viernes, 28 de abril de 2023

XXXVI CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO

Compartimos inforamción sobre o XXXVI Certame de Poesía María Soliño

Cartel by veracruces on Scribd

Certame de Poesía by veracruces on Scribd

jueves, 27 de abril de 2023

DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC

 O CPI Virxe da Cela únese na celebración do Día das Rapazas nas TIC (Girls in ICT Day), o xoves 27 de abril de 2023, participando na iniciativa lanzada polo Centro de Supercomputación de Galicia, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que vexan as posibilidades e atractivo do ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. De 11:00 a 12:30 o alumnado de 3º da ESO asistiu a un coloquio virtual dende centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poido coñecer o seu día a día, e preguntarlles calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.




Rapazas Na TIC by veracruces on Scribd

martes, 25 de abril de 2023

Día do Libro: Contacontos na etapa de Infantil

Durante a semana pasada, na etapa de Educación Infantil, estivemos traballando na semana do libro: fixemos marcapáxinas, usamos as técnicas de Gionari Rodari, recomendacións dos contos que máis nos gustan, retratos con contos, debuxos con personaxes coñecidos...e rematamos coa mellor das actividades, un contacontos.

A mestra Alba visitou o noso colexio para contar un conto moi divertido " Esta é a miña flor". 


Un conto interactivo onde puidemos coñecer un esquío moi divertido que presenta os cambios da nosa contorna cando chega a primavera.

Plantamos sementes, cantamos cancións a animaliños do bosque, coñecemos fadas fermosas...e ata fixemos maxia.

Vivimos en primeira man a maxia dos contos. Nestas fotos podedes ver algúns dos momentos da sesión.







Ata outra Alba, dispostos a escoitar de novo contos cando queiras.



VI CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO "DIEGO PEÑA CARRO"

VI Concurso de Humor Gráfico "Diego Peña Carro", organizado polo CPR Plurilingüe Escravas do Sagrado Corazón de Xesús que vai dirixido a alumnado desde 5º de primaria ata 4º da ESO. A entrega dos traballos será ata o 8 de maio. Tedes máis datos en: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/equipos-dinamizacion/contido_2050/concurso-humor-grafico-diego-pena-carro.

VI Concurso Diego Carro by veracruces on Scribd

Festival de Cine Escolar Olloboi, organizado pola Asociación Cultural Olloboi, no que pode participar toda a comunidade escolar dos centros educativos galegos, desde infantil ata o ensino superior. O prazo de presentación das pezas na plataforma olloboi.com remata o 5 de maio. 


Bases Olloboi 2023 by veracruces on Scribd

XI CERTAME DE RELATOS BREVES FEIRACO 2023

Achegamos información sobre o XI Certame de Relatos Breves Feiraco 2023, edición Falarei, convocado por esta empresa láctea en colaboración coa SXPL, con dúas categorías de participación: o nivel 1, para o alumnado de 5º e 6º de primaria e o nivel 2, para 1º e 2º da ESO. O relato, en galego, debe acontecer na Galicia do futuro. Os centros seleccionarán o seu finalista para cada categoría e os relatos elixidos débense subir á páxina web falarei.gal ata o día 16 de maio. 

[Feiraco] Comunicacion Aos Colexios - V5.8 (1) by veracruces on Scribd

XORNADAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e o Centro Autonómico de Formación e Innovación organizan as Xornadas do Día das Letras Galegas 2023, que se desenvolverán o 20 e 27 de abril e 4 de maio, de xeito presencial en Santiago de Compostela (r/ San Roque, 2) e virtual, a través de Cisco Webex. 

 A xornada tratará de achegarlle a figura de Francisco Fernández del Riego ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre o resto da comunidade educativa, a través de conferencias de especialistas e mais das experiencias de traballo dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) de diversos centros educativos. 

Podedes consultar o programa no Portal da lingua galega: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0325/xornada-dia-das-letras-galegas-francisco-fernandez-del-riego.


Xornada Das Letras Galegas DelRiego v2 by veracruces on Scribd

viernes, 21 de abril de 2023

OBRADOIRO DE TALENTO

Venres 21 de abril de 2023. De 12:35 a 13:25. 4º ESO.
O alumnado de 4º da ESO recibiu unha charla sobre "Talento", impartida dentro do marco do programa Edureferentes, da Xunta de Galicia. Mediante o visionado de diapositivas, explicacións da ponente e dinámicas varias, os rapaces e rapazas aprenderon a distinguir as habilidades de traballar en equipo, a capacidade de empatía, a resolución de conflitos, a adaptación aos cambios, a organización e a planificación, a proactividade, a resiliencia, entre outras. 







CHARLA EDUREFERENTES

 Venres 21 abril 2023. 3º e 4º ESO. De 11:25 a 12:35


O Programa educativo EduReferentes impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pretende achegar ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida representación feminina e fomentar así de forma transversal a igualdade.

 Sesións grupais.

Charlas de 50 minutos nas que dúas profesionais referentes galegas de diferentes sectores achegarán ao alumnado novos ámbitos profesionais que visibilizan a figura da muller en postos tradicionalmente masculinizados. Nestas sesións traballarase co alumnado os mitos sobre os diversos perfís profesionais desde unha perspectiva de xénero.

As mulleres Referentes aportarán a sua visión e experiencia desde dous ámbitos profesionais diferentes. 

Achegar ás aulas a mulleres referentes en distintos ámbitos para unha

orientación vocacional libre de estereotipos de xénero.

• Poñer en valor o traballo do colectivo de mulleres da comunidade galega

fomentando de xeito transversal a igualdade.

• Potenciar as habilidades persoais do alumnado a través de mentorías

individualizadas por parte de mulleres referentes galegas.

• Desenvolver a educación emocional e a creatividade dende a óptica de mulleres

expertas no ámbito educativo e do desenvolvemento de habilidades sociais.

• Dar a coñecer os distintos campos vocacionais ao alumnado.









jueves, 20 de abril de 2023

CLUB DE XOGOS DE MESA

Este curso púxose en marcha unha divertida e interesante iniciativa por parte do Equipo da Biblioteca Creativa: un club de xogos de mesa para fomentar estas experiencias lúdicas á vez que educativas para o tempo de lecer da rapazada. Leváronse a cabo varios  obradoiros de xogos da biblioteca creativa para o alumnado de 5º e 6º de EP e tamén a ESO. Ademais dun pasatempo divertido, esta actividade servirá para o fomento do uso da lingua galega por parte do alumnado e o emprego das TICs, xa que paralelamente se traballará na elaboración de video titoriales explicando as instrucións dos xogos. 



miércoles, 19 de abril de 2023

INTERCAMBIO POSTAL.

 Este curso o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria está realizando un intercambio postal co alumnado dos mesmos cursos do CEIP Maciñeira de Neda.Recibiron as súas cartas cheos de ilusión a finais de febreiro e agora toca enviar as contestacións.

O día 20 de xuño temos programada unha xornada de convivencia no CEIP Maciñeira para que poidan coñecerse persoalmente.











miércoles, 12 de abril de 2023

“Educar en positivo dende as emocións”

O vindeiro 25 de abril de 16 a 17.30h contaremos cunha actividade para as familias baixo o titulo  “Educar en positivo dende as emocións” da man de Educabonito.

Organizada desde la Fundación Ayuda en Acción en colaboración coa ANPA e o centro educativo queremos que crear un espazo onde compartir inquedanzas e aprendizaxes a partir da Disciplina positiva.

Contamos coa vosa presenza!!!!!

Durante a actividade contaremos cun servizo de ludoteca para as nenas e nenos en función da demanda. Para inscribirse na actividade pode ser a través do formulario ou por teléfono, como indica o cartel.



martes, 11 de abril de 2023

Educación Infantil recibe a visita de estudantes da USC

 O pasado xoves, xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, recibimos no colexio a tres estudantes do Grao de Educación Infantil da USC: Paula, Sara e María.

Fixemos varias actividades para traballar a Educación Emocional e a Lingua, aínda que pode resultar complexo, a experiencia foi moi boa.

Comezamos co grupo de 5 anos cos que desenvolveron actividades derivadas dun conto " Pequeno azul e pequeno amarelo" así como unha proposta de maxia, non vos podedes imaxinar as cousas que saíron tan só cun pano vermello. 


Cos grupos de 3 e 4 anos programaron unha sesión de relaxación moi amena que chamaron " E se...". Aínda que, tamén puideron escoitar o conto, non podían quedar sen coñecelo.



Toca inventar, que podemos facer cun círculo? pois... un montón de cousas. 
Tedes algo en mente ?😊



E para rematar o día, un conto. Co que nos gustan a nós os contos!!😍
Neste caso un conto musical " O gaiteiro e o lobo"; foi todo un éxito.