Xoves 3 abril 2025. Biblioteca Castelao. De 15:10 a 16:25. Emocionante ter traído á nosa escola o espíritu de Rosa e Adolfina Casás, de mán do seu sobriño e neto Richi Casás. Todos/as os que tivemos a sorte de participar desta "obradoiro-fuliada" co músico, poidemos enraizar o noso compromiso coa recuperación e a transmisión do noso patrimonio inmaterial: a música dos nosos/as devanceiros/as.
Esta actividade, organizada polo departemendo de Música e co apoio do Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Castelao, forma parte dun proxecto iniciado este curso, centrado na recuperación e potenciación da música tradicional galega.
Grazas e parabéns tamén a vós. Tiñades todo o tema moi traballado, como non vin en ningún outro centro educativo, e os rapaces atenderon con moito interese as miñas explicacións, videos e música. Valoro máis que ningunha outra cousa o feito de que tocarades e cantasedes durante a sesión, pois por moita teoría que se expoña, ó final o que conta é seguir cantando e tocando xuntos. A razón de ser do canto é a xuntanza, e esta música ancestral chegou ata nós porque serviu para xuntar á xente durante miles de anos. Seguide así, fomentando o canto, e quen sabe, se as institucións educativas nos dan pulo, tamén o baile, outra manifestación, se cadra máis corporal e liberadora, do noso ser. Anímovos moito a facer esa foliada en Casa Lourán, e a que sexan os alumnos e alumnas quen organicen e se mova para formar esa festa. Eu estarei encantado de vos recibir se me é posible, e poñer en práctica outra vez todo o falado na sesión de onte. Aproveitade ao máximo a ese alumnado que tedes no centro que son alumnos de grupos folclóricos. É un tesouro e unha sorte contar con eles, e son un exemplo magnífico para o resto. Unha forte aperta a alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela. Richi.