jueves, 30 de noviembre de 2023

MÚSICA GALEGA ACTUAL E CANTANTES DA NOSA TERRA

 

Despois de escoitar o fabuloso podcast do alumnado do CPI As Mirandas de Ares titulado "Somos un pobo de artistas", a rapazada do CPI Virxe da Cela tamén quixo dar a súa réplica. Neste caso, en lugar dun proxecto coral, realizado colaborativamente entre varios rapaces e rapazas e cunha incrible postprodución, igualmente válida é esta proposta de autor realizada por un alumno de 3º da ESO. Esperamos que Marcos Garabana sega animándose a utilizar a radio como ferramenta para a difusión da nosa cultura e do noso patrimonio, nunha nova canle, Radio Muni-Fero FM! Completamos esta entrada coa proposta visual de realizada polo alumno de 2º da ESO Nuno González Pérez, abordando contidos similares. 

 

Música Galega Actual by veracruces on Scribd

miércoles, 29 de noviembre de 2023

INICIAMOS A IIIª FASE OBSERVA ACCIÓN

Reunión online. Mércores 29 novembro 2023. Formato online (ferramenta