viernes, 22 de marzo de 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024: FRANCISCO ASOREY

Con motivo da conmemoración do 1 de abril, Día das Artes Galegas 2024, o profesorado de diferentes centros escolares coruñeses elaborou un interesante material para dar a coñecer a figura e o legado do autor homenaxeado este ano, o escultor cambadés Francisco Asorey. O traballo inclúe unha unidade didáctica e varias actividades interactivas en formato Genially.

Asorey Artes Galegas 2024 by veracruces on Scribd

miércoles, 20 de marzo de 2024

4º EI: PROXECTO SOBRE A HISTORIA FAMILIAR A TRAVÉS DA FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL

Bo día familias. Neste trimestre estivemos a traballar a familia a través da fotografía documental dos nosos alumnos/as.

Primeiro, fixeron unha árbore xeneralóxica sobre a súa familia, explicando os seus membros, a súa relación e falamos dos diferentes tipos de familias. Para fomentar a narrativa visual, creamos monicreques con fotografías dos seus familiares e elaboraron unha historia nun teatro de sombras.

Logo, con fotos antigas sobre o seu seo familiar, as familias relataban quen eran os seus antepasados. Despois, eles mesmos explicaron isto para os seus compañeiros e a comunidade educativa dende Radio Xesteira. A continuación, adxuntamos a ligazón para que poidades escoitalos de forma detallada, son uns faladores/as!

Audios 4º EI - Radios Xesteira 

 A isto, engadimos a creación dunha historia modular, realizada con imaxes das súas casas e casas abandonadas da zona, enriquecendo o patrimonio cultural da zona. 

Con todo este traballo mesturando a creatividade, a fotografía e o patrimonio familiar e cultural da zona damos por finalizado este proxecto.

Para o vindeiro trimestre investigaremos sobre...os oficios! 

Agardamos que vos guste!

lunes, 18 de marzo de 2024

VISITA AO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID): PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN MENTOR-ACTÚA

Cinco docentes do CPI Plurilingüe Virxe da Cela visitaron o CEIP Pintor Rosales, na comunidade autónoma de Madrid (xoves 14 de venres 15 de marzo de 2024), dentro do Programa Observa-Acción  (Galicia) e Mentor-Actúa (Madrid). Durante as xornadas do xoves e do venres estas docentes visitaron as instalacións, realizaron observacións nas aulas, coñeceron os proxectos máis destacados deste centro madrileño e intercambiaron reflexións co profesorado do CEIP Pintor Rosales. No mes de abril o CPI Virxe da Cela exercerá como centro anfitrión, dándolle a oportunidade a un grupo de cinco docentes do CEIP Pintor Rosales de coñecer o noso contexto educativo. A través de esta experiencia de intercambio trataremos de descubrir elementos que servan para transferir na nosa práctica docente e así mellorar a calidade do noso traballo para que repercuta no conxunto. 








Planificación Mentor Galicia 14 y 15 Marzo by veracruces on Scribd

martes, 12 de marzo de 2024

REUNIÓN OBSERVA-ACCIÓN

 Profesorado do CPI Virxe da Cela participante no Programa Observa Acción que realizará próximamente (13, 14 e 15 de marzo de 2024) a visita ao CEIP Pintor Rosales (Madrid). Reunión para preparativos. 



lunes, 11 de marzo de 2024

TRANSFORMACIÓN DE CENTROS EDUCATIVOS. ESTRATEXIAS E PROXECTOS INNOVADORES

 Escola Galega de Administración Pública Sábado 9 de marzo de 2024 . Esta xornada forma parte do itinerario de innovación. O itinerario enmárcase  dentro dun paradigma de innovación sistémica que parte da base de que a  transformación significativa só se pode levar a cabo coa colaboración e compromiso  de todos os axentes para traballar en equipo e facer do centro unha organización para  a aprendizaxe. 

Nesta actividade formativa amosaranse prácticas educativas innovadoras e  procesos de colaboración susceptibles de ser adaptados e levados á práctica noutros centros educativos.

10:15 MESA REDONDA: Innovación educativa. 
Un proceso de transformación sistémico Ainara Zubillaga Del Río Directora de Educación e Formación da Fundación COTEC (moderadora) M.ª del Camino Pereiro González Directora do CPI Virxe da Cela. Monfero, A Coruña . Ana Mª Hernández Revuelta Xefa de estudos do IES Julio Verne. Leganés, Madrid 
Georgeta Ion Profesora no departamento de Pedagoxía.






jueves, 7 de marzo de 2024

LUÍSA VILLALTA NO PORTAL DA LINGUA GALEGA

No Portal da lingua galega xa está dispoñible un novo espazo dedicado a Luísa Villalta, a escritora que será homenaxeada o Día das Letras Galegas do 2024: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas. Alén da súa biografía, poderedes atopar diversos recursos que están a elaborar nos centros educativos, entre eles os do Seminario Galán.

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas



MELLOR CANCIÓN GALEGA E PORTUGUESA DO ANO


Ata o 27 de marzo está aberto o prazo para que poidades votar en liña a mellor canción galega e portuguesa do ano 2023 en https://aritmar.gal/, dentro do proxecto aRi[t]mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, co apoio da SXPL. Como sabedes, esta iniciativa busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous territorios. 



INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 Convocatoria para realizar proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística da SXPL.

Convocatoria PIDL 2023 2024 by veracruces on Scribd

LINGUA DE NAMORAR

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convocan unha nova edición de Lingua de Namorar. Este certame de declaracións de amor que busca dinamizar o galego entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en Internet, está destinado a persoas con idades de 14 a 35 anos e establece tres categorías, unha delas exclusiva para Instagram. A data límite de recepción das mensaxes será o 1 de abril de 2024.

Bases Lingua de Namorar 2024 by veracruces on Scribd