jueves, 31 de enero de 2013

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmavos de que están á disposición dos centros educativos e equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Podedes acceder a eles na seguinte ligazón:




http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_paz_0

viernes, 25 de enero de 2013

VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA


O xoves 24 de decembro tivemos a oportunidade de conectarnos vía Skype coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traballan nesta estación española atópase Xavier Cristobo, un aresán que a parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Xixón. Veciño e amigo da nosa profesora aresá Yolanda Castro, aceptou a petición desta compoñente do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para transportar a nosa lingua alende os mares, e con grande simpatía e coñecemento, contenstou cada unha das preguntas formuladas polos rapaces e rapazas da ESO, e, como non, ás de María Xosé Fandiño, a profesora de Ciencias Naturais. Xavier Cristobo recibiu os parabéns de todos asistentes a esta videoconferencia, e esperemos que este non sexa máis que o primeiro contacto dunha colaboración máis duradeira. Recorda Xavier que estás convidado a visitar o noso centro cando voltes a Galicia, e poder contarnos todas as túas aventuras e andainas ao carón dunha estufiña... Deixamos pendurado no blogue un dossier con máis datos sobre este interesante proxecto da Antártida e os fermosos debuxos do caderno de bitácora de Xavier Cristovo, que tanto evocan o diario do afamado Charles Darwin na súa travesía a bordo do Beagle...



 

lunes, 21 de enero de 2013

RECUPERACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS

O alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria do CPI Virxe da Cela visitaron a Panadaría "Dos Reis", situado na veciña parroquia da Viña, coa intención de observar e participar en todo o proceso de fabricación dese alimento indispensable nas nosas mesas: o pan.

PINTANDO NOS MUROS DO XESTAL

A finais do curso pasado e a comezos do presente curso todo o alumnado do CPI Virxe da Cela armouse de pinceis e botes de pintura para decorar o muro que rodea a nosa escola. Unha iniciativa de Marta Novo, a profesora de Debuxo, quen coordinou todo o proceso de decoración deste elemento arquitectónico, dividíndoo por tramos e repartindo as parcelas entre os diferentes cursos e etapas. Cada grupo aportou as súas ideas e bocetos, e o resultado é fantástico, non so pola calidade artística do mesmo, senón pola mensaxe solidaria contida no conxunto das imaxes, que falan do cooperativismo, da axuda mútua, da cultura da paz, e do respecto e conservación do noso patrimonio.  

domingo, 20 de enero de 2013