viernes, 29 de mayo de 2015

REFRANEIRO POPULAR DA NOSA TERRA

Os nenos e nenas de educación infantil do CPI Virxe da Cela elaboraron estes interesantes libros sobre os refráns da nosa terra coa axuda das súas profes Isabel e Lucía, e tamén coa colaboración das súas familias. Esta é unha actividade que os vai iniciar, desde tan temprana idade, a respectar e valorar o seu patrimonio inmaterial, así como unha maneira para recuperar e manter vivas as nosas tradicións.
 

O FEÍSMO

Difundimos este proxecto de investigación sobre o "Feismo" proposto polo Departamento de Ciencias Sociais do CPI Virxe da Cela. O alumnado da ESO procurou exemplos arquitectónicos nas súas propias parroquias. O "feismo" é un termo informal e ambiguo empregado para caracterizar certo estilo construtivo do meido urbano e, especialmente, do medio rural galego.






viernes, 22 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E DOS MAIOS















Fai case unha década o departamento de música do CPI Virxe da Cela comezou a rescatar a tradición dos Maios, e a día de hoxe pode dicirse que esta festa de carácter popular está totalmente arraigada entre o noso alumnado. Con varias semanas de antelación os rapaces e rapazas preparan con moito entusiasmo e motivación unha serie de cancións e danzas para interpretar nunha xornada especial, este ano celebrada o venres 22 de maio. Aproveitamos a ocasión para facer unha merecida homenaxe a Filgueira Valverde, “O vello profesor”, figura a quen se dedicou as Letras Galegas 2015, así como a outros escritores que utilizaron a lingua galega como vehículo de expresión do seu pensar e sentir.
 Dando inicio á gala, o alumnado de 1º EP fixo unha lectura da fermosa poesía “Adeus ríos, adeus fontes” da nosa grande poetisa Rosalía de Castro. Acto seguido os máis pequerrechos, os nenos e nenas de infantil, cantaron e bailaron “A saia da Carolina”. Parabéns ás súas mestras Isabel e Lucía, que fixeron unha importantísima labor ensaiando aos seus alumnos/as e elaborando tan fantástico vestiario, con lagarto incluído! E tamén felicitar ao alumnado da ESO pola súa interpretación coas frautas e a percusión… incluso contamos coa presenza dunha fermosa gaiteira engalanada coa vestimenta tradicional (Erea, 4º da ESO), que tocou os primeiros compases de tan coñecida melodía.
A continuación os nenos/as de 2º EP fixeron a lectura de “O Maio”, de Curros Enríquez. O seguinte número musical consistiu nunha danza de orixe ancestral, a “Danza de Paus”, executada conxuntamente polo alumnado de 5º EP e 2º ESO. Unha nova lectura, “Verso e Prosa” de Rosalía de Castro, a cargo do alumnado de 4º de EP antecede a outros números coreográficos: unha muiñeira bailada polas rapazas de 3º da ESO (coa colaboración especial de Lucía, a profe de educación física de primaria) e outra danza moi antiga, o “Baile das fintas”, interpretada polo alumnado de 3º e 4º da ESO.
Xa finalizando o festival, un rapaz e unha rapaza de 6º EP poñen en práctica con moita retranca “A Regueifa”, e como broche final todo o alumnado da ESO interpreta “O Caneco”, que co seu ritmo pegadizo convida a terminar a festa bailando.

Para dar clausura a esta gala “Letras Galegas e Maios 2015” faise entrega dos premios do concurso “O Preguntón”, organizado pola biblioteca escolar: o primeiro premio foi para o "Grupo de Monfero", composto por Laura Ares García e Verónica García Martín (6º EP); o segundo premio para o equipo "?" ,formado por Sergio García Coira e Ana Pena Freire (2º ESO), e o terceiro premio para "El equipo A" compuesto por Borja Martínez García e David Rodríguez Fernández (1º ESO).






martes, 19 de mayo de 2015

CONCURSO DE DEBUXO INVENTA O TEU DRAGÓN

    O Departamento de Plástica convocou un concurso de debuxo dirixido a tódolos alumnos/as deste centro. Fixemos unhas bases comúns e establecemos distintas categorías para os premios. O tema era, como se indica no título, a creación dun dragón de calquera tipo, das tradicións europeas, das orientais e ata dos dragóns reais: os réptiles e os dinosauros. Cos traballos entregados fixemos unha exposición nunha zona común e de paso para que puidese ser admirada por todo o alumnado. No día do libro, 23 de abril, día de San Xurxo entregamos os premios nun acto ao que asistiu todo o alumnado e o profesorado. 

    A actividade desenvolveuse segundo o previsto no segundo trimestre. Cada profesor/a- titor/a de Educación Infantil e Primaria traballou cos seus alumnos/as cas mesmas indicacións e no papel que lles repartimos para unificar o formato. Na ESO os cursos que teñen a materia de Educación Plástica e Visual, fixeron o traballo de xeito obrigatorio xa que estaba encadrado dentro da programación. O resto do alumnado podía presentarse de forma voluntaria e foi escasa a participación por parte deles. Os traballos fixéronse maioritariamente na aula e en moitos casos levárono para casa para rematalo. Fíxose unha exposición cos traballos e os gañadores foron escollidos por votación dos propios alumnos.

Mencións de honor de EP:
Brais Novo Mourelo de 2º de EP
Leonor Vázquez Veira de 5º de EP

Primeiro premio de EP:
Clara Brage Amado 5º de ESO


Mención de honor ESO:
Yaiza Abeal Freijomil (3º ESO)
Primeiro premio de ESO
Diana Caruncho Souto (3º ESO)

Brais. 2º EP

Clara. 5º EP


Leonor. 5º EP


Diana 3º ESO

Yaiza. 3º ESO





ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS


martes, 12 de mayo de 2015

FERRAMENTAS DE LABRANZA

A mestra de inglés de EI e EP (Lucía Rielo) do CPI Virxe da Cela elaborou co seu alumnado este interesantísimo libriño sobre as ferramentas de labranza utilizadas na nosa contorna. Esperamos que estes traballos de investigación nas que os rapaces e rapazas teñen que buscar informantes na súa familia ou entre os veciños, sexan unha valiosa ferramenta para axudar a preservar o noso patrimonio inmaterial, como son os usos e costumes. Coñecer é o primeiro paso para respectar, e estes saberes transmitidos de xeración en xeración non queremos que caian no esquecemento. É un deber de todos nós.

 

domingo, 10 de mayo de 2015

VIAXE A UN PASADO MILAGREIRO. PROXECTO DRAGAL

Na clase de Reli os alumnos e alumnas de 1º ESO realizamos unha pequena viaxe a unha parte do pasado milagreiro dá nosa contorna para comprender que ás lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa cultura, das nosas tradicións... Nelas descubrimos paisaxes, montañas, vales...emprendemos unha viaxe que nos perde no tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con deuses case esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións dignas de ser oídas. A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha historia que é mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non por iso esta deixa de ser menos valida, mais ben todo o contrario, en canto un pobo toma como propio un mito ou unha lenda, pasa a integrar a súa realidade e configurar parte da súa historia.
Nesta viaxe achegámonos aos montes de Monfero, Eume, Aranga, Sobrado e Toques, para descubrir a riqueza arquitectónica e cultural que posuen.

A continuación tedes o traballo de investigación feito polos rapaces e rapazas de 1º da ESO.



viernes, 8 de mayo de 2015

jueves, 7 de mayo de 2015

COMIC DRAGAL









      Os alumnos e alumnas de 1º da ESO levan todo o curso traballando en torno da temática da "banda deseñada" na materia de Proxecto Interdisciplinar. Tamén eles/las están participando, xunto co alumnado de 2º da ESO, no Proxecto Dragal. Así que... quen mellor para ilustrar á escena do libro que nos tocou como centro no reparto entre todos os coles galegos que están tomando parte neste proxecto?

       Pois, si vos lembrades do libro "A Herdanza do Dragón" de Elena Gallego Abad, recoñeceredes ese momento no que o noso amigo e protagonista Hadrián é molestado por algún dos seus compañeiros "malotes" do cole cando baixa do bus escolar. Aquí están as ideas dos rapaces e rapazas de 1º da ESO, todas moi creativas e coloristas. De igual xeito é unha maneira de "denunciar" ese comportamento tan pouco axeitado entre seres humanos. 



miércoles, 6 de mayo de 2015

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA





       Os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participaron nun obradoiro de banda deseñada impartido polo debuxante Iván Suárez, que se levou a cabo o pasado xoves 30 de abril de 2015, enmarcado dentro da materia Proxecto Interdisciplinar. Iván Suárez explicou con todo detalle cada unha das etapas do proceso creativo, tomando como referencia a súa propia obra Titoán, premio Castelao de Banda Deseñada 2011 pola Deputación de A Coruña, un interesante proxecto dedicado á figura de Castelao. 

      Aprendimos que a banda deseñada é unha arte ideal para transmitir historias, tal como o fai a arte cinematográfica, e para iso é moi importante desde un principio traballar cun guión, elaborar numerosos bocetos e probas, pensar na psicoloxía dos personaxes, utilizar diferentes tipos de planos axeitados ás diferentes situacións que se queren narrar, etc. Tras toda esa serie de explicacións teóricas pasamos á practica: coller lapis, papel, tesoiras e pegamento e comezar a dar vida a monigotes co rostro baleiro… Un simple sorriso, un aceno, unha mirada… pode ser indicativo dun estado psicolóxico, crear tensións, comunicar un sentimento. E paso a paso, viñeta a viñeta, secuencia a secuencia seremos que de contar unha historia. Os resultados os veremos próximamente!!!