domingo, 26 de mayo de 2013

O VAL XESTOSO EN XESTEIRA

Achegándonos a final de curso apuramos o traballo tratando de acadar unha edición da revista Xesteira en papel. Imos recollendo imaxes,  textos e noticias que formarán parte dunha especie de anuario escolar, para recordar eventos deste curso. Tamén dará cabida ás colaboracións de xente vinculada á nosa escola. Entre eles, antigos mestres, como Pepe Dopico, quen a pesar de levar varios anos xubilado, non perdeu o contacto con esta escola tan querida para el. Aquí tendes un adianto, con algunhas curiosidades sobre entrañables persoas que viven en viviron no Val Xestoso. 




martes, 21 de mayo de 2013

RECUPERACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS



O pasado venres 10 de maio, o sol amosouse sen reparo para amenizar unha divertida xornada de xogos populares. Conformando un apartado do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego, a recuperación do noso patrimonio "inmaterial" levouse a cabo a través dunha iniciativa que partiu de Educación Primaria. O alumnado de 3º ciclo de primaria reuniuse no patio exterior para realizar esta xornada, a base de diferentes "estacións" con xogos populares e tradicionais como a carreira de sacos, a mariola, o xogo do paño, e outras. Os rapaces e rapazas poderán así contar con diversas alternativas para o seu tempo de lecer, agora que tan de moda están os xogos virtuais, as videoconsolas, o individualismo... non deixemos de lado estes xogos cooperativos, que aínda encima son moi saudables, xa que nos obrigan a utilizar mente e corpo...

viernes, 17 de mayo de 2013

A NOSA GASTRONOMÍA

En palabras de Mª del Camino Pereiro González, titora de 5º de primaria, “A gastronomía forma parte do patrimonio cultural in”tanxible” dos pobos. Non só cobre unha necesidade biolóxica, senón que tamén representa a paisaxe como recurso. Igualmente, configurándose como elemento diferenciador dun estilo de vida que perdura de xeración en xeración sen necesidade de transcribirse. Cociña diaria e cociña festiva, que une xentes, palabras e feitos e que desde a clase de 5º curso de Educación Primaria do CPI Virxe da Cela queremos homenaxear coas receitas que as nosas familias foron atesourando en lumes e fogóns”.

A HORTA MÁXICA

A historia que a continuación presentamos xurdiu na aula de 5º curso de Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela durante o curso 2012/2013. A narración dos feitos foi realizada por Laura Vila Picallo e as ilustracións por Aldara Pita Pico. Segundo a súa titora, Mª del Camino Pereiro González, “ambas representan o espírito de superación e de colaboración, a capacidade de aprender a aprender e a autonomía e iniciativa persoal que impregnan todas as nosas actuacións”.



CONTACONTOS KALANDRAKA

O xoves 20 de febreiro o alumnado de educación infantil e de 1º ciclo de primaria tiveron unha divertida actividade de dinamización da lectura en galego: os nosos amigos de Kalandraka, que visitan o noso centro ano tras ano e nos axudan a viaxar coa nosa imaxinación. A través de debuxos, textos e música dan vida aos personaxes e aos animais que habitan nos contos.




Luns 18 de marzo. Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. Os contos tradicionais, os relatos de autor e os clásicos contemporáneos da literatura infantil e xuvenil ocuparon o repertorio da sesión. Os contos seleccionados foron a adaptación do conto tradicional “A galiña roxa” de Pilar Martínez e marco Somá e o clásico “Crictor” de Tomi Ungerer. Nesta ocasión o conto “Os petos de Loreto” de Quentin Blake foi o fío condutor da sesión, a  partires do cal fóronse fiando as demais historias. As melodías, compostas especialmente para cada relato, interpretáronse con instrumentos tradicionais e outros procedentes doutras culturas

O QUE SABEMOS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Unha curiosa aportación do alumnado de 4º de Primaria sobre o Día das Letras Galegas







jueves, 16 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013 NO CPI VIRXE DA CELA




Adiantamos a celebración do Día das Letras Galegas ao xoves 16 de maio de 2013, xa que o propio día é festivo na nosa comunidade autónoma. Aproveitamos esta ocasión para facer unha celebración conxunta, xa que, ademáis de recordar a Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no 2013, o Departamento de Plástica fixo a entrega dos premios do Concurso de Cubertas de Libros, a Biblioteca Castelao entregou os premios do Concurso Preguntón 2013, e o Departamento de Música amenizou o acto cun repertorio axeitado á data e á ocasión. 

O acto tivo lugar no patio cuberto da escola, e desenvolveuse entre as 12:00 e as 12:30 da mañá. Unha vez máis unha ocasión reune a todo o profesorado e o alumnado do centro, desde os máis peques (Educación Infantil) ata os máis veteranos (4º da ESO) que xa están a saborear os últimos días de estancia neste centro, despois dunha longa traxectoria compartida.

Comeza o espectáculo. No escenario o alumnado de música de 4º da ESO xunto coa súa profesora, interpretando "Santa María, Estrela do Día" con frautas e acordeón. Que mellor que elexir a Afonso X o Sabio para dar inicio a este acto, xa que foi un dos máis importantes precursores da lingua galega escrita. Ao lado dos músicos, os rapaces e rapazas de 3º da ESO exhibían carteis sobre a vida e obra de Vidal Bolaño. Acto seguido Marta Novo, a profesora de Plástica, fixo entrega dos premios do Concurso de Cubertas de Libros, e inmediatamente Pedro García, profesor de Matemáticas e encargado da Biblioteca Escolar, axudado por Mª José Fandiño, a profesora de Ciencias Naturais, repartiron os diplomas e os premios do Concurso Preguntón 2013. 

Para finalizar o acto o alumnado de primeiro bailaron a ritmo de muiñeira unha cantiga con versos relativos aos Maios, e o alumnado de 4º da ESO deleitaron ao público con unha danza xa tradicional no noso cole todos os anos no mes de maio, a Danza de Fitas.

MATERIAIS AUDIOVISUAIS SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Para afondar na figura de Roberto Vidal Bolaño, ademais da recompilación de actividades da SXPL (http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano), podedes consultar o material audiovisual da CRTVG na seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013
 


martes, 7 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar os carteis e guías das Letras Galegas 2013, ademais dunha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemento do destacado dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Podedes acceder dende a seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano

GUÍA DE PRIMARIA


GUÍA DE SECUNDARIA