Este curso seguimos traballando no horta ecolóxica que creamos en cursos anteriores. Traballamos na súa preparación, na plantación de plantas autóctonas e nos coidados, fixemos sementeiros, xeramos compost cos restos de froita das nosas meren-das e cos da comida do comedor.
Para o seu coidado empregamos ferramentas e recursos do día a día primando a reutilización en os novos usos (economía circular).
Mediante este traballo, o alumnado achegouse a ecosustentabilidade desenvolvendo as súas competencias e tendo claro o importante que é o coidado e o respecto do medio ambiente.
Planificación das tarefas
A planificación do traballo é trimestral en colaboración coa Asociación Euroeume e dentro dela, co apoio de Ángel e de Chus, esta última unha das nosas nais. Comeza cunha reunión entre o profesorado e as persoas especialistas de EuroEume para concretar propostas, compromisos e responsabilidades. A mesma, realizase tamén co alumnado para identificar inquedanzas e motivacións cara o traballo na horta escolar e o coidado sostible do centro e dos seus recurso.
Desta forma, concrétanse para cada trimestre temos unha serie de tarefas fixas:
- organizar os talleres de plantación
- elaboración de compost
- reciclaxe dos residuos das aulas.
- reutilización de materiais e recursos.
Isto complementase cos obradoiros formativos sobre produción ecolóxica realizados nas aulas con cada grupo das etapas implicadas.
![]() |
Imaxe autoeditada dos obradoiros formativos. |
Actividades
1º trimestre
- Setembro: organización de actividades, responsabilidades e tempos.
- Outubro: comezamos un curso máis co proceso de compostaxe (cun obradoiro inicial para 4º da Ed. Primaria para coñecer a importancia e as características deste proceso). Limpeza de sementeiros. Recollida de sementes. Obradoiro sobre plantacións (6º da Ed. Primaria: plantas autóctonas, proceso rexenerativo da terra, rega).
- Novembro: contamos cunha segunda composteira ocupándonos do seu coidado. Control e rexistro da temperatura e humidade do primeiro composteiro. Preparación dos bancais para os sementeiros. Control de pragas. Identificacións das necesidades: estrutúrante. Pechamos o primeiro composteiro e abrimos o segundo.
- Decembro: Sementeiros: transplantamos dous. Obradoiros sobre o crecemento das plantas. Creación de microcompostaxes. Control e rexistro da temperatura e humidade do primeiro composteiro.
![]() |
Experimentamos os diferentes procesos dunha horta ecolóxica. |
2º trimestre
- Xaneiro: mantemento da horta. Plantación dos cultivos restantes. Instalación dos invernadoiros. Montaxe do 3º e 4º composteiro. Contro do 1º e do 2º composteiro.
- Febreiro: Obradoiros formativos (tipos de cultivos: agroecoloxía e agricultura industrial). Avaliacións do proceso de compostaxe. Elaboración de carteis informativos. Control e rexistro da temperatura e humidade dos composteiro.
- Marzo: Obradoiros formativos (5º de Ed. Primaria) sobre os procesos reprodutivos das plantas. Preparación de bandeiras con esgallos.
3º trimestre
- Abril : Distribuímos o estrutúrante en big bags para unha mellor conservación. Coidados das plantacións.
- Maio: Coidados das plantacións.
- Xuño: Mantemento da horta e dos composteiros.
![]() |
Traballo cooperarivo e desenvolvemento competencial en conexión coa natureza. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario