miércoles, 18 de marzo de 2015

NÓS LEMOS, E TI...?

Co fin de promover a cultura galega a través da literatura infantil e xuvenil a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), organiza o concurso escolarNós lemos, e ti? destinado a lectoras e lectores que estean estudando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria.

 


martes, 17 de marzo de 2015

XV CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA

Un ano máis, e xa son quince, a AS-PG convoca o Concurso de Relato Oral "TÍRALLE DA LINGUA", dirixido a escolares de todo Galiza. Con este concurso, preténdese incentivar o uso oral do galego entre o alumnado, poñer un chanzo máis na súa normalización. Por iso, pedimos a vosa colaboración para que no voso centro animedes e dinamicedes, se for posible, esta actividade. Achéganse as bases do concurso.



viernes, 13 de marzo de 2015

TRADICIÓN 2.0

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha hoxe -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- unha nova actividade no marco do proxecto de dinamización lingüística Dragal, no que están a participar 659 estudantes e 55 docentes de once centros de ensino secundario das catro provincias galegas. 

Trátase de Tradición. 2.0, un espectáculo de contacontos en clave de humor que recrea as lendas tradicionais “A ponte do porco” e “Roldán e as tres costureiras de Puxares” e quen ter como obxectivos fomentar a transmisión oral interxeracional do galego e reflexionar sobre o valor das lendas e dos contos como patrimonio lingüístico e cultural. As lendas galegas constitúen unha fonte inesgotable de aventuras, personaxes e lugares máxicos que ademais gozan dunha grande versatilidade e poden converterse en punto de partida e de inspiración para outros relatos. 

A actividade dará comezo mañá, no IES de Valga e chegará ata mediados de maio aos outros dez centros participantes (ao IES A Pobra do Caramiñal o 23 de marzo; ao IES de Becerreá o 14 de abril; ao CPI Virxe da Cela de Monfero o 16 de abril; ao IES Puga Ramón da Coruña o 22 de abril; ao IES Alfoz-Valadouro o 28 de abril; ao CPI A Cañiza o 29 de abril; ao IES Castro Alobre e ao IES Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa o 7 de maio e ao IES Taboada Chivite de Verín e ao IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia o 11 de maio). Todos eles participan este curso no Proxecto Dragal da man dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, encargada de coordinalos.

jueves, 12 de marzo de 2015

CERTAME CURTAS PARA ROSALÍA

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), convoca o V Certame "Curtas para Rosalía" do que vos achegamos as bases, lembrámosvos que debedes facer a preinscrición, que é gratuíta, antes do 19 de marzo de 2015.

 

II CERTAME DE VIDEO CREACIÓN PARA CENTROS ESCOLARES GALEGOS

Achegamos información do II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino que convoca a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago, aberto a todos os centros de Galicia.

 

viernes, 6 de marzo de 2015

CONTACONTOS KALANDRAKA

O venres 6 de marzo de 2015, visitaron a biblioteca do cole os contacontos de Kalandraka. O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, pasamos un rato MÁXICO. Álex Fente e Patricia González, contáronnos dous contos: o Sacapenas e Tío Lobo. Foron moi divertidos , aínda que o conto de Tío Lobo e Carmela, unha pequena moi larpeira, non o esperábamos. Deixamos aquí unha mostra do moito que disfrutamos.




martes, 3 de marzo de 2015

DRAGAL NO CPI VIRXE DA CELA

Deixamos neste espazo os dous vídeos de presentación do proxecto Dragal no CPI Virxe da Cela, que compartiremos co resto dos centros galegos que participan neste proxecto a través dunha páxina web colectiva. Por unha banda, un grupo de rapaces e rapazas de 2º da ESO manifestan as súas opinión tras a lectura do libro "A Herdanza do Dragón", de Elena Gallego Abad. E xa para dar unha pincelada un tanto "exótica" o alumnado de 1º da ESO, aproveitando a celebración do Antroido, fixo un número musical impresionante, "A Danza do Dragón", con músicos en directo e un desfile con auténtico sabor chinés.