viernes, 26 de enero de 2024

ENTROIDO 2024

SEGUNDA VIDEOCONFERENCIA CO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID)

 Proxecto Mentoractúa-Observa_Acción. Venres 26 de xaneiro 2024


A pesares das dificultades técnicas das nosas compañeiras do CEIP Pintor Rosales (Madrid), fumos quen de establecer comunicación por videoconferencia a través da ferramenta BigBlueButton que ofrece a Aula Virtual do Servizo de Programas de Formación. Esta é a segunda das videoconferencias que realizamos con 





AULA VIRTUAL SERVIZO DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN

viernes, 19 de enero de 2024

TERCEIRO PREMIO INNOVAGAL 2023-2024 PARA O CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA

Parabéns a todo a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, xa que a A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24. O noso centro resultou premiado na categoría B,  correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, concretamente acadando o Terceiro Premio. 

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela fíxose co terceiro premio grazas ao seu proxecto de centro Monferosolidario, cunha aposta como  Unha Escola no Medio e Para o Medio, que ten o obxectivo de mellorar a calidade educativa e dar resposta ás necesidades identificadas polo claustro. As actuación abarcan ámbitos de organización, de mellora das competencias lingüísticas, matemáticas e dixitais, e traballan aspectos emocionais e hábitos de vida saudable e desenvolvemento sostible, entre outras.


Resolucion Innovagal Asinada Cotexado 23 24 by veracruces on Scribd

VIDEOCONFERENCIA CO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID): PROGRAMA MENTORACTÚA-OBSERVA_ACCIÓN

 Xa inmersos nesta nova etapa, a Fase III interautomómica do Programa Observa-Acción, denominada "Conecta", na que o noso centro está emparellado co CEIP Pintor Rosales da Comunidade de Madrid (Programa Mentoractúa), e despois de varias comununicacións escritas, por fin verémomos as caras, aínda que sexa a través dunha pantalla. O venres 19 de xaneiro de 2024, ás 11:30 horas, realizamos a primeira reunión en videoconferencia, a través da ferramenta ferramenta BigBlueButton integrada na «Aula Virtual: Servizo de Programas de Formación», plataforma dixital que serve de apoio para xestións organizativas nesta fase do proxecto. Foi unha primeira toma de contacto, na que xa abordamos aspectos tan fundamentais como as datas das mobilidades. Afondaremos moito máis o vindeiro  venres 26 de xaneiro, data prevista para a segunda das videoconferencias. 





viernes, 12 de enero de 2024

Pegada ecolóxica: responsabilidade persoal e social.

 

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.

Coa participación do alumnado de 5º e 6º curso da Ed. Primaria no programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido polo CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, pretendemos sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.

Imaxe do desenvolvemento do primeiro dos obradoiros co alumnado de 5º curso da Ed. Primaria

Son dous obradoiros onde, no primeiro  contaremos cunha sinxela e amena exposición, as causas e consecuencias do cambio climático, as súas evidencias en Galicia, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos.

No segundo trataremos a pegada ecolóxica, onde cada un/unha da nosa rapazada calculará a súa pegada mediante un sinxelo test recollendo datos da vida cotiá.  Cos resultados debateremos para que cada persoa poña en valor  a importancia de minimizala.

15 EDICIÓN CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO

 


“A imaxinación é a intelixencia divertíndose”. E que razón tiña Albert Einstein. Na 15.ª edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto queremos seguir axudando a desenvolver habilidades e escoitando a voz dos mozos e mozas, unha voz que é moito máis que unha voz escrita, é a voz dunha xeración que se propón reformular o mundo que nos rodea. En definitiva, volvemos unha edición máis para escoitar a quen vai encarnar a voz do planeta. E con este propósito, entusiásmanos compartir convosco a apertura das inscricións desta nova edición. Atoparedes o formulario na web de Fundación Coca-Cola e, como en anteriores edicións, poderedes inscribir ata 5 alumnos por clase que estean a cursar 2.º da ESO e así participar na proba escrita de marzo, que se desenvolverá en formato dixital.

martes, 9 de enero de 2024

Visita ao MUNCYT

Este pasado mércores 24 de xaneiro, o alumando de 2º ciclo foi de excusión ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). Nesta visita descubrimos o interior dun avión (que ademais foi o avión que transportou ao Gernika!), coñecemos tamén a dous robots, vimos a antiga luz do faro da Torre de Hércules e para rematar fixemos un superobradoiro de matemáticas! 

Ao saír sacamos unhas fotos de grupo e descubrimos que existen as granxas de peixes! Sacamos a foto ao carón da cetárea.












lunes, 8 de enero de 2024

O CPI VIRXE DA CELA NA REVISTA EDUGA

No volume 86 (xullo-decembro 2023) da revista EDUGA (Revista Galega do Ensino) aparece publicado o artigo "Deseño do comercio ideal para a nosa contorna: Flowers Coruxou, SL. Unha idea de negocio premiada no certame I-Comercio: Deseña o teu comercio ideal! da Xunta de Galicia". Compartimos este texto con toda a comunidade educativa para divulgar o traballo realizado polo alumnado do noso centro. 

https://www.edu.xunta.gal/eduga/2558/proxeccions/deseno-do-comercio-ideal-para-nosa-contorna-flowers-coruxou-sl

O podcast Flowers Coruxou, SL, realizado por alumnado de terceiro da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no curso 2022/23 no certame I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar a mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneira e innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente.


Deseño Do Comercio Ideal Para a Nosa Contorna_ Flowers Coruxou, SL by veracruces on Scribd