lunes, 28 de abril de 2025

Olimpíada Matemática de AGAPEMA

O pasado xoves 24 de abril dous estudantes de 2º ESO do noso centro tiveron a oportunidade de participar na fase de zona da Olimpíada Matemática, organizada por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática). A competición tivo lugar no IES de Canido, en Ferrol, a onde foron acompañados pola súa profesora de Matemáticas.

Nesta primeira fase da olimpíada o alumnado dispuxeron de dúas horas para intentar resolver cinco problemas matemáticos de forma individual. Estos problemas non requiren coñecementos especiais, senón a capacidade de aplicar os conceptos aprendidos en situacións novas e desafiantes.

A participación na Olimpíada Matemática tamén serviu como unha actividade motivacional moi positiva para os nosos estudantes. Non só os animou a mellorar as súas habilidades na materia, senón que tamén lles deu a oportunidade de descubrir novas formas de pensar e resolver problemas.
En definitiva, a experiencia foi moi enriquecedora, tanto a nivel académico como persoal, e o alumnado quedou moi satisfeito coa súa participación. Este tipo de eventos son fundamentais para motivar aos estudantes a seguir explorando o mundo das Matemáticas e a afondar na súa capacidade de resolución de problemas.
Agardamos con ilusión as próximas edicións!

 


                                                                         Imaxes da xornada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario