miércoles, 30 de noviembre de 2022

"ARGALLANDO": CREACIÓN LIBRE CON MATERIAL NATURAL

Miudiño S.Coop.Galega impartiu ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO un interesante obradoiro o pasado martes 29 de novembro de 2022.  “Argallando” foi un obradoiro de liberdade creativa absoluta, no que a cativada aprendeu que ten a posibilidade, por si mesma, de transformar, modificar e crear os seus xoguetes, artefactos e demais inventos. Presentouse unha morea de material natural e ferramenta de verdade para que os nenos e nenas participantes deciciran que querían facer, como, canto e par qué. O coñecemento do risco tórnase elemento indispensable na aprendizaxe da manipulación da ferramenta. Só aprendendo a manexar lixas, punzón, serriñas, martelos…, podemos proporcionarlle á nosa cativada a liberdade necesaria para facer dos seus soños realidade. Nenos e nenas entrégaronse á causa, e sendo donos do seu tempo e corpo, foron quen de facernos reflexionar sobre a necesidade de confianza e asunción de riscos para o seu desenvolvemento e diversión.





sábado, 26 de noviembre de 2022

25N PODCAST RADIOFÓNICO

 Para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de educación primaria elaborou este podcast radiofónico, realizado grazas aos obradoiros de radio impartidos por Sergio Pascual.




viernes, 25 de noviembre de 2022

CPI VIRXE DA CELA FINALISTA EN "DIGOXO EU"

 



Xa temos finalistas nos concursos do #DígochoEu 🥳 #galego #Galicia , entre eles... o CPI Virxe da Cela!! Parabéns!!




jueves, 24 de noviembre de 2022

"PROGRAMANDO O UNIVERSO" E "COIDANDO DAS NOSAS AVES"

 O xoves 24 de novembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nestes talleres de programación informática básica ofrecidos polo equipo do Servizo Educativo Afundación.

A través dos pequenos dispositivos educativos Micro : bit e os programas abertos de programación mediante bloques Scratch e Makecode, melloraron a súa competencia dixital ao mesmo tempo que adquirían novos coñecementos sobre o universo (4º e 5º) ou sobre o coidado da aves (6º).




lunes, 21 de noviembre de 2022

FLOWERS CORUXOU S.L.

O CPI Virxe da Cela presenta  proposta "Flowers Coruxou S.L" ao concurso I-Comercio: Deseña o teu comercio Ideal. Foron varias semanas de traballo intenso tanto nas materias de Xeografía e Historia como en Educación Dixital, nas que o alumnado de 3º da ESO, dividido en dous grupos, ideaba a súa proposta de comercio ideal. Un dos grupos é o autor de "Flowers Coruxou S.L", unha idea de negocio floral que cabalga entre a tradición e a modernidade. O produto final elaborado para o concurso é un podcast radiofónico. Estoitade atentos e deixade voar a vosa imaxinación. Moita sorte aos participantes. 




martes, 15 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO



     O mércores 16 celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO e desde Ponte...nas ondas! convidamos a que os centros o celebren con algún programa de radio/vídeo que poden enviar posteriormente ao portal ESCOLAS NAS ONDAS.

     Tamén podedes seguir en directo en liña desde a web de PNO! o propio evento do 16N que celebrararemos no Centro Cultural de Valadares, en Vigo. Alí entregaranse os premios do 5º Certame AS IMAXES DO PATRIMONIO que será retransmitido pola web de Ponte...nas ondas! Ao acto asistirán os gañadores dos centros educativos de toda a Eurorrexión, lerán os textos coa proxección das imaxes e a audición dos podcasts. Tamén haberá unha actuación musical con temas do patrimonio inmaterial galego-portugués. Participará no acto a Ministra de Educación, Pilar Alegría, o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, a directora xeral do Patrimonio Cultural, Carmen Martínez Insua, e a a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

     E recordámosvos que na web de PNO! tedes tamén materiais didácticos moi útiles para traballar nas aulas nesta semana do Día Mundial do Patrimonio, entre outros:

        ◦ O libro dixital interactivo Memoria e Patrimonio: http://pontenasondas.org/memoria-e-patrimonio/

        ◦ Test, trivial, interactivas sobre xogos tradicionais, descargables e interactivos sobre o ciclo anual do patrimonio, actividades sobre lingua, artesanía, oficios etc: http://pontenasondas.org/recursos/ 

       Un saúdo e grazas pola vosa colaboración! 


PNO! Modelo de Boas Prácticas by veracruces on Scribd

lunes, 14 de noviembre de 2022

OBRADOIRO RAPEANDO

    O venres 11 de novembro de 2022 o alumnado de 3º e 4ª de Educación Primaria tivo a oportunidade de iniciarse  na creación poética e musical grazas a este obradoiro a cargo de Esther F. Carrodeaguas e Juanma Lodo. 

   A actividade, incluída dentro do programa "21 días co galego", desenvolveuse inicialmente en dous grupos, un por cada curso, que traballaron por quendas cos artistas para finalmente xuntarse e facer unha posta en común.

