Mostrando entradas con la etiqueta FESTIVAL OUFF ESCOLA DE OURENSE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FESTIVAL OUFF ESCOLA DE OURENSE. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de abril de 2021

XII CERTAME DE CINEMA OUFFESCOLA



O XII Certame de Cinema Ouff Escola é un concurso convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa SXPL, co obxectivo de potenciar a creatividade audiovisual en galego. Poden presentarse todos os centros públicos, concertados e privados, tanto de Galicia como do exterior, que impartan a materia de Lingua Galega. A inscrición debe formalizarse antes do 5 de xullo. 

Bases Ouff Escola 2021 v2 by veracruces on Scribd

lunes, 16 de noviembre de 2015

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO VI FESTIVAL DE CINE OUFF ESCOLA DE OURENSE

O CPI Virxe da Cela entre os finalistas do VI Certame de Cinema OUFF Escola enmarcado dentro do festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar   a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.


Nesta edición do certamen   concurreron  124 traballos de centros de Enseñanza Primaria e Secundaria de toda Galicia. A entrega de premios tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense o luns  16 de Novembro de 2015.
Noraboa a todos e todas polo traballo realizado e aínda que non acadamos o premio final , xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí.

 Parabéns a todos aos alumnos e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e aos que estabades o ano pasado en 4º ESO que  fuchedes  parte principal na realización deste proxecto.