Unha das premisas da nosa horta escolar é que nos permita adquirir hábitos da economía circular. Vendo que somos quen de aproveitar os recursos propios e os do medio na nosa vida diaria.
Non todo o que tiramos é lixo, podemos aproveitar moitos deses recursos para
darlles unha nova vida como materias primas renovadas.
Non se trata que a recollida e xestión de residuos sexa labor industrial
senón que na casa, no cole, podemos sumarnos á cultura da sustentabilidade.
Cultura desde a cal podemos aprender a cultivar o horto sen empregar
fertilizantes químicos ou como facer compost en casa.
Como estamos aprendendo co coidado da horta non é unha tarefa difícil pero
si que require de constancia e de coidado para que os procesos químicos de
transformación sexan óptimos.
No cole escollemos a opción de facelo nun compostador, é dicir, un recipiente
específico para este labor. Escollemos os embalaxes que nos cedeu Sogama para
esta labor. Os mesmo viñeron acompañados dun obradoiro formativo que nos permitiu
repasar os conceptos clave da reciclaxe.
Pero, que é o que temos que ter en conta
para realizar esta tarefa?
- A primeira base será sólida para evitar a podremia.
- Que os residuos orgánicos depositados sexan adecuados e que entre eles non vaia materia non apta para a compostaxe.
- Xerar a compostaxe por capas, engadindo niveis intercalados: restos de residuos orgánicos e follas secas ou restos das colleitas.
- Controlar a temperatura e a humidade para asegurarnos que o proceso de fermentación é o adecuado.
- Asegurarnos que cando sexa necesario teña unha ventilación adecuada.
![]() |
Toda unha experiencia de aprendizaxe!!! |
![]() |
Materiais húmidos e secos. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario