Dentro das actividades de celebración das Letras Galegas hoxe contamos co espectaculo Con Lingua Propia promovido polo concello de Monfero dentro do programa cultural da Deputación da Coruña. Del participaron o alumnado da Ed. Infantil e da Ed. Primaria. Estamos ante un espectáculo da compañía Peter Punk Pallaso pensado para ampliar a oferta de ocio en lingua galega dirixida a público infantil e familiar. Combina as máis variadas técnicas circenses cun humor adaptado á realidade e á lingua galegas, cuns diálogos e números pensados especialmente para presentar o idioma de Galicia como parte esencial da vida cotiá dos galegos e galegas. Nel se repasan aspectos da nosa lingua cun coidado vocabulario combinado con xogos malabares e humor.
Imaxes de Peter Punk Pallaso. |
Páginas
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario