Páginas

viernes, 27 de diciembre de 2024

Educación para a saúde, Obradoiro de cociña creativa relacionado co Nadal

O alumnado de 2º de EP fixemos un obradoiro de cociña o último día deste curso onde elaboramos varias receitas: 

- Vasos bonecos de neve recheos de flocos de millo. 

- Árbores de nadal de crema de cacao. 

- Árbores de nadal de uvas e queixo. 

- Bonecos de neve de plátano e paus de chocolate. 

Imaxe dunha das propostas.


Presentación e obradoiro do parque natural das Fragas do Eume

 O xoves día 19 de decembro o alumnado de 2º de EP fixemos un obradoiro de reciclaxe e coñecimos un pouco máis sobre a fauna e flora das Fragas do Eume. 

Sendo as Fragas do Eume  un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. Dentro das súas 9.000 hectáreas de extensión viven menos de 500 persoas, o que dá unha idea do estado virxe destes exuberantes bosques que seguen o curso do río Eume. O parque ten a forma dun triángulo cuxos vértices e fronteiras serían As Pontes, Pontedeume e Monfero.  

Velaquí vos deixamos unhas imaxes! 

Video obradoiro Fragas do Eume 

lunes, 16 de diciembre de 2024

Radio na Biblio: entrevistamos a Pedro Blanco Lobeiras, Delegado do goberno en Galicia

No CPI Virxe da Cela continuamos experimentando coa Radio na Biblio, nesta ocasión cun convidado moi especial. 

Nacido en Monfero nos anos 60 e cursando os estudos da EXB neste mesmo centro na época da súa inauguración (fai xa catro décadas), Pedro Blanco Lobeiras na actualidade é o  Delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia. 

O alumnado de 4º da ESO elaborou unha interesante batería de preguntas, guiados pola súa profesora de galego Rocío Prego, as cales foron respondidas con todo detalle por Pedro Blanco, quen manifestou en todo momento a grande emoción de ter regresado a este centro escolar e poder observar todos os cambios que nel se deron, que fan do CPI Virxe da Cela un centro moderno, innovador, á par que conserva a súa propia identidade e os valores da súa contorna. 

Imaxe dun dos momentos da entrevista.

Fanzine: Enraizadas

Neste último obradoiro reflexionamos sobre os contidos traballados e creamos o noso propio fanzine. 

Os fanzines son revistas de escasa tirada e distribución, feita con poucos medios por persoas aficinonadas a distintos temas.

 A través desta publicación caseira, o alumnado de 5º curso da Ed. Primaria creou de forma colaborativo dos diferentes centros participantes na actividade unha publicación que repartiremos nos diferentes centros da iniciativa. 

Creatividade  a partir dunha idea e a través de debuxos, collage, fotos, textos, comic da que pronto teremos o resultado.




Imaxes do obradoiro no centro.

jueves, 12 de diciembre de 2024

Radio na Biblio: cooperativa e creativa

 O alumnado de 2º e EP, coa colaboración das familias que axudaron a recoller as adiviñas; Álvaro, o mestre de práctcas; Verónica profe de música da ESO e o alumnado de 2º da ESO, gravaron estes programas de radio. Afinade os oídos e a ver se sodes quen de dar coas solucións!






miércoles, 4 de diciembre de 2024

COLABORACIÓNS COA ASOCIACIÓN CULTURAL PESQUEDELLAS

Alumnado de 3º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela organizando colaboracións coa Asociación Cultural Pesquedellas, de Betanzos. Proxecto desenvolvido nas materias de Proxecto Competencial e Música.

A Asociación Cultural Prestadora de Servizos á Xuventude "Pesquedellas" (A.C. Pesquedellas) é unha asociación sen ánimo de lucro que busca investigar e logo divulgar a través das súas redes sociais o patrimonio inmaterial galego, tendo como vehículo transmisor a lingua galega.

Esta asociación nace en Betanzos en 2019, froito da inquedanza dos seus 8 creadoras por investigar pola súa conta sobre a música e o baile tradicionais, e por extensión o patrimonio inmaterial da cultura galega. Os formantes saen da Escola Municipal de Folclore de Betanzos, máis concretamente do Grupo Azougue, onde recibiron formación en música e baile tradicionais, e onde foron desenvolvendo as súas inquedanzas sobre o patrimonio inmaterial galego, máis alá da música e do baile.




lunes, 2 de diciembre de 2024

Saída didáctica ao teatro do 1º ciclo da EP (26 de novembro)

O pasado martes 26 de novembro o alumnado de 1º e 2º de EP asistiron á representación da obra de teatro"Rob" chegada dende Valencia no Pazo da Cultura de Narón, aproveitando que estaba bo día aproveitaron para almorzar no parque.