jueves, 30 de enero de 2025

Día da Ilustración e Día escolar da non violencia e a paz.

 Día da Ilustración e Día escolar da non violencia e a paz.

O 30 de xaneiro é un día sinalado no noso almanaque. Por unha banda, commemoramos o Día da Ilustración en Galicia, coincidindo co día do nacemento de Castelao; esta data serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou unha ilustradora da historia do noso país. Este ano o homenaxeado é Xosé Vizoso. 

                   


O alumnado da ESO descubriu, a través do traballo da comprensión oral na materia de Lingua galega, as múltiples facetas deste histórico artista gráfico galego, muralista, escultor, escenógrafo, debuxante e un dos principais deseñadores de Sargadelos, xunto con Xosé Díaz.

Ademais, desde a materia de EPVA, as rapazas e rapaces elaboraron unhas ilustracións ben xeitosas, inspiradas en personaxes reais, que podedes ver expostas na "galería de arte" do 1º andar (corredor de EPVA).


                                                                                                    
 
                                                         


Por outra banda, commemoramos o Día escolar da non violencia e a paz, relacionado directamente cun dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) adoptados pola ONU: Paz, xustiza e institucións sólidas.

O alumnado de 1º e 4º da ESO, despois de coñecer a Xosé Vizoso, quixo facerlle tamén a súa homenaxe particular e deseñaron pombas da paz inspiradas no estilo do autor,  traballando en equipo e con respecto. Así crearon "Pombas da paz para Xosé Vizoso", uns murais que expoñen tamén na "galería de arte" do 1º andar.



     




 

Imaxes representativas das actividades.


Ambientes de aprendizaxe na Ed. Infantil: mes de febreiro

 AMBIENTES FEBREIRO


No ambiente simbólico-construtivo aproveitamos o mes do entroido para montar unha tenda de disfraces, ao mesmo tempo, que levamos a cabo actividades de vida práctica como vestirse, abrochar botóns, dobrar a roupa e colgala nas perchas, pagar con diñeiro… Xogamos tamén coa pizarra ás mariquiñas e vestimos a Rosalía de Castro. Contamos cunha zona de construcións con cartón onde puideron dar renda solta a súa imaxinación e crear collage súper divertidos. Estimulamos o noso sentido do tacto co minimundos de inverno e, creamos estradas con cilindros de cartón e sinais de tráfico para xogar cos coches. 

No ambiente de luces e sombras, contamos con diversas propostas coas que puidemos experimentar coas posibilidades da luz así como deixar voar a nosa imaxinación. Contamos coa zona do teatro, onde fixemos distintas representacións con sombras, a mesa de luz na que traballamos aspectos relacionados coa lóxica-matemática, o luz negra para xogar coas pezas imantadas que tanto nos gustan, unha cabana con lanternas onde tivemos que descubrir palabras e imaxes, e por último, unha bandexa de experimentación onde despertar todos os nosos sentidos con distintos materiais, olores e texturas. 

No ambiente artístico e sensorial, neste mes estivemos explorando o noso lado mais sensorial, explotando burbullas de plástico e perfilando figuras xeométricas con sombras. Para mellorar a motricidade fina estivemos a coser en tela e moldeamos un pau de madeira no torno de PlayforMake, desenvolvendo actividades de vida práctica. Por outra banda, deixamos renda solta a nosa creatividade pintando dentro dun espacio artístico, simulando unha creación con acuarelas. Tamén simulamos figuras 3D con folios de cores. Por último, en pezas soltas, recreamos minimundos empregando cintas e caixas de Cds. 

Por último, no ambiente de lecto, mates e ciencia abraiounos o feito de poder experimentar co lapis 3D por primeira vez para crear o abecedario; en relación a isto, empregamos follas de libros que reutilizamos e selos de letras para crear as nosas propias producións creativas. Por outra banda, gozamos de lecturas individuais e colectivas no recuncho da biblioteca (aqueles que se aventuraron a ler foron quen de axudar aos máis pequenos/as do grupo a desfrutar dos álbumes ilustrados). Ao sumo, o microscopio, a lupa e a báscula dixital permitíronnos coñecer un pouco máis sobre diferentes minerais (cal pesa máis?, cal é o máis grande?, está formado por máis dun elemento?...). Por último, os haikus sobre o inverno inspiráronnos a crear paisaxes de inverno para ilustralos…quedaron fermosos!



Ata o vindeiro mes, familias!


miércoles, 29 de enero de 2025

Xornadas de Deporte Adaptado da Fundación ENKI: compartir para comprender

Están dirixidas aos estudantes de 5º e 6º de primaria dos centros educativos galegos e compóñense de dúas actividades: unha charla con deportistas con diversidade funcional e un evento para coñecer o deporte adaptado e inclusivo.

Hoxe contamos no centro cunha espectacular  charla con deportistas con diversidade funcional. Este diálogo compartido supuxo un achegamento  previo ao encontro provincial, no que varios deportistas compartiron a súa traxectoria e conversaron co alumnado, resolvendo todas as preguntas que lles xurdiron.

O encontro provincial será o próximo 17 de marzo. O mesmo, é un evento reúnense os colexios da provincia participantes na iniciativa e son onde alumnado proba distintos deportes e material deportivo adaptado, rotando por diferentes estacións deportivas dirixidas por entidades deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e o equipo ENKI

 Cartel das xornadas.



jueves, 23 de enero de 2025

Obradoiros de diversidade cognitiva

En colaboración con EuroEume queremos crear un espazo lúdico de expresión e reflexión sobre a Educación Inclusiva, co fin de sensibilizar aos alumnado da importancia e os beneficios de que todos os nenos e as nenas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais. 

Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.

lunes, 20 de enero de 2025

OBRADOIRO "RADIO CUN SORRISO"

  OBRADOIRO “RADIO CUN SORRISO”

Comezan os obradoiros de radio escolar no centro en colaboración coa ONG Agareso.


“Radio cun sorriso” é unha iniciativa do noso centro para traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e o benestar empegando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe e cambio social, o que concorda co traballo realizado por Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) 


Trátase de obradoiros mensuais destinados aos cursos de 3º a 6º da Ed. Primaria e aos catro niveis da ESO dentro das materias de Lingua e literatura galega. Estes obradoiros están deseñados para integrar a radio no tratamento curricular das áreas e materias do centro e darlle valor na súa dimensión social ao tempo que favorecen o desenvolvemento das competencias comunicativas do alumnado. Asemade,  fomentan o diálogo e a reflexión sobre aqueles temas que máis lles preocupan,  sempre dende unha perspectiva positiva e tentando achegar solucións (axudando no seu benestar emocional). 

Unha imaxe na que se mostra roupa, persoa, calzado, interior

Descrición xerada automaticamente Unha imaxe na que se mostra interior, roupa, moblaxe, persoa

Descrición xerada automaticamente          


Así, as temáticas estarán enfocadas cara ao tratamento dos ODS desde a análise e posta en valor da realidade contextual para despois enfocala cara á globalidade e contando con referentes significativos desta (familias, entidades, asociacións,...) que nos acheguen a propostas de desenvolvemento endóxeno sustentable.


Unha imaxe na que se mostra debuxar, Arte infantil, Produto de papel, papel

Descrición xerada automaticamente Unha imaxe na que se mostra persoa, roupa, Arte infantil, debuxar

Descrición xerada automaticamente              




Unha imaxe na que se mostra texto, debuxar, esbozo, Imprimir

Descrición xerada automaticamente


Unha imaxe na que se mostra roupa, persoa, ventá, interior

Descrición xerada automaticamente


Unha imaxe na que se mostra roupa, persoa, interior, Cara humana

Descrición xerada automaticamente Unha imaxe na que se mostra texto, Nota adhesiva, debuxar, deseño gráfico

Descrición xerada automaticamente


Unha imaxe na que se mostra texto, esbozo, debuxar, arte

Descrición xerada automaticamente


Colaboran nesta proposta: titorías, especialidades de Lingua galega e Literatura e equipos de DLG

e de Orientación.










PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR: teatro para a convivencia

 

Este curso contamos co obradoiro promovido pola Consellería de Educación no marco do programa contra o acoso escolar: PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR, do cal o noso centro resultou beneficiario. Ven da mán da Xanela de Maxín.

PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR emerxe como un evento de intervención escolar e social, onde o xogo dramático serve como ferramenta poderosa para concienzar ao alumnado. A partir de aí explóranse solucións que se porán en práctica a través do teatro.

Esta actividade está baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido. Unha actividade aborda de forma única o problema do bullying no contexto escolar.

Neste encontro singular, a guía da intervención, coa contará coa colaboración do alumnado voluntario como actores e actrices. En conxunto, escenificarán escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso nas escolas.

Trala presentación destas escenas, a audiencia convértese en parte activa do proceso. O alumnado aporta solucións aos comportamentos observados, encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da actuación.

“Pasando a bóla Xogando para cambiar” non só ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying, senón que tamén fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación de solucións.

A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio. Construirán xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respetuoso.



jueves, 16 de enero de 2025

Educación para a sustentabilidade: visita ó Aquarium Finisterrae do 2º ciclo de Ed. Primaria

    O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi de excursión ó Aquarium Finisterrae da Coruña. 

 A visita favoreceu o coñecemento da biodiversidade mariña, realizando unha visita guiada polas distintas salas vendo como os océanos son vitais para o equilibrio do planeta, regulando o clima, producindo osíxeno e sustentando unha gran diversidade de vida, incluíndo a humana.  Ademáis de ver como lle daban de comer ó tiburón Gastón e ás focas.


Imaxes autoeditadas da xornada


viernes, 10 de enero de 2025

QUINTA REUNIÓN OBSERVA-ACCIÓN. IV FASE

O venres 10 de xaneiro de 2025 levouse a cabo unha nova reunión do grupo de profesorado vinculado ao Programa Observa-Acción, nesta IV e última fase "Intenacionaliza". Estas reunións son imprescindibles para ir organizando as actividades, analizando e redirixindo as actuacións, facer comentarios e propostas, e calquera outro punto que serva para mellorar o programa. En concreto, nesta quinta reunión, abordouse o tema da utilización da plataforma moodle AV OBSERVA_ACCIÓN FASE 4: Internacionaliza 2024-2025, da planificación dunhas xornadas para a difusión entre o profesorado do centro das recientes experiencias Erasmus+ Croacia e Turquía, da posibilidade da realización dun intercambio con profesorado Croacia a través da plataforma E-twinning ou da preparación visita de profesorado Croacia prevista para maio 2025.



Programa FALAMOS +. Lecer + Galego

 


O   centro   foi   un   dos   seleccionados   para   participar   nunha   nova   proposta   da Consellaría de Cultura Lingua e Xuventude. Trátase do programa Falamos + deseñado para dinamizar a utilización activa do galego nos centros de ensino a través de propostas de carácter lúdico creadas polos propios centros e as familias que acheguen o alumnado e as súas familias ao patrimonio cultural galego tradicional e especialmente a aquel máis moderno e descoñecido para a maior parte do alumnado.

A intencións é preparar entre os dez centros participantes unha serie de propostas de carácter lúdico en galego dirixidas a educación infantil e aos tres ciclos de educación primaria para realizarse nos tempos de lecer da xornada lectiva do mes de marzo.

Ditas propostas xirarán ao redor de cinco temáticas;

  • Luns: FALAMOS
  • Martes: XOGAMO
  • Mércores: FACEMOS CIENCIA
  • Xoves: ESCRIBIMOS E LEMOS
  • Venres: CANTAMOS E BAILAMOS

Ademais, no noso centro educativo contaremos con alumnado voluntario da ESO que participa nas actividades organizativas da Biblioteca escolar.


lunes, 6 de enero de 2025

Estacións de aprendizaxe do 1º ciclo no 1º trimestre.

 Neste curso, os martes e os xoves polas tardes, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria xuntámonos en grupos mixtos. As clases divídense en tres e, co alumnado mesturado por idades, rota entre os diferentes ambientes semanalmente: científico/artístico, matemático/lingüístico e de xogo. Aquí tedes as actividades que houbo en cada un dos ambientes coa súa xustificación teórica así como unhas imaxes dalgúns dos momentos vividos. En xaneiro teremos novos grupos e novas propostas! 

Enlaces: 

Estación de construción e xogo. 

Estación de ciencias e arte

Estación de matemáticas e linguas. 











Imaxes das propostas realizadas.