martes, 19 de junio de 2018

CONCURSO "CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS"

A Real Academia Galega organiza por segundo ano o concurso Contádenos o voso Día das Letras, dentro da iniciativa web Primavera das Letras. Se é posible, agradeceriamos moito a súa axuda na difusión deste certame. O prazo de presentación de proxectos escolares arredor de María Victoria Moreno remata o venres 22 de xuño. As bases do concurso poden consultarse nesta ligazón:

http://primaveradasletras.gal/contadenos-o-voso-dia-das-letras/
 

domingo, 17 de junio de 2018

CONTANDO CONTOS

Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria para rematar o noso proxecto Donas de si, estivemos aprendendo sobre María Victoria Moreno. Despois de ver algúns dos seus contos, decidimos facer os nosos. Aquí podedes ver a mostra do que fixemos, contos nos que as protagonistas son nenas valentes e aventureiras capaces de calquera cousa que se propoñan.


jueves, 14 de junio de 2018

ENCONTRO CO ALUMNADO DO CEIP ANXO DA GARDA

Hoxe organizamos unha xornada de xogos tradicionais co alumnado do CEIP Anxo da Garda de A Coruña que viñeron visitar o noso cole. Levabamos dende o curso pasado escribíndonos cartas e hoxe por fin puidemos coñecelos mentres participabamos dos diferentes xogos: tiro de corda, brilé, pano, pulso de picas...














INTERCAMBIO CO CEIP ANXO DA GARDA

Ao longo do curso o alumnado de EI e EP estivemos mantendo un intercambio de cartas co alumnado do CEIP Anxo da Garda. O terceiro trimestre decidimos enviarnos un vídeo. Aquí tendes o que lle enviamos os nenos e nenas de 1º EP.




miércoles, 13 de junio de 2018

REFRÁNS, CANCIÓNS E POESÍAS SOBRE A AUGA.

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Achégase resolución do 8 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.

martes, 12 de junio de 2018

Parroquia Ferraganchos: robótica en Ed. Primaria






Na actualidade un dos piares dos retos educativos actuais, que son apoiados por moitas investigacións e prácticas educativas, é a innovación. Dita innovación se debe asentar nas potencialidades e necesidades contextuais para que esta supoña un verdadeiro cambio na realidade educativa.

De aquí parte o conxunto de actuacións que aquí presentamos, dentro do programa Introdución á robótica en Ed. Primaria e que queren ser nexo de unión entre realidade, inclusión e equidade para acadar procesos educativos de calidade que sexan quen de satisfacer as necesidades e demandas dun contexto educativo concreto.

A través das mesmas, o alumnado coñece a súa realidade e é quen de intervir na mesma con capacidade de transformación e empregando para elo os recursos propios de medio e os que lles proporcionan as tecnoloxías da información e da comunicación. Estas últimas, ademais permiten que adquiran unha perspectiva global de mellora social. Empregalas para o aprendizaxe e o coñecemento supón crear coñecemento, pero tamén contar con capacidade para difundilo e para darlle valor. Todo isto dende a responsabilidade e a reflexión crítica do que podemos ser e o que queremos ser. Valores e competencias que axudan a crear comunidade.



Pero, como o fixemos?

Para comezar introducímonos no mundo da programación coa plataforma Scratch (1º trimestre) creando xogos serios. Moi sinxelos ao principio, que progresivamente, leváronnos a despregar os coñecementos necesarios para enfrontarnos ao traballo cooperativo de montar e programar os robots (2º e 3º trimestre).

Introducímonos no mundo da robótica aprendendo que é unha máquina autónoma programada. O seguinte paso é o ensamblaxe das diferentes pezas e compoñentes vendo a finalidade de cada unha facendo especial énfase na placa electrónica. Unha vez ensamblados os robots o seguinte paso é a acción libre, na que o alumnado investiga e manexa a máquina co programa que trae por defecto. Esta é a primeira toma de contacto para poder ter unha idea inicial e xeral do funcionamento dos diferentes sensores que integran a máquina.

Nos asentamos entón, na interacción e o xogo para aprender. En la segunda secuencia de actuacións, a través das propostas incluídas do material da convocatoria e outras propostas dende os grupos cooperativos (de catro discentes) .se observa primeiramente que temos que ser quen de establecer a finalidade da acción do obxecto tecnolóxico, para posteriormente coñecer as peculiaridades e características do entorno de programación en forma de traballo por equipos seguindo a secuencia: deseño, asunción de roles, codificación dos algoritmos, entre outros.

Finalmente, expoñemos na aula, familias e comunidade os resultados obtidos.

Sobre todo este proxecto supuxo unha nova forma de ver e entender a tecnoloxía, non so como un mero recurso senón, como unha fórmula para crear coñecemento autónomo, cooperativo e real. Tamén, para achegar a comunidade educativa unha perspectiva da evolución social próxima a realidade e con perspectiva, cada vez maior, de ser parte fundamental do futuro.

Como punto final a tanta actividade participamos na SteamLab compartindo experiencias. Xenial!!!!

lunes, 11 de junio de 2018

AS LETRAS DE Mª VICTORIA MORENO

Os personaxes dos contos de María Victoria Moreno, chegan ao CPI Virxe da Cela. Inspiración para 1º e 2º de primaria que queda recollida neste podcast. Por outra banda, alumnado de 4º de Primaria, fixo unha investigación creativa que podes escoitar neste programa no que interveñen Eli Ríos, Monse Pena, Francisco Castro, Fran Alonso, e Andrea Jamardo!!!

CONTO DE GATOS

Este conto foi creado polo alumnado de educación infantil 4 anos utilizando a técnica do binomio fantástico de Gianni Rodari. Consiste en darlle aos nenos dúas palabras que non teñen nada que ver entre si. Neste caso as palabras elixidas foron "león" e "auga".

 

sábado, 9 de junio de 2018

I CONGRESO “ALIMÉNTATE BEN” MAIO 2018

O Venres, 4 de Maio de 2018, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, os nosos alumnos/as de 3º de Primaria e 1º de ESO, xunto coas profesoras Mercedes D. Sánchez  de Primaria e Mª Teresa Blanco de Secundaría, acudimos o I Congreso “ Aliméntate ben” como centro invitado, para expoñer o noso Proxecto Interdisciplinar conxunto: “ Canalico de cociña: Sabores de cores”, levado a cabo nas materias correspondentes de Primaria e Promoción de Estilos de vida saudable en Secundaria.

As nosas alumnas/os mostraron o magnifico traballo realizado durante todo o ano, nas súas correspondentes clases con Mercedes e Teresa, o resto dos centros participantes de toda Galicia, que tamén expoñían as súas experiencias.

Ademais de facer unha exposición oral, falando do Proxecto e mostrando vídeos e fotos, tamén elaboraron un stand, para a feira que no mesmo congreso se levou a cabo. No noso stand, que decoraron eles mesmos, con materias feitos polos alumnos/as de Primaria e axuda da profesora Mercedes, puxeron en práctica a elaboración de ricos zumes cardio-saudables, (os alumnos de 1º ESO e 3º de Primaria), elaborados no momento, que ofreceron o resto dos participantes , que visitaron o noso stand, para que os degustaran, explicándolles así mesmo, as propiedades das froitas empregadas e os beneficios dos zumes. Incluso, o Conselleiro de Educación e Sanidade, nos visitou e degustou  un dos nosos zumes.


A xornada transcorreu tamén, coa visita dos nosos alumnos/as os outros stands e tamén,  a realización de Obradoiros , onde por exemplo, aprendemos a diferenciar o peixe branco do azul, o fresco do que non, a traballar coa pirámide da alimentación, etc.


Despois de xantar, tamén houbo tempo para o lecer e a diversión e actividade física, xa que pola tarde, o noso alumnado de forma moi activa, tomou parte nas actividades físico-deportivas que se  fixeron, como: cardio-boxing, zumba, relevos por equipos, circuítos, etc. O noso alumnado deixou o “ noso pavillón moi alto!”.


Despois dunha xornada intensa e moi educativa, onde unha vez máis só temos que sentirnos orgullosos das nosas nenas e nenos, só nos queda darlle os parabéns polo traballo realizado, e agradecerlles a súa implicación e colaboración de parte das profes Mercedes e Teresa, que están moi orgullosas deles.



jueves, 7 de junio de 2018

APRENDO PROGRAMANDO

Este curso escolar volvemos a participar na modalidade do Plan Proxecta: Aprendo programando.

A temática dos proxectos presentados xira ao redor Ano Europeo  do Patrimonio Cultural.
Seguimos a traballar coa plataforma SCRATCH . De esta forma traballamos coa tecnoloxía, entendida non como un mero recurso, senón como elemento para crear aprendizaxe e coñecemento autónomo a partir das potencialidades persoais e grupais cun sentido inclusivo, práctico e funcional.


Queres divertirte cos nosos proxectos?



Coñecer Europa: viaxar e comprender


Instrucións
Acompaña a estes amigos na súa viaxe por Europa e aprende con eles.
Notas e créditos
Agradecemos a xente da rede poder contar con imaxes libres de dereitos para poder deseñar este programa. Somos rapazas e rapaces de 5º curso de Ed. Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero.
Xiana, Pablo, Miguel, Marcos e Andrea queremos que o pasedes ben con esta historia.


Viaxeiros polo mundo





Instrucións
Contesta ás preguntas formuladas e coñece as singularidades da cultura europea.
Notas e créditos
Proxecto autoeditado e ilustrado polo grupo de alumnas e alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero formado `por Uxia, Antía, Eva, Adrián, Damián e Alicia.

Deudores do tempo




Instrucións

Responde a cada pregunta marcando o número correspondente á resposta axeitada. Tamén debes escoitar con atención, xa que en moitas das preguntas se che dará unha breve explicación.
Notas e créditos
Brais, Bruno Caínzos, Antonio, Lucia e Silvia. 4º curso do C.P.I. Virxe da Cela de Monfero.
Para aqueles nenos e nenas con algunha dificultade na lectura, atendendo á diversidade funcional, pensamos que poderían facelo coa axuda de algún adulto que lles fose lendo as preguntas. A revisión das respostas foi gravada polo grupo co fin de que xa no momento os rapaces e rapazas souberan se atinaran ou non..., dando sempre ánimos para seguir adiante.

Así fomos, así somos



Instrucións
Le  amodiño as preguntas e escribe o número da resposta axeitada. Se te fixas é moi fácil...
Notas e créditos
Iria, Eva, Diego, Yuri Álvaro, Bruno Pereira e Marcos. 4º curso do CPIP Virxe da Cela de Monfero.



PREMIOS APRENDO PROGRAMANDO 2018

Por terceiro ano consecutivo viaxamos a Santiago de Compostela á resolución dos premios "Aprendo programando" que organiza o Colexio de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia, Cpetig, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e Alvarellos Editora.

A entrega de premios estivo presidida por Juan Luis Miguéns, secretario Cpetig; e por Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.

En total, concurriron a esta III edición do certame 72 equipos de Primaria e ESO, que presentaron proxectos programados con Scratch, centrados na temática “Patrimonio cultural europeo”, proposta polo Cpetig.

O noso alumnado presentou varios proxectos, pero concretamente o que leva por título  “Viaxando por Europa” do equipo Os Microcraks  (Uxia, Antía, Eva, Adrián, Damián e Alicia) foi o que acadou o 1º premio.

Pero este recoñecemento é tamén para todo alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria que traballaron arreo durante o curso escolar para ter preparados os seus vídeoxogos.

Parabéns tamén, ao resto de participantes e centros premiados.

Na categoría de ESO resultó gañador o centro IES de Brión –A Coruña– co proxecto “O entroido en Europa”, coordinado pola profesora Aída Fraiz. Os segundos premios foron para: “A Catedral” del CEP Sequelo e “Patrimonio europeo” do IES Ribeira do Louro.

miércoles, 6 de junio de 2018

INTERCAMBIO EPISTOLAR CO CEIP ANXO DA GARDA

O alumnado e profesorado de Educación Infantil e Primaria do CPI Virxe da Cela realizará por segundo ano consecutivo un intercambio epistolar e de materiais elaborados cos seus respectivos compañeiros/as do CEIP Anxo da Garda (A Coruña). Realizarase tamén unha xornada de convivencia entre os dous centros no mes de maio.

 

XOGANDO COAS PALABRAS




martes, 5 de junio de 2018

FONTES MILAGREIRAS. PROXECTO SOMOS AUGA

Este curso desde a materia de relixión, tomando como referencia o proxecto deste ano do noso cole que se titula “Somos Auga”, realizamos unha investigación sobre as Fontes Milagreiras que se atopan na nosa contorna. A nosa investigación levounos a recoñecer tradicións populares da nosa cultura, a coñecer a importancia da auga para a saúde das persoas e a súa relación coas costumes e tradicións relixiosas, como por exemplo as romarías aos santuarios de augas milagreiras. Tamén fomos, coa nosa profe Begoña, visitar a Fonte de Aranga  que é a que temos máis preto do noso cole. Que fresquiña e rica estaba a auga!!!. Alí gravamos un pequeno documental onde vos falamos da lenda desta fonte e das súas propiedades milagreiras. Esperamos que vos guste.

Aquí deixámosvos os vídeos do noso traballo.