jueves, 30 de enero de 2025

Ambientes de aprendizaxe na Ed. Infantil: mes de febreiro

 AMBIENTES FEBREIRO


No ambiente simbólico-construtivo aproveitamos o mes do entroido para montar unha tenda de disfraces, ao mesmo tempo, que levamos a cabo actividades de vida práctica como vestirse, abrochar botóns, dobrar a roupa e colgala nas perchas, pagar con diñeiro… Xogamos tamén coa pizarra ás mariquiñas e vestimos a Rosalía de Castro. Contamos cunha zona de construcións con cartón onde puideron dar renda solta a súa imaxinación e crear collage súper divertidos. Estimulamos o noso sentido do tacto co minimundos de inverno e, creamos estradas con cilindros de cartón e sinais de tráfico para xogar cos coches. 

No ambiente de luces e sombras, contamos con diversas propostas coas que puidemos experimentar coas posibilidades da luz así como deixar voar a nosa imaxinación. Contamos coa zona do teatro, onde fixemos distintas representacións con sombras, a mesa de luz na que traballamos aspectos relacionados coa lóxica-matemática, o luz negra para xogar coas pezas imantadas que tanto nos gustan, unha cabana con lanternas onde tivemos que descubrir palabras e imaxes, e por último, unha bandexa de experimentación onde despertar todos os nosos sentidos con distintos materiais, olores e texturas. 

No ambiente artístico e sensorial, neste mes estivemos explorando o noso lado mais sensorial, explotando burbullas de plástico e perfilando figuras xeométricas con sombras. Para mellorar a motricidade fina estivemos a coser en tela e moldeamos un pau de madeira no torno de PlayforMake, desenvolvendo actividades de vida práctica. Por outra banda, deixamos renda solta a nosa creatividade pintando dentro dun espacio artístico, simulando unha creación con acuarelas. Tamén simulamos figuras 3D con folios de cores. Por último, en pezas soltas, recreamos minimundos empregando cintas e caixas de Cds. 

Por último, no ambiente de lecto, mates e ciencia abraiounos o feito de poder experimentar co lapis 3D por primeira vez para crear o abecedario; en relación a isto, empregamos follas de libros que reutilizamos e selos de letras para crear as nosas propias producións creativas. Por outra banda, gozamos de lecturas individuais e colectivas no recuncho da biblioteca (aqueles que se aventuraron a ler foron quen de axudar aos máis pequenos/as do grupo a desfrutar dos álbumes ilustrados). Ao sumo, o microscopio, a lupa e a báscula dixital permitíronnos coñecer un pouco máis sobre diferentes minerais (cal pesa máis?, cal é o máis grande?, está formado por máis dun elemento?...). Por último, os haikus sobre o inverno inspiráronnos a crear paisaxes de inverno para ilustralos…quedaron fermosos!



Ata o vindeiro mes, familias!


No hay comentarios:

Publicar un comentario