Páginas

sábado, 24 de abril de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. POR FIN CHEGAMOS!!. CAPÍTULO 8. ETAPA A LAMEIRA-SANTIAGO.

O camiño chegou ao sen fin. O noso amigo Antón chegou a Santiago. Neste último capítulo podedes ver a alegría e a sensación de contento do noso Antón despois da peregrinaxe.   

 

viernes, 23 de abril de 2021

II CONCURSO DE MICRORRELATOS BIBLIOTECA CASTELAO

Dende a Biblioteca Castelao e o Equipo de Dinamización Lingüística lanzamos o II Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

      Aquí podedes consultar as BASES.  ANIMÁDEVOS A CREAR!!!

II Concurso de Microrrelatos Biblioteca Castelao 

jueves, 22 de abril de 2021

CONCURSO BALBINO DE RELATOS

Xa está aberto o prazo para participar no 6º Concurso "Balbino" de Relatos. O prazo remata  o 30 de xuño de 2021 para presentar orixinais e optar ao premio de 1.500 euros e a publicación da obra gañadora.

Concurso Balbino Bases 2021 by veracruces on Scribd

MATERIAL LETRAS GALEGAS 2021 SEMINARIO GALÁN

Xa tedes á vosa disposición o material das Letras Galegas 2021 para infantil e primaria elaborado polo Seminario Galán. Este material, na actualidade, está publicado na web da SXPL da Xunta de Galicia, www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas e dentro duns días estará na nova web do Seminario Galán, www.seminariogalan.org Nestas web poderedes atopar actividades interactivas sobre Xela Arias, en formato genially, actividades en PDF, cartel, exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, textos, fotos, videos.. Ligazón: 



O CAMIÑO FRANCÉS A TRAVÉS DA SÚA TOPONIMIA

 

O camiño francés a través da súa toponimia, recurso didáctico incluído no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, que vos resultará útil para que os rapaces e rapazas comprendan a importancia da Ruta Xacobea na configuración cultural de Europa. Podedes ver os seis vídeos en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_492.html

II PREMIO DE ORATORIA "FILOMENA DATO"

 

O II Premio de Oratoria “Filomena Dato" é un concurso promovido pola Asociación Lisístrata para fomentar a expresión literaria e o discurso feminista en galego no que pode participar alumnado de todos os niveis educativos (EP, ESO, FP, BACH). O prazo para inscribirse remata o 1 de xullo.

Bases II Premio de Oratoria Filomena Dato 2020 by veracruces on Scribd

IV CERTAME DE HUMOR DIEGO PEÑA CARRO

O IV Certame de Humor Gráfico "Diego Peña Carro" é unha singular proposta do CPR Plurilingüe Escravas da Coruña dirixida a estudantes de 5º de EP a 4º da ESO de toda Galicia co fin de incentivar a banda deseñada en galego. As viñetas poden remitirse en papel ou en formato dixital entre o 10 e o 14 de maio.



IV Concurso Diego Pena Carro by veracruces on Scribd

XII CERTAME DE CINEMA OUFFESCOLA



O XII Certame de Cinema Ouff Escola é un concurso convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa SXPL, co obxectivo de potenciar a creatividade audiovisual en galego. Poden presentarse todos os centros públicos, concertados e privados, tanto de Galicia como do exterior, que impartan a materia de Lingua Galega. A inscrición debe formalizarse antes do 5 de xullo. 

Bases Ouff Escola 2021 v2 by veracruces on Scribd

miércoles, 14 de abril de 2021

PRIMAVERA DAS LETRAS: XELA ARIAS

A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado nesta ocasión a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo. As primeiras fichas e actividades interactivas xa están dispoñibles neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas. Podedes acceder ao espazo a trav'es da seguinte ligaz'on 



domingo, 11 de abril de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 7. CUARTA ETAPA BRUMA-A LAMEIRA

Nesta etapa Antón levaranos desde  Bruma ata A Lameira. Xa queda só unha etapa para que o noso amigo Antón e o seu can Couto cheguen ao a Santiago. O Camiño vai chegando ao seu fin.


lunes, 5 de abril de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 6. CUARTA ETAPA BETANZOS-BRUMA

  Aquí vos deixamos o capítulo 6 da serie Antón, peregrino do camiño. Nesta etapa Antón levaranos desde Betanzos ata Bruma.  Vámonos achegando a  Santiago de Compostela!!