Compartimos neste espazo o interesantísimo especial radiofónico "40 anos vivindo a escola", gravado polo alumnado do CPI Virxe da Cela nas sesións de obradoiro de radio, e coas colaboracións de profesores, familias e personal non docente, tanto da actualidade como os que estiveron na nosa escola tempo atrás e xa pasaron a formar parte de estes 40 anos de traxectoria compartida. Queremos dar os parabés a Lucía Abarrategui y Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) pola súa implicación no proxecto e a cantidade de horas de traballo invertidas.
Páginas
▼
martes, 31 de mayo de 2016
ESPECIAL RADIOFÓNICO 40 ANOS VIVINDO A ESCOLA
Compartimos neste espazo o interesantísimo especial radiofónico "40 anos vivindo a escola", gravado polo alumnado do CPI Virxe da Cela nas sesións de obradoiro de radio, e coas colaboracións de profesores, familias e personal non docente, tanto da actualidade como os que estiveron na nosa escola tempo atrás e xa pasaron a formar parte de estes 40 anos de traxectoria compartida. Queremos dar os parabés a Lucía Abarrategui y Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) pola súa implicación no proxecto e a cantidade de horas de traballo invertidas.
PREMIOS CONCURSO PREGUNTÓN 2016
Aproveitando a celebración dos maios e a asistencia de alumnado, profesorado e familias, o pasado venres 27 de maio fíxose entrega do concurso Preguntón 2016. Acadaron o primeiro posto "O grupo de Monfero", formado por Laura Ares García e Verónica García Martín (1º da ESO). Compartiron un segundo posto o grupo "Los Legales" (Ángel Varela Cortizas e Sergio García Coira de 3º de ESO) e "Andrea e Alba" (Andrea Brage Amado e Alba Rodríguez Purriños, de 3º deEO).
sábado, 28 de mayo de 2016
MAIOS 2016
Xustiños no límite… o último venres do mes de Maio
foi o día elixido para celebrar esta conmemoración que da a benvida á primavera
(venres 27 de maio de 2016). Coa colaboración de todos e todas conseguimos
grande cantidade de fermosas flores que utilizamos para tecer unha alfombra que
fai referencia aos 40 anos de historia que está a cumprir o noso centro
educativo, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, e engalanar unha estrutura cónica típica dos
Maios. Contamos con varias actuacións musicais do alumnado de educación
infantil, primaria e ESO, figurando no repertorio temas tradicionais como “Amoriños
collín” ou o xa coñecida danza de paus que tanto éxito ten entre o noso
alumnado. Como broche final a esta celebración entregáronse os premios e
diplomas aos gañadores do concurso “Preguntón 2016”, que este ano recaeron en “Grupo
de Monfero” (1º premio) e “Los Legales” xunto con “Andrea e Alba” (2º premio).
martes, 24 de mayo de 2016
OS NENOS E NENAS DE RELI DE 5º E 6º DE EP EN COLABORACIÓN COS DA ESO AMOSANNOS AS SÚAS PARROQUIAS
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria na materia de Reli, coa colaboración de algúns compañeiros/as da ESO, realizaron un proxecto documental a través do cal amósannos as súas parroquias. Neste traballo investigaron, sacaron fotografías... Aquí podedes ver o resultado.
sábado, 21 de mayo de 2016
miércoles, 18 de mayo de 2016
OBRAS CHEAS DE GALICIA. LETRAS GALEGAS 2016
Este ano concorren tres situacións culturais
interrelacionadas e á vez independentes. Conmemórase o centenario da creación
das Irmandades da Fala, que aló polo 1916 botaron a andar nos Cantóns
coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do rural; e homenaxeamos
a Manuel María, creador da poesía da Terra.
E para dar constancia delo no CPI Conde de Fenosa realizaron o
documental “Obras cheas de Galicia”,
idea de Ana Martínez alumna de 4º de
ESO, en colaboración cos alumnos de 4º que poñen voz a unha escolma de poemas
dos autores, o EDLG e o departamento de
lingua galega.
Aquí vos deixamos este documental que queren compartir con
nós os compañeiros de Ares. Esperamos que vos guste.
sábado, 14 de mayo de 2016
40 ANOS VIVINDO A ESCOLA
40 anos
vivindo a escola…. Canta boa xente pasou neste tempo polo colexio Virxe da
Cela, o noso cole do Xestal. Xente dos concellos de Monfero, de Irixoa e mesmo
de Andrade pasaron por el. Familias enteiras nas que as distintas xeracións atoparon na nosa comunidade escolar non só unha educación de calidade, uns mestres
e mestras, profesores e profesoras entregados, un persoal amable e servicial
senon tamén un lugar familiar onde compartimos experiencias, vivencias,
valores…
Ah, e se
queredes saber máis das moitas cousas e experincias vividas en todos estes
anos, podedes achegarvos ao noso blog http://40anosvivindoaescola.blogspot.com.es/.
A FAMILIA GRELINDA
Este proxecto tivo a súa orixe no obradoiro “Creación de contidos multimedia: video e audio”, impartido pola nosa compañeira Yolanda Castro e dirixido ao profesorado do centro. Grazas á colaboración dunha alumna de 4º de ESO do CPI Conde de Fenosa, Ana Martínez Fernández, quen deseñou estes fantásticos personaxes da “Familia Grelinda”, podemos comprobar a través dunha divertida curtametraxe como é a vida no noso centro e na nosa contorna. Non queremos esquecer as fantásticas voces aportadas polos nosos compañeiros de profesión (Greliño: Yolanda Castro; Mamá Nabiza: Carmen Espiñeira; Avó Nabo: Alfonso Salgado e Papá Grelo: Fernando Espiñeira) e a evocativa banda sonora composta e interpretada polo músico aresán Fran Rey.
viernes, 13 de mayo de 2016
miércoles, 11 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS 2016
Exposición Letras Galegas 2016 no patio cuberto
Onte tivemos o pracer de gozar coa a actuaciòn de Mini e Mero que visitaron o noso colexio co gallo das actividades organizadas polo Día das Letras Galegas. Unha estupenda xornada na que poidemos gozar e cantar con estes dous artistas da nosa terra. Logo de rematar a súa actuación adicaronnos unhas palabras na entrevista que os alumnos /as de primaria e ESO lle fixeron ao rematar. Grazas a todos eles.