No ambiente simbólico-construtivo deste mes de xaneiro estreamos os engrenaxes para facer todo tipo de construcións como cortellos para vacas, casas e ata naves espaciais. Tamén levamos a cabo un montón de actividades de vida práctica: montamos un supermercado e levamos as nosas listas para comprar e os cartos para pagar, puxemos a mesa para comer, vestimos aos bebés e aproveitamos o bo tempo para lavar a súa roupiña e tendela. Qué ben o pasamos! No ambiente de luces e sombras, ao longo do mes de xaneiro contamos con diversas propostas tales como; libros con formas e cores para proxectar na parede coa axuda de lámpadas e pintar sobre papel as sombras do que alí se proxectaba, tivemos unha mesa de luz chea de tesouros escondidos entre arroz, tamén contamos con unha proposta artística na que facer obras de arte xogando co contraste das cores fluorescentes, e por último, dispuxemos de un gran escenario no cal disfrazarnos e escenificar todo aquelo que se nos pasaba pola imaxinación. Sen dúbida non tivemos tempo para aburrirnos!
Páginas
▼
sábado, 1 de febrero de 2025
Ambientes de aprendizaxe na Ed. Infantil: mes de xaneiro
No ambiente artístico e sensorial, estivemos a desenvolver a nosa creatividade realizando creacións en diferentes soportes, técnicas e materiais, como: acuarelas, paneis transparentes, xeo, rotuladores acrílicos…tamén realizamos grafismos creativos con tarxetas e debuxos ambientados no inverno. Xogamos e fixemos formas xeométicas con pezas soltas e materiais de refugallo. Por último, desenvolvemos a motricidade fina con pipetas e copos de neve. Pasámolo en grande!
Por último, no ambiente de lecto, mates e ciencia tivemos a oportunidade de experimentar con diferentes especias como o tomiño, o perexil, o azafrán…á par que, con letras de madeira, construíamos o seu nome e o transcribíamos na lousa coa axuda do tis. Por outra banda, dado na estación na que nos atopamos, traballamos as destrezas motoras finas para ensartar contas en limpiapipas que semellaban folerpas de neve. Así mesmo, dispoñíamos de garavanzos, lentellas e arroz para traballar a lóxica matemática; debíamos realizar diferentes intentos de aproximación ao peso dado empregando a báscula dixital. Do mesmo xeito, creamos letras de plastilina segundo a plantilla dada.
Ata o vindeiro mes, familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario