viernes, 25 de febrero de 2022

CELEBRACIÓN DO ANTROIDO NO CPI VIRXE DA CELA

O alumnado de EI e EP, acompañado polos seus mestres/as, celebraron o Festival de Antroido o pasado venres 25 de febreiro 2022, de 12:00 a 13:00 da mañá. Este ano a temática elixida foi o mundo dos contos, de aí que cada clase veu disfrazada de contos e historias tan famosas como Vaiana, a Sirenita, Buscando a Nemo, Daniela Pirata, etc. Cada grupo, empezando polos máis pequenos, saiu ao escenario realizando a súa propia actuación, na que se conxugaron coreografías, obras de teatro e representacións. Non faltou un guiño á actualidade coa propia adaptación da famosa canción "Terra" das Tanxugueiras a través da interpretación de "A Terra do Xestal: queixas do Entroido". O broche final correu a cabo dun animado grupo de mestras que realizaron un chamativo espectáculo de baile rozando o profesional, con canón de fume incluído! Despois da deliberación, o xurado, formado por nais colaboradoras do comedor escolar, repartiu os premios. E de postre, xa no comedor escolar, degustamos os deliciosos doces de Antroido. 

Premios Antroido 2022;

  • Educación Infantil: Premio ao conto con mellores personaxes
  • 1º EP: Premio ao conto máis creativo
  • 2º EP: Premio ao conto máis realista
  • 3º EP: Premio ao conto mellor versionado
  • 4º EP: Premio ao conto máis divertido
  • 5º EP: Premio ao conto máis reivindicativo
  • 6º EP: Premio ao conto máis orixinal


 











ACTUACIÓN DE MOC-MOC

Xoves 24 febreiro. Educación infantil

lunes, 21 de febrero de 2022

PROXECTO LUPO: COLABORACIÓN COAS FAMILIAS

 Venres 21 de febreiro 2022. Aula UUMM 16:30 18:00





jueves, 17 de febrero de 2022

RISAS E ROCK AND ROLL: MOC-MOC

Luns 14 febreiro 2022. Moc-Moc. Alumnado de 1, 2, 3 e 4º EP

miércoles, 16 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA 2022


O noso centro prepárase ao longo desta e a seguinte semana para render homenaxe á figura de Rosalía de Castro, poeta central e universal dentro da identidade galega.

Ata o de agora, a efeméride celebrábase o 24 de febreiro, día no que constaba o bautismo da autora de Follas Novas, mais a aparición de nova documentación permitíu certificar a data real de nacemento de Rosalía xusto no día anterior.

A SXPL ( Secretaría Xeral de Política Lingüística) achegános unha unidade didáctica sobre Rosalía de Castro para traballar co alumnado de educación secundaria. Ademais, podedes atopar outros recursos relacionados con esta celebración no Portal da lingua galega:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_de_Rosalia/

A continuación deixamos varios documentos con recursos audiovisuais que poden servirvos  para traballar a figura de Rosalía nas vosas aulas.

Videos Rosalia PROxeccion Ruas Centros de Ensino Diversos Publicos (1) by Yolanda Castro López on Scribd

Nena Rosalia Videos Rosalia PROxeccion Ruas Centros de Ensino Diversos Publicos by Yolanda Castro López on Scribd

ACTIVIDADES IGACIENCIA

 


Difundimos  as actividades que ten previsto desenvolver Igaciencia no segundo e terceiro trimestre do ano.

 -Rally Matemático e Científico sen fronteiras 2022 Rally Matemático sen fronteiras 2022. Este ano celebramos a XXX Edición do Rally Matemático sen fronteiras. Participa Proba de centro: prevista para o 22 de marzo de 2022 Premio para cada grupo gañador: Superfinal en Toulouse (Francia) en xuño de 2022 -Exposición 2022, 

-Converxencias Arte e Ciencia: Juan Gris,http://www.igaciencia.eu/index.php/gl/node/377 Ágora, A Coruña, do 25 ao 29 de abril. 

 -Inventa en Galego (con App Inventor) 2022  e Concurso de Sensores para todos 2022. Entorno de desenvolvemento visual de aplicacións para dispositivos Android e un recurso potencial para iniciarse na realización de proxectos de Intelixencia Artificial. 

https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/concurso-sensores-para-todos-2021-22/contenido/1453765520826

XXVI Certame de Poesía Francisco Añón

O Concello de Outres anuncia o XXVI Certame de Poesía Francisco Añón, adicado á honra do máis ilustre literato dese concello, Francisco Añón.

XXVI Certame de Poesía Francisco Añón 2022 by veracruces on Scribd

XOGOS DA INDIA

Este ano participamons novamente no proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer, un intercambio cultural e de tradicións entre o noso centro, o CPI Virxe da Cela, e a Konampalli School (Anantapur, a India). A temática deste ano está centrada nos Xogos e Deportes. Entre varias das actividades e materiais elaborados no noso centro, e que próximamente faremos chegar aos nenos e nenas desa escola da India, destacamos a creación de varios vídeos educativos nos que o alumnado de primaria e da ESO no noso centro explican as bases e funcionamento de varios xogos e deportes, e incluso, os levan á práctica.

13 FEBREIRO 2022: DÍA MUNDIAL DA RADIO

Grazas á UNESCO podemos conmemorar esta data tan especial, O Día Mundial da Radio. Un medio que ten que ser accesible a todos e todas, isto é o que opinan os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela:

jueves, 10 de febrero de 2022

11 Febreiro. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


 

Mujeres Científicas 2022 Alegría Educativa GALEGO by veracruces on Scribd

 
 A continuación compartimos a adaptación da película "Figuras ocultas" baseada na vida da física estadounidense Katherine Johnson , científica espacial e matemática que contribuíu á aeronáutica e aos seus programas espaciais coa aplicación das primeiras computadoras electrónicas dixitais na NASA. Esta curta foi realizada polas alumnas e alumnos do CPI As Mirandas de Ares  no curso 2018. Agora que están a cursar 2º de BAC, desde aquí aproveitamos para desexarlles todo o mellor e animar as rapazas a que contribúan no seu futuro a romper a brecha de xénero no mundo da ciencia e a tecnoloxía.


viernes, 4 de febrero de 2022

ESPECIAL RADIOFÓNICO: ENTREVISTA CO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

  O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira". 

    Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento,  saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.

      Así, Núñez Feijóo destacou a importancia e a impronta do mundo rural,  destacando que “o rural é unha escola por si mesmo, unha escola de aprendizaxe permanente“ por e para a vida. Ademais destacou que nel se conxugan os valores e a cultura do esforzo e da superación. 

    Tamén deu o seu respaldo á escola rural, ao entender que a mesma esta apegada ao medio, ofrecendo múltiples posibilidades de futuro ao seu alumnado, sendo unha escola pública cercana, emocional e de calidade.







GALICIA ÁRTABRA DIXITAL

https://www.galiciaartabradigital.com/archivos/255053


DIARIO DE FERROL

https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/feijoo-destaca-implicacion-virxe-da-cela-programas-educacion-3430301


XUNTA.GAL NOTAS DE PRENSA

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/65809/feijoo-destaca-educacion-igualdad-oportunidades-como-pilar-imprescindible-para?langId=es_ES


COPE GALICIA

https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/ferrol/ferrol-comarcas/noticias/feijoo-asegura-monfero-que-educacion-pilar-imprescindible-para-rural-que-vivir-20220204_1769798



jueves, 3 de febrero de 2022

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

 

A Escola Galega de Administración Pública convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022