viernes, 28 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO CPI VIRXE DA CELA






Venres 28 de novembro, de 14:45 a 16:25. Alumnado de EI e EP. Un ano máis celebrouse a tradicional festa do Magosto. Degustáronse sabrosas e apetitosas castañas, ben quentiñas para encher as barriguiñas. A continuación amenizouse a tarde cuns fantásticos xogos populares, cos que botamos unhas risas ademáis de poñer a proba as nosas habilidades.



jueves, 27 de noviembre de 2014

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O pasado martes 25 de Novembro Educación Infantil e Primaria celebraron unha xornada de obradoiros, cos que se quixo abordar a condición das mulleres no ámbito socio-familiar a través de tarefas da vida cotiá. Os obradoiros propostos foron os de COSTURA, FACER A CAMA, TENDER A POUPA, PASAR O FERRO E DOBRAR ROUPA, POÑER A MESA E O COIDADO DE "BEBÉS".  Ademais organizáronse outros dous talleres máis relacionados cos oficios e profesións: o primeiro  consistiu na DRAMATIZACIÓN de oficios e o segundo COLOREAR OFICIOS co fin de visualizar nun mural que tanto  homes como  mulleres en condición de igualdade desenvolven as mesmas tarefas.
Foi así como intentamos, dende a escola, aportar o noso graniño de área na loita diaria "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"


.
 

martes, 25 de noviembre de 2014

OS PIRATAS DO LAMBRE


Dende o inicio deste curso escolar os peques de Infantil estamos a traballar nun proxecto de piratas. Proxecto que xurdiu ao decorar a nosa porta da aula cun pirata. Isto levou a que nos tiñamos que buscar un nome, e que mellor que contar coa nosa  contorna, a de Monfero, e máis concretamente O Río Lambre. Ademais da propia definición de pirata: “ individuo adicado a realizar roubos, saqueos e secuestros en embarcacións”. Así pois, decidimos chamarnos e ser coñecidos como “OS PIRATAS DO RÍO LAMBRE” .

As nosas singladuras chegaron a ouvidos dun pirata xenuíno e brabucón chamado PARCHERATA,  sempre acompañado do seu loro PLUMALOCA. Este pirata andaba na procura dunha tripulación, pero non unha calquera, senon unha tripulación comprometida no saqueo das BIBLIOTECAS e acumular grandes tesouros: OS LIBROS.

Foi así que, na tarde do 20 de novembro, namentres traballabamos tranquilamente na aula, Parcherata ollábanos dende a fiestra. Petou á porta, entrou e... o que alí aconteceu o veredes a continuación. DISFRUTADE COMO O FIXEMOS NÓS!!!










Parcherata é un pirata xenuíno e brabucón

ao que lle gustan os libros un montón.

Surca ríos, mares e océanos

na procura da ilusión dos nenos.

Deste xeito chegou ata nós 

e fíxonos membros da súa tripulación. 

                                                 Grazas.
  

viernes, 14 de noviembre de 2014

sábado, 8 de noviembre de 2014

SE QUEREMOS QUE PASE ALGO, TEMOS QUE SOÑALO.

Se ben é certo que encontrarse con publicidade que che atrape de principio a fin é todo un reto nestes días, debemos recoñecer que os publicistas de Gadisa o lograron. Non só atrapando a nosa atención; senón tamén realizando unha chamada á reflexión, apelando a que a percepción do mundo depende dos ollos cos que se mire, e transmitindo unha mensaxe de optimismo, facendo un chamamento aos soños como ese motor de facer que as cousas sucedan: "se queremos que pase algo, temos que soñalo! ". Introducindo ademais o concepto de que hai que volver a nacer (como metáfora de reinventarse para saír desta nova situación que vivimos, á que seguimos chamando crise).
No spot que vos deixamos a continuación, os protagonistas son os avós. Eles son os que transmiten a sabedoría aos máis novos a través da experiencia, narrando diferentes situacións e reflectindo a forma “en que as afrontamos os galegos”; todo contado con ese ton nostálxico e tenro con que os maiores contan aos máis novos a súa visión das cousas.

               

ELENA GALLEGO ABAD


Se premedes nesta imaxe poderedes acceder á web oficial de Elena Gallego Abad


Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega. Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense Traxectoria. Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 traballa en Cangas. Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia e á Federación Internacional de Periodistas. Iniciouse como escritora coa novela Dragal, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010. 

Obra literaria Narrativa 
-Dragal, A herdanza do dragón, 2010, Xerais. 
-Dragal II. A metamorfose do dragón, 2011, Xerais. 
-Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012, Xerais. 

Premios 
-Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 2008, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense. 
-Finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón. 
-Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.

DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN




Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de Dragal , o dragón galego.

INICIAMOS O PROXECTO DRAGAL

 web oficial dragal

Se premedes nesta imaxe poderedes acceder directamente á web oficial Dragal

Durante os meses de outubro, novembro e decembro o alumnado de 1º e 2º da ESO realizará a lectura do libro Dragal. Tedes á vosa disposición na biblioteca escolar varios exemplares deste libro. Nesta primeira fase do proxecto iremos elaborando un dicionario de termos, á medida que imos avanzando na lectura do libro. Faremos os nosos apuntamentos nun caderno, e xa no segundo trimestre utilizaremos un soporte máis "tecnolóxico" para elaborar entre todos/as un diccionario moi completo a través da Wiki Dragal.

Para unha primeira toma de contacto podemos observar o libro que temos entre mans. Que vos suxire esta portada: Esperamos neste espazo algunha resposta a través da opción comentarios (parte inferior desta estrada):

-Que te suxire a portada?
-Coñeces outras historias ou lendas de dragóns e serpes?
-Fixeches outras lecturas sobre dragóns? E de literatura fantástica?
-Viches algunha película sobre dragóns?




jueves, 6 de noviembre de 2014

OUTONO: MATERIAIS E RECURSOS



A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten na súa web novos materiais e recursos relacionados coas tradicións deste tempo de outono. Premendo a imaxe superior podedes visitar directamente a páxina: 


lunes, 3 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN CABAZAS: Infantil e 1º Ciclo de Primaria

A continuación podedes disfrutar dunha pequena mostra dos traballos realizados para a Festa do Samaín:







 

 
 



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
MONSTRUO-ARAÑAS
 
 
 
 
 
 
XOGANDO A TRUCO-TRATO TOCOUNOS LEVAR UNHAS PRECIOSAS "CESTIÑAS CON CHUCHES" QUE ELABORAMOS NÓS MESMOS, OS PEQUES DE INFANTIL.
E POR SI FORA POUCO  "PIRULETAS-PANTASMA". UUUUUMMMMM, QUE RICO!!
 
 
                                                             ISTO SI QUE É SORTE!!!