sábado, 20 de diciembre de 2014

BO NADAL!


Nadal do CPI Virxe da Cela - Kizoa Movie Maker

O alumnado de Educación Primaria, dende as áreas de Educación Física, Música, Inglés e Plástica, creou xogos e instrumentos musicais con material de refugallo e chamativos adornos de Nadal para colgar nas súas árbores. BO NADAL A TOD@S!

martes, 16 de diciembre de 2014

RECURSOS DE NADAL



A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), co motivo da celebración do Nadal, pon á vosa disposición unha mostra de iniciativas e recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega. Nos vindeiros días, seguiremos ampliando esta sección.

http://www.xunta.es/linguagalega/recursos_e_materiais_de_nadal_2014
No web da SXPL tamén podedes consultar a nova edición do programa Nadal en Rede 2014. Inclúe actividades de lecer e diferentes materiais que poden ser de interese para utilizar dentro e fóra das aulas (postais electrónicas con lemas en galego, modelo de carta aos Reis, guía de agasallos para a xente nova etc.).

http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede

Por último, lembrámosvos que o 12 de xaneiro remata o prazo de presentación dos materiais para o Concurso-Exposición das Letras Galegas 2015.

Bo Nadal!


Pura Galán
Coordinadora territorial dos EDLG da provincia da Coruña


viernes, 5 de diciembre de 2014

CONCERTO PABLO DÍAZ E OLGA KIRK

Os alumn@s de Infantil, 1º, 2º e 3º de E.P. puideron disfrutar dun entretido concerto, así como participar cantando e bailando con Pablo Díaz e Olga Kirk. Unha vez máis a gran protagonista foi a música.
 



 

martes, 2 de diciembre de 2014

viernes, 28 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO CPI VIRXE DA CELA






Venres 28 de novembro, de 14:45 a 16:25. Alumnado de EI e EP. Un ano máis celebrouse a tradicional festa do Magosto. Degustáronse sabrosas e apetitosas castañas, ben quentiñas para encher as barriguiñas. A continuación amenizouse a tarde cuns fantásticos xogos populares, cos que botamos unhas risas ademáis de poñer a proba as nosas habilidades.



jueves, 27 de noviembre de 2014

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O pasado martes 25 de Novembro Educación Infantil e Primaria celebraron unha xornada de obradoiros, cos que se quixo abordar a condición das mulleres no ámbito socio-familiar a través de tarefas da vida cotiá. Os obradoiros propostos foron os de COSTURA, FACER A CAMA, TENDER A POUPA, PASAR O FERRO E DOBRAR ROUPA, POÑER A MESA E O COIDADO DE "BEBÉS".  Ademais organizáronse outros dous talleres máis relacionados cos oficios e profesións: o primeiro  consistiu na DRAMATIZACIÓN de oficios e o segundo COLOREAR OFICIOS co fin de visualizar nun mural que tanto  homes como  mulleres en condición de igualdade desenvolven as mesmas tarefas.
Foi así como intentamos, dende a escola, aportar o noso graniño de área na loita diaria "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"


.
 

martes, 25 de noviembre de 2014

OS PIRATAS DO LAMBRE


Dende o inicio deste curso escolar os peques de Infantil estamos a traballar nun proxecto de piratas. Proxecto que xurdiu ao decorar a nosa porta da aula cun pirata. Isto levou a que nos tiñamos que buscar un nome, e que mellor que contar coa nosa  contorna, a de Monfero, e máis concretamente O Río Lambre. Ademais da propia definición de pirata: “ individuo adicado a realizar roubos, saqueos e secuestros en embarcacións”. Así pois, decidimos chamarnos e ser coñecidos como “OS PIRATAS DO RÍO LAMBRE” .

As nosas singladuras chegaron a ouvidos dun pirata xenuíno e brabucón chamado PARCHERATA,  sempre acompañado do seu loro PLUMALOCA. Este pirata andaba na procura dunha tripulación, pero non unha calquera, senon unha tripulación comprometida no saqueo das BIBLIOTECAS e acumular grandes tesouros: OS LIBROS.

Foi así que, na tarde do 20 de novembro, namentres traballabamos tranquilamente na aula, Parcherata ollábanos dende a fiestra. Petou á porta, entrou e... o que alí aconteceu o veredes a continuación. DISFRUTADE COMO O FIXEMOS NÓS!!!










Parcherata é un pirata xenuíno e brabucón

ao que lle gustan os libros un montón.

Surca ríos, mares e océanos

na procura da ilusión dos nenos.

Deste xeito chegou ata nós 

e fíxonos membros da súa tripulación. 

