        Cintia Vidal Mantiñán
·        Verónica García Martín
·        Laura Ares  García
·        Jairo Catrillón Sánchez
·        Candela Campello Fernández
·        Ainhoa Novo Maourelo
·        Diego Golpe Yañez
·        David Castrillón Vidal
·        Rubén Caínzos Pereiro
·        Ariel Martínez Cancio





  

miércoles, 16 de mayo de 2012

martes, 15 de mayo de 2012

lunes, 14 de mayo de 2012

O CPI "Virxe da Cela" en V televisión




Un equipo de V Televisión visitou o noso centro para entrevistar a Carmen Espiñeira, profesora que imparte lingua castelá en 1º e 2º ciclo da ESO, e que está levando a cabo unha curiosa iniciativa: conseguir a revisión do termo "rural" que figura no dicionario da RAE. Os seus alumnos e alumnas están moi involucrados nesta iniciativa, xa que son conscientes que os termos "tosco" e "inculto" non son adxectivos que definan hoxe en día o concepto rural. Por iso pediron xa apoyo nos concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior para logar o seu cometido: unha refinición do termo por parte da Real Academia de Lingua Española. As cámaras de V Televisión entrevistaron tamén a varios veciños que apoian a proposta.


jueves, 10 de mayo de 2012

A PRINCESA SABELA




Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta de que llo dean todo feito, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa... Así comeza está simpática historia escrita por Cornelia Funke e ilustrada por Kerstin Meyer, e que a través da actuación dun contacontos da editorial Xerais, o alumnado de infantil e de 1º e 2º ciclo de primaria tiveron a ocasión de coñecer o pasado mércores 9 de maio. Esta actividade desenvolveuse na biblioteca escolar, de 15:45 a 16:25. Se queredes saber como acaba a historia da princesa Sabela, non tedes máis que visitar a biblioteca e viaxar a través das páxinas deste libro de contos. Convidámosvos ao máxico mundo da lectura...

miércoles, 9 de mayo de 2012

ADEUS A DONA CELIA



Onte, martes 8 de maio de 2012, a nosa mestra Celia Amado López puxo un punto final na súa carreira no mundo da educación. Foron moitos os anos que impartiu a docencia no CPI Virxe da Cela, chegando a pasar polas súas aulas alumnos/as de diferentes xeracións. Os nenos e nenas da súa titoría, así como o alumnado da ESO que tamén a tiveron como mestra na súa etapa de educación primaria, queren homenaxear a Celia por todo o seu traballo e a súa adicación. Lembrarémola con morriña, e desexámoslle unha nova etapa para continuar disfrutando da vida e da súa familia. Como despedida, preparamos unha pequena entrevista, na que descubriredes moitas curiosidades, anécdotas  e lembranzas que ilustran a súa intensa carreira no eido da docencia.

1º DE PRIMARIA... FAINOS A COMPETENCIA



Pequenos en tamaño pero moi grandes en ideas e capacidades. Así son os nenos e nenas de 1º de primaria do CPI Virxe da Cela. Coa axuda e orientación da súa mestra, Camino, veñen de rematar o xornal Xesteira, editado a todo cor, e que inclúe interesantes artigos de xornalismo, entrevista, reflexións, traballos de aula, debuxos e moito máis. Queremos invitar a toda a comunidade educativa a que disfrute deste traballo, que xa está a recibir os parabés pola súa calidade e riqueza. Os nenos e nenas de 1º de primaria visitaron as aulas da ESO para facer unha presentación pública deste xornal. Os rapaces e rapazas da ESO teñen que ir apretando o acelerador porque os máis pequenos van pisando con forza. Así este simpático título "Primeiro de Primaria...fainos a competencia...", que da título a unha crónica redactada por Antonio González López, de 3º da ESO.