BOOKTRAILERS

BOOK TRAILERS CURSO  2015-2016


   

Co obxectivo de potenciar a creatividade e a imaxinación do alumnado, o EDLG, en colaboración co Servizo de Normalización do Concello de Monfero e o Departamento de Lingua Galega, propón a realización de booktrailers. Esta actividade consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual para promover a lectura en galego. 
En novembro de 2009 o alumnado da ESO recibe un obradoiro de booktrailers, impartido por Belén Martínez Delgado, encargada da Normalización Lingüística no Concello de Monfero. A partires do obradoiro, o alumnado comezará o proceso de lectura de libros, elaboración de guións e gravacións en vídeo. En marzo de 2010 recibimos a visita da TVG, que entrevistou aos alumnos/as e profesores/as encargados da actividade.
Finalmente, no presente curso académico 2010-2011 realizouse a edición de todo o material gravado, e aquí tedes os resultados obtidos. Esperamos que vos guste e que vos animedes a ler os libros recomendados…