                                                 Grazas.
  

viernes, 14 de noviembre de 2014

sábado, 8 de noviembre de 2014

SE QUEREMOS QUE PASE ALGO, TEMOS QUE SOÑALO.

Se ben é certo que encontrarse con publicidade que che atrape de principio a fin é todo un reto nestes días, debemos recoñecer que os publicistas de Gadisa o lograron. Non só atrapando a nosa atención; senón tamén realizando unha chamada á reflexión, apelando a que a percepción do mundo depende dos ollos cos que se mire, e transmitindo unha mensaxe de optimismo, facendo un chamamento aos soños como ese motor de facer que as cousas sucedan: "se queremos que pase algo, temos que soñalo! ". Introducindo ademais o concepto de que hai que volver a nacer (como metáfora de reinventarse para saír desta nova situación que vivimos, á que seguimos chamando crise).
No spot que vos deixamos a continuación, os protagonistas son os avós. Eles son os que transmiten a sabedoría aos máis novos a través da experiencia, narrando diferentes situacións e reflectindo a forma “en que as afrontamos os galegos”; todo contado con ese ton nostálxico e tenro con que os maiores contan aos máis novos a súa visión das cousas.

               

ELENA GALLEGO ABAD


Se premedes nesta imaxe poderedes acceder á web oficial de Elena Gallego Abad


Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega. Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense Traxectoria. Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 traballa en Cangas. Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia e á Federación Internacional de Periodistas. Iniciouse como escritora coa novela Dragal, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010. 

Obra literaria Narrativa 
-Dragal, A herdanza do dragón, 2010, Xerais. 
-Dragal II. A metamorfose do dragón, 2011, Xerais. 
-Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012, Xerais. 

Premios 
-Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 2008, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense. 
-Finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón. 
-Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.

DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN




Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de Dragal , o dragón galego.

INICIAMOS O PROXECTO DRAGAL

 web oficial dragal

Se premedes nesta imaxe poderedes acceder directamente á web oficial Dragal

Durante os meses de outubro, novembro e decembro o alumnado de 1º e 2º da ESO realizará a lectura do libro Dragal. Tedes á vosa disposición na biblioteca escolar varios exemplares deste libro. Nesta primeira fase do proxecto iremos elaborando un dicionario de termos, á medida que imos avanzando na lectura do libro. Faremos os nosos apuntamentos nun caderno, e xa no segundo trimestre utilizaremos un soporte máis "tecnolóxico" para elaborar entre todos/as un diccionario moi completo a través da Wiki Dragal.

Para unha primeira toma de contacto podemos observar o libro que temos entre mans. Que vos suxire esta portada: Esperamos neste espazo algunha resposta a través da opción comentarios (parte inferior desta estrada):

-Que te suxire a portada?
-Coñeces outras historias ou lendas de dragóns e serpes?
-Fixeches outras lecturas sobre dragóns? E de literatura fantástica?
-Viches algunha película sobre dragóns?




jueves, 6 de noviembre de 2014

OUTONO: MATERIAIS E RECURSOS



A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten na súa web novos materiais e recursos relacionados coas tradicións deste tempo de outono. Premendo a imaxe superior podedes visitar directamente a páxina: 


lunes, 3 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN CABAZAS: Infantil e 1º Ciclo de Primaria

A continuación podedes disfrutar dunha pequena mostra dos traballos realizados para a Festa do Samaín:







 

 
 



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
MONSTRUO-ARAÑAS
 
 
 
 
 
 
XOGANDO A TRUCO-TRATO TOCOUNOS LEVAR UNHAS PRECIOSAS "CESTIÑAS CON CHUCHES" QUE ELABORAMOS NÓS MESMOS, OS PEQUES DE INFANTIL.
E POR SI FORA POUCO  "PIRULETAS-PANTASMA". UUUUUMMMMM, QUE RICO!!
 
 
                                                             ISTO SI QUE É SORTE!!!
 

 
 
 
 
 

jueves, 30 de octubre de 2014

SAMAÍN 2014 NO CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis o CPI Virxe da Cela prepárase para celebrar a festa do Samaín. Os máis pequenos (alumnado de infantil e de primaria) decantáronse por un obradoiro de maquillaxe, e pasearon polos corredores do noso centro lucindo espantosas caras, ilustrando a noite dos mortos viventes. Por outra banda, e como xa é toda unha tradición no noso centro, inxeniosas cabazas expuxéronse na entrada do edificio. Poidemos observar tamén unha iniciativa da clase de 2º da ESO, que decorou todo o espazo da aula con recortables facendo alusión a todos os elementos característicos desta celebración (cabazas, bruxas, monstros, cemiterios, etc).










ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO: ENQUISA INFANTIL 2014-2015 NO CPI VIRXE DA CELA

martes, 28 de octubre de 2014

CHRISTIAN MAGIC: MAXIA EN GALEGO










A maxia foi sempre un espectáculo moi ben acollido entre o público máis novo. Nesta ocasión foi o simpático mago Christian Magic, que visitou o noso centro o pasado luns 25 de outubro, en horario de tarde (de 14:45 a 16:25).

jueves, 23 de octubre de 2014

"Ghalegho", fenómeno viral.

Un grupo de mozas e mozos reivindican o uso da "gheada" e do "seseo" nun vídeo nas redes sociais.


            

domingo, 19 de octubre de 2014

BENVID@S AO COLE!!!

As mestras de EDUCACIÓN INFANTIL queremos darvos a BENVIDA  a este novo curso escolar 2014-2015 a tod@s os nen@s  e ás súas familias, é por iso que vos deixamos estas fotos que decoran os corredores de infantil.
ÁNIMO, PACIENCIA, TRANQUILIDADE, ESFORZO, ILUSIÓN e GANAS DE TRABALLAR acompañaránnos todo o curso!!.




sábado, 11 de octubre de 2014

FRASEOLOXÍA NA REDE

A lingua galega conta cunha enorme riqueza fraseolóxica. Para revitalizar e difundir a nosa fraseoloxía, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela realizou un traballo de fraseoloxía no que se visualiza o significado de frases feitas a través de imaxes suxestivas. Aqui tedes unha mostra:


                           

E si queredes utilizar a fraseoloxía en Rede,  tedes unha aplicación para móbiles con case 10.000 refráns. O Refraneiro galego é unha aplicación para iPhone, iPod e iPad que permite consultar os 9.500 refráns que o compoñen, incluso en modo offline (sen estar conectado a internet). A aplicación, que se pode mercar en Apple Store por un prezo de 0,79 euros, tamén permite compartir os refráns nas redes sociais ou a través do correo electrónico.

viernes, 10 de octubre de 2014

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE



Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras (alcanzando o título de doutor) e Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde ese momento e até a súa morte, acontecida en Pontevedra en 1996, o erudito pontevedrés mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais. Filgueira Valverde iniciou o seu amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra. En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor". 

Membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Na década de trinta foi colaborador habitual de El Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última en que mantería unha sección de comentarios bibliográficos asinados co pseudónimo J. A. Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. 

Así, na súa producción figuran o libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) —estreado en 1932—, de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medioevo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971). Porén, a maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2015

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) fixo pública o pasado venres, 3 de outubro, a convocatoria do Concurso-exposición do Día das Letras Galegas 2015. O prazo de presentación dos traballos remata o día 12 de xaneiro de 2015. Animamos a todo o profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a poñer en funcionamento todas as súas capacidades creativas para este certame homenaxe a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

miércoles, 1 de octubre de 2014

PROXECTO DRAGAL


O proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia de promoción da lectura, da creación e da investigación multidisciplinar en galego con base no libro Dragal I. A herdanza do dragón de Elena Gallego. O alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela participará neste proxecto, que conta cunha unidade didáctica e un espazo wiki para traballar sobre o libro. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coordinará este proxecto no que formarán parte os departamentos de Lingua Galega, Relixión, Plástica, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Música.

lunes, 29 de septiembre de 2014

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

Comezamos o novo curso recomendando a sección de recursos lingüísticos da páxina Kit para a normalización en rede  .
  (Preme na imaxe)

“Trátase de ligazóns a recursos que che permitirán elaborar textos de calidade e tamén difundir ferramentas útiles entre todas aquelas persoas que desexen mellorar os seus escritos: dicionarios, vocabularios, correctores, tradutores, modelos de documentos…

Preme na imaxe


miércoles, 6 de agosto de 2014

BEN FALADO!. COMO FALAN EN MONFERO?

