A experiencia de programar con Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!
Podedes acceder premendo na seguinte imaxe:
martes, 25 de abril de 2017
miércoles, 19 de abril de 2017
CHARLA DE XURXO MARIÑO
O deserto do Kalahari; os San e a súa complexa
linguaxe (chamados
bosquimáns polos europeos); o deserto de Atacama en Chile; o volcán Kilauea
en Hawai; tartarugas, lobos mariños e iguanas das Illas Galápagos; a contraste
entre o río Amazonas e o río Negro; raposos voadores; rúas de Hanoi invadidas polas motos…”Ciencias, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor
do mundo”, título que da nome á charla impartida por Xurxo Mariño para todo o alumnado
da ESO e que nos fio viaxeiros por un anaco gracias ao entusiasmo do seu relato
e ao saber acumulado despois de once meses de percorrido arredor do mundo.
sábado, 1 de abril de 2017
A VAQUIÑA POLO QUE VALE
Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños
Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración ca Universidade da Coruña e as ongs Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:
CONCURSO DE LOGOTIPOS
DESFILE DE VACAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)