     Cada aula logrou crear unha reivindicativa composición que moi pronto poderemos gozar.









martes, 8 de noviembre de 2022

PEGADAS DO NOSO

    Con este obradoiro dinamizado por Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural e, en concreto, por Nerea, o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria fíxose experto no noso patrimonio (martes 8 novembro 2022). Aprenderon a diferenciar entre o patrimonio material (como os edificios) e o inmaterial. Da man "da avoa Rosa" afondaron no coñecemento da nosa cultura a través de diferentes probas e retos. 

    Falaron do traxe tradicional (identificando os nomes das diferentes prendas: polainas, mandil, mantón...), dos contos de tradición oral (da santa compaña ou do lobishome), da mitoloxía (o basilisco, o nubeiro, o morralleiro ou home do saco, os trasnos..) e das cantigas. Todos e todas gañaron un carné especial que os acreditou como investigadores expertos da nosa cultura. Sen dúbida, esta proposta foi perfecta para achegar á rapazada a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial.











viernes, 4 de noviembre de 2022

DESEÑANDO O COMERCIO IDEAL PARA A NOSA CONTORNA

      O Concurso “I-Comercio: Deseña o teu comercio ideal”, posto en marcha este primeiro trimestre do curso 2022-2023 a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades (Xunta de Galicia) será o motor dun proxecto de colaboración no CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) entre as materias de Educación Dixital e Ciencias Sociais no curso de 3º da ESO. 

     Os materiais editados pola Xunta de Galicia para o concurso servirán para traballar no diseño dun proxecto que conciencie ao noso alumnado da importancia do comercio local sostible desde un enfoque innovador en canto ao uso das novas tecnoloxías e a dixitalización. 

     Nas clases de Ciencias Sociais o alumnado estase a mergullar no mundo dos sectores económicos e, dividido en dous grupos, está abocetando cadansúa proposta. A proposta dun grupo está centrada nun negocio floral, e a do outro grupo (formado 5 alumnos/as que cursan ademais a optativa de Educación Dixital) nun proxecto de empresa de ocio e tempo libre que deseña e oferta rutas motorísticas polas Fragas do Eume, tratando de sacarlle o máximo partido á riqueza da nosa contorna, respetando e valorando e promocionando o noso patrimonio.




XV XORNADA DE RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO

 Recursos educativos sobre o Camiño de Santiago

Recursoseducativos2022 Programa by veracruces on Scribd


XV Xornada de recursos educativos en galego. Facultade de Ciencias da Educación, 3 de novembro de 2022. A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XV Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada aos recursos educativos que toman como punto de partida ou eixe temático o Camiño de Santiago.

Participación de Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico). Expoñendo diferentes prácticas nas que se amosaba ao alumnado o Camiño de Santiago desde unha perspectiva pedagóxica. No caso do CPI Plurilingüe Virxe da Cela se presentou o podcast sobre "O Camiño", poñendo en valor a comunidade educativa, as interrelacións entre membros da comunidade( por exemplo Mario Cotelo que veu falar sobre o patrimonio que hai no Camiño), a concepción e a e consciencia que ten o alumnado da capacidade da súa contorna, das posiblidades do rural, todo isto sumado ao proceso de participación, busca de información, traballo en equipo, creatividade. Todo isto partindo dun proxecto de centro, neste caso do Xogo da Oca do Camiño, proposto pola mestra Carmen Espiñeira co seu alumnado. Especie de concurso podcastiano tratando de achegar o xogo á comunidade (participación das familias)










miércoles, 2 de noviembre de 2022

A FESTA DO MEDO

Venres de Samaín na escola.

Os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron a unha particular “festa do medo”.

Entre unha terrorífica instalación que daba comezo á festa e unha música ambiente do máis arrepiante, os peques gozaron dunha xornada ben particular.

É máis, estes convidados vestían un tanto raro. Pois había bailes con esqueletes, vampiros bailaríns, cabazas andantes, bruxas cun gran sorriso...

Dálle ao “play” se tes curiosidade...

https://youtu.be/XrprghbCclc

 A festa rematou cunha rica merendola: zumo de sangue, ollos de monstruos, ricas cabazas de chocolate, arañas doces, tortiñas de millo arrepiantes...

Estades todos e todas convidados a do próximo ano.

Deica outra!

EN INFANTIL, TEÑEN MOITO QUE CONTAR!

 Na etapa de Educación Infantil están aproveitando ao máximo os novos espazos. Comezaron con moita enerxía este novo curso.

Seica agora falan de ambientes de aprendizaxe.

Que será iso?

Tranquilos!!! é algo moito máis sinxelo do que pode soar.

Desfrutar con propostas lúdicas nos diferentes espazos nos que podemos experimentar, sentir, facer, construír, deseñar, observar, crear, manipular...e sobre todo APRENDER XOGANDO.

Doado, non si?

Pois ben, este primeiro mes dedicárono ao outono facendo unha morea de actividades con elementos naturais.

Comezando por minimundos con animais e elementos naturais que recolleron da contorna, pasando por creacións propias con arxila, simetrías e trazos, experimentación sensorial, xogos de luces con siluetas de follas e cores, retroproxección de elementos típicos da estación...ata un bingo do outono e clasificacións de froitos secos.

En definitiva, tempo para poder gozar coñecendo cousas novas desta época do ano.

Velaquí unha mostra do noso traballo nos espazos.


E isto só é o principio...queda moito por diante!

Seguiremos mostrando o noso traballo.