                                

jueves, 26 de junio de 2014

TELEXORNAIS TV XESTAL

Para que vexades que non temos nada que envidiar aos  famosos  presentadores das grandes televisións, deixámosvos os informativos realizados polo alumnado  de 4º ESO na materia de Lingua Galega.






viernes, 30 de mayo de 2014

MAIOS NO CPI VIRXE DA CELA

           Pensabamos que non chegabamos, mais ao final conseguimos celebrar a xa tradicional festa das flores o último venres do mes de maio. Ante un curso cunha axenda demasiado apretada, este ano todo o mérito o teñen os rapaces e rapazas da ESO do CPI Virxe da Cela, que apostaron por esta celebración que se vén desenvolvendo no noso centro nos últimos anos, comprometéndose en cada grupo-clase e deixando moito suor en cada un dos ensaios.
            O resultado foi, coma sempre, lucido e espectacular… música, danza, moitas flores e a certeza de que o verán e as ansiadas vacacións xa están á volta da esquina!! A gala foi presentada por Rubén e Ainoa (5º primaria), que a pesares da falta de megafonía dirixíronse ao público para presentar as actuacións. A primeira delas foi a dos rapaces de 5º e 6º de primaria, que fixeron todo un acto de valentía saíndo ao escenario a bailar unha coreografía tatareando timidamente a letra e a melodía da canción, xa que coas presas e os problemas que entraña o “directo” non puideron contar coa audición de fondo (desculpen todos e todas os problemas técnicos). Acto seguido o alumnado de 4º da ESO interpretou unha muiñeira e unha xota con pandeiretas e voces, para proseguir a gala coas exhibicións de danza de 2º da ESO (Muiñeira de Chantada), 3º da ESO (danza de paus) e 4º da ESO (danza de fitas).

             Se todos/as os que subiron ao escenario foron moi ben recibidos polo público, o gran descubrimento deste festival foi o noso novo compañeiro de 4º da ESO, Ignacio, quen gañou a simpatía e admiración dos alí presentes, especialmente dos profesores e profesoras, polas súa fina psicomotricidade na execución de patróns rítmicos co tamboril e a pandeireta. Xa sabes, Ignacio, este verán podes gañar uns cartiños “extra” tocando nas alboradas das festas da parroquia!













domingo, 18 de mayo de 2014

MONOGRÁFICO RADIOFÓNICO DÍAZ CASTRO NO CPI VIRXE DA CELA




O poeta na boca doutros forneiros de verbas. Lucía, Adrián, Álex e Daniel acollen a voz de Miguel Anxo Fernán Vello para rendir homenaxe ó guitiricense Armando Requeixo rescata as palabras de Carballo Calero que falaban do poeta total para adicarlle tal adxectivo a Díaz Castro. Dende a Radio do CPI Virxe da Cela descompoñemos ese todo para analizar pormenorizadamente cada unha das facetas deste gran poeta. Este é o resultado que firman os alumnos de 3º da ESO. O poeta na boca doutros forneiros de verbas. Lucía, Adrián, Álex e Daniel acollen a voz de Miguel Anxo Fernán Vello para rendir homenaxe ó guitiricense. Betanzos, un dos lugares preferidos de Díaz Castro. Laura, Antía e Pablo falan da relación do poeta ca nosa cidade, aquela na que foi premiado por Nascida dun soño. A infancia: Díaz Castro sinónimo de Guitiriz. Rocío e Brais descubren ó poeta do telúrico, do íntimo e trascendente. Os alumnos do CPI Virxe da Cela de 5º escriben un diario dun neno, que pola época na que está asinado ben podería ser de Díaz Castro cando era neno, un nen o inquedo amante da natureza. Díaz Castro dende a poesía, a publicidade e a música. 5º de Primaria.

viernes, 16 de mayo de 2014

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2014 NO CPI VIRXE DA CELA








O venres 16 de maio de 2014, véspera das Letras Galegas,  foi unha xornada de celebración aproveitada non so para homenaxear a Xosé María Díaz Castro, senón tamén para repartir no recreo premios, diplomas e galardóns para varias actividades desenvolvidas no noso centro: a entrega dos “Pasaportes á India” (Monfersolidario), os premios do “Concurso de Cubertas de Libros”(Departamento de Plástica), “III Edición Concurso Preguntón” (Biblioteca Castelao),  e “Concurso literario San Valentín 2014” (EDLG). 


CUBERTAS DE LIBROS
1º premio 1º ciclo EP: Brais Varela Amado
1º premio 2º ciclo EP: Daniela Pereira Ibáñez
1º premio 3º ciclo EP: Rubén Caínzos Pereiro
1º premio ESO: Martín Cortizas Suárez
Mención especial: Sergio García Coira
Premio ao mellor deseño infográfico: Manuel Santamariña Ruíz de León

PREGUNTÓN:
1º ANITAS: Ana Pena e Ana González (1º ESO)
2º GRUPO DE MONFERO: Laura Ares e Verónica García (5º EP)
3º SERGADRI: Sergio García e Adrián Mosquera (1º ESO)
4º AH...ADIVINAS! Manuel Santamariña e Pablo Medín (3º ESO)
5º LOS MÁS MEJORES: Ainhoa Novo e Rubén Caínzos (5º EP)