Páginas

lunes, 19 de enero de 2026

VOCES SILENCIADAS. LUGARES DE MEMORIA

 


 

 O sábado 17 de xaneiro de 2026, ás 11:30 h, no Teatro Alfonsetti de Betanzos levouse a cabo a presentación do proxecto “Voces silenciadas. Lugares de memoria". Este proxecto está centrado na represión vivida durante a Guerra Civil e a posguerra , entre os anos 1936 e 1949, nos concellos de Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior. Os alumnos/as de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela realizamos entrevistas orais aos nosos avós/as e bisavós/as, pero tamén a coñecidos/as e descoñecidos/as, para recadar información deses anos que logo contrastramos con fontes escritas.  

Na presentación tamén formaron parte o arquiveiro de Betanzos, Ángel Arcay, a profesora de Xeografía e Historia, Paula Cadaveira, e o catedrático Emilio Grandío. Este tipo de actividades buscan recuperar e dar visibilidade a historias e persoas que quedaron silenciadas no pasado por motivos políticos ou sociais, e reivindicar os lugares de memoria como espazos que axudan a lembrar o vivido e a aprender del para construír unha sociedade máis xusta. 

O Teatro Alfonsetti é un espazo cultural histórico de Betanzos que ao longo do tempo acolleu cine, teatro e eventos importantes para a cultura do pobo. Estar nun evento así o 17 de xaneiro no Teatro Alfonsetti foi moi impactante. Sentín que non era só memorizar datos: era aprender a escoitar as voces que quedaran na sombra da historia. Ver como diferentes persoas, desde especialistas ata compañeiros da clase, compartíamos reflexións sobre feitos reais do pasado fíxome entender que a memoria histórica non é aburrida, afecta directamente ao noso xeito de ver o presente. Creo que actividades coma esta nos animan a interesarnos pola historia real da nosa contorna e a valorar a importancia de recordar xuntos o que aconteceu para que non se volva a repetir. Marcos Garabana (4º ESO).