martes, 31 de enero de 2012

KALANDRAKA: CANTANDO CONTOS

O pasado luns 30 de xaneiro de 2012 o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria do CPI Virxe da Cela cantaron ao son das músicas de Patricia González e Álex Fende. Un ano máis Patricia e Álex viñeron narrar fabulosas historias dos contos da Editorial Kalandraka.

viernes, 13 de enero de 2012

VERBAS ESQUECIDAS


Incluímos en Xesteira o enlace para un novo blog creado no noso centro, "Verbas Esquecidas". Este blog é un traballo realizado polos alumnos de 1º de ESO do C.P.I. Virxe da Cela en Monfero, A Coruña. Cada alumno recolleu información no seu contorno: familia, veciños... sobre palabras que xa non se utilizan e con todas elas compoñemos un “dicionario de verbas esquecidas en Monfero e Irixoa”. Moitas de estas palabras aínda son coñecidas por algúns, pero en moitos casos refírense a tarefas, obxectos... que xa non se usan, por iso hai un risco de que se perdan nas seguintes xeracións.

martes, 10 de enero de 2012

ONDE FALOU A GALIÑA DESPOIS DE ASADA




Obra de teatro "Santo Domingo de la Calzada: onde falou a galiña despois de asada". Alumnado de 1º da ESO. Festival de nadal. Mércores 21 de decembro de 2011, ás 15:00 horas, no comedor escolar.