viernes, 24 de enero de 2014

XOTA DE BEMBIBRE

A música popular galega tivo protagonismo no Festival de Nadal que se celebrou no CPI Virxe da Cela o 20 de decembro de 2013. Voces femininas e masculinas, pandeiretas, botella de anís e acordeón para interpretar a fermosa peza "Xota de Bembibre". Os protagonistas nesta ocasión non foron soamente o alumnado (4º da ESO), senón que por ver primeira o escenario contou coa participación masiva dun grupo de profesores e profesoras do centro. Queremos agradecer a Mª José, a xefa de estudos de primaria, por ser a artífice desta iniciativa. Tamén a todos os/as mestres/as que, recén chegados ao noso centro, están a dar unha bocanada de aire fresco e dinamismo que se percibe en cada recuncho da nosa escola. Tal foi o seu entusiasmo que non se perderon nin un so dos ensaios e coidaron minuciosamente a posta en escea, elexindo as roupas tradicionais e deleitando ao público co baile final, mentras arrincaban os aplausos de todos/as os asistentes. Tras o éxito desde estreo en primicia, contamos convosco para a preparación dos Maios..

.

miércoles, 22 de enero de 2014

CUMPLE NUNO


A CULTURA DE TRADICIÓN ORAL NO NOROESTE PENINSULAR

Fai un par de días recibimos por correo electrónico unha invitación para participar neste interesantísimo traballo de investigación sobre a tradición oral no noroeste peninsular. Aproveitando a cantidade de materiais que temos compilados na nosa Guía de Tradición Oral, actividade que se vén incluíndo no noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego desde o curso 2008-2009, axudaremos a rescatar esta importante mostra do noso patrimonio inmaterial. Se premedes o seguinte enlace poderedes acceder á plataforma dixital onde pendurar todas aqueles contos, lendas, refráns, cantigas, etc. da vosa contorna. Non vos esquezades de que os nosos avós e maiores son unha biblioteca viva, e entre todos podemos contribuír a que non se estinga a súa memoria.

ARTISTAS EN INFANTIL!!


GALLETAS PARA MERENDAR



martes, 14 de enero de 2014

PEDRA ROSA DE ATIOS

Queremos desde a plataforma Xesteira dar difusión ao traballo realizado polos EDLGs de outros centros escolares galegos. Aquí publicamos un pequeno comunicado do EDLG do CEIP Atios, en Pontevedra:

Estimados compañeiros/as: Somos os membros do EDLG do CEIP PLURILINGÜE de ATIOS (O Porriño) da provincia de PONTEVEDRA. Pretendemos dar difusión ao blogue creado polo noso equipo e así poder compartir ideas e materiais con todos aqueles que así o desexedes e que tamén nos poidades seguir no caso de que sexa do voso agrado. Grazas de antemán pola vosa colaboración.
Achegamosvos un enlace do blogue: