O luns 27 de abril realizamos unha actividade conmemorativa da Revoluçao dos Cravos en Portugal, que rematou coa ditadura inicial de Salazar e culminada na persoa de Oliveira no ano 1974.
O alumnado de 4º da ESO estudou a evolución histórica deste movemento autoritario e realizou un marcapáxinas co Grândola. O día 27 (ante a imposibilidade de facelo o propio día por caer en sábado) pasaron polas distintas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º e 3º da ESO, para explicarlles aos seus compañeiros a evolución da ditadura e, sobre todo, a súa fin, coa anécdota dos caraveis.
Ao rematar a exposición entregáronlles a cada un dos oíntes un marcapáxinas e un caravel.
O sábado 25 de abril, coincidindo co 51º aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal, tivo lugar a xornada Fai Memoria! organizada pola Deputación de A Coruña no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela e presentada por Sol Agra e Eva Mejuto. O seu obxectivo é a formación dos docentes de Educación Primaria e Secundaria en relación ao tema da Memoria Democrática.
O noso centro, representado pola docente de Xeografía e Historia Paula Cadaveira, participou expoñendo o proxecto Voces Silenciadas. Lugares de Memoria. Violencia e represión en Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior durante a Guerra Civil e a posguerra (1936-1949) no que o alumnado de 4º da ESO leva traballando dende setembro na materia de Xeografía e Historia.
Na presentación explicouse o contexto de traballo, a metodoloxía e os recursos empregados, as actividades complementarias realizadas e os produtos finais resultantes da investigación, así como as novas perspectivas que agardamos poder levar a cabo nos próximos meses.
Hoxe, luns 23 de febreiro de 2026, desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela queremos querer en valor a obra e o legado da autora Rosalía de Castro, unha galega universal. A través de investigacións recentes sábese que a escritora naceu ou 23 de febreiro de 1837, por iso o 23 de febreiro é unha data clave para celebrar a súa figura como piar dá literatura galega e símbolo cultural.
Rosalía ten unha importante relevancia cultural, xa que é a autora máis universal e influente da cultura e literatura galega, sendo unha das figuras centrais da literatura no século XIX. En canto á valoración da lingua, estaca o papel de Rosalía no rescate e dignificación da lingua galega a través da súa poesía, nun tempo no que estaba marxinada.
Nos corredores deste edificio de secundaria podedes visitar unha pequena exposición con fondos bibliograficos da autora e visualizar un fermoso panel co retrato de Rosalía de Castro e información sobre ela.
O alumnado da ESO traballo utilizando ferramentas dixitais na composición de cancións adicadas a Rosalía e creadas grazas á intelixencia artificial. Unha delas é a elaborada pola nosa compañeira Alejandra Souto, de 4º da ESO, titulada Rosalía no Vento, que será interpretada con moito sentemento pola nosa compañeira Lola Flores, tamén de 4º da ESO. Esperemos que vos guste e moitas grazas por acompañarnos hoxe eiquí, na Biblioteca Castelao, formando parte desta homenaxe a Rosalía e axudando a difundir o seu legado. Un forte aplauso……
O sábado 17 de xaneiro de 2026, ás 11:30 h, no Teatro Alfonsetti de Betanzos levouse a cabo a presentación do proxecto “Voces silenciadas. Lugares de memoria". Este proxecto está centrado na represión vivida durante a Guerra Civil e a posguerra , entre os anos 1936 e 1949, nos concellos de Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior. Os alumnos/as de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela realizamos entrevistas orais aos nosos avós/as e bisavós/as, pero tamén a coñecidos/as e descoñecidos/as, para recadar información deses anos que logo contrastramos con fontes escritas.
Na presentación tamén formaron parte o arquiveiro de Betanzos, Ángel Arcay, a profesora de Xeografía e Historia, Paula Cadaveira, e o catedrático Emilio Grandío. Este tipo de actividades buscan recuperar e dar visibilidade a historias e persoas que quedaron silenciadas no pasado por motivos políticos ou sociais, e reivindicar os lugares de memoria como espazos que axudan a lembrar o vivido e a aprender del para construír unha sociedade máis xusta.
O Teatro Alfonsetti é un espazo cultural histórico de Betanzos que ao longo do tempo acolleu cine, teatro e eventos importantes para a cultura do pobo.
Estar nun evento así o 17 de xaneiro no Teatro Alfonsetti foi moi impactante. Sentín que non era só memorizar datos: era aprender a escoitar as voces que quedaran na sombra da historia. Ver como diferentes persoas, desde especialistas ata compañeiros da clase, compartíamos reflexións sobre feitos reais do pasado fíxome entender que a memoria histórica non é aburrida, afecta directamente ao noso xeito de ver o presente. Creo que actividades coma esta nos animan a interesarnos pola historia real da nosa contorna e a valorar a importancia de recordar xuntos o que aconteceu para que non se volva a repetir.Marcos Garabana (4º ESO).