Páginas

jueves, 30 de abril de 2026

A Revolución dos Caraveis

O luns 27 de abril realizamos unha actividade conmemorativa da Revoluçao dos Cravos en Portugal, que rematou coa ditadura inicial de Salazar e culminada na persoa de Oliveira no ano 1974.

O alumnado de 4º da ESO estudou a evolución histórica deste movemento autoritario e realizou un marcapáxinas co Grândola. O día 27 (ante a imposibilidade de facelo o propio día por caer en sábado) pasaron polas distintas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º e 3º da ESO, para explicarlles aos seus compañeiros a evolución da ditadura e, sobre todo, a súa fin, coa anécdota dos caraveis. 

Ao rematar a exposición entregáronlles a cada un dos oíntes un marcapáxinas e un caravel.













Participación na xornada Fai Memoria! co proxecto Voces Silenciadas. Lugares de Memoria

O sábado 25 de abril, coincidindo co 51º aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal, tivo lugar a xornada Fai Memoria! organizada pola Deputación de A Coruña no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela e presentada por Sol Agra e Eva Mejuto. O seu obxectivo é a formación dos docentes de Educación Primaria e Secundaria en relación ao tema da Memoria Democrática.

O noso centro, representado pola docente de Xeografía e Historia Paula Cadaveira, participou expoñendo o proxecto Voces Silenciadas. Lugares de Memoria. Violencia e represión en Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior durante a Guerra Civil e a posguerra (1936-1949) no que o alumnado de 4º da ESO leva traballando dende setembro na materia de Xeografía e Historia.

Na presentación explicouse o contexto de traballo, a metodoloxía e os recursos empregados, as actividades complementarias realizadas e os produtos finais resultantes da investigación, así como as novas perspectivas que agardamos poder levar a cabo nos próximos meses.