lunes, 28 de septiembre de 2015

PREMIO LITERARIO NORTEAR

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Direçao Regional de Cultura do Norte (Portugal) xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan o Premio Literario Nortear. O seu obxectivo fundamental é fomentar a creatividade literaria entre a mocidade escritora que reside na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Poden participar todas aquelas persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. Podedes consultar as bases da convocatoria:



ANIMACIÓN CLARO QUE SI










O dúo artístico Ninfu Ninfa presentou o seu espectáculo de animación "Claro que si" no CPI Virxe da Cela o pasado  venres 25 de setembro, dirixido ao alumnado de ESO. Música, poesía, animación, graffiti,  arquitectura e outras disciplinas tiveron cabida nesta actuación que deixou a máis de un coa boca aberta. 


miércoles, 23 de septiembre de 2015

ARTE E CIENCIA




A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), organiza a exposición Arte e Ciencia en Galego. Esta mostra didáctica que acolle unha selección de obras e autores representativos de distintos movementos artísticos pretende afondar nas relacións entre ciencia, tecnoloxía, arte e vida. Poderase visitar do 14 ao 20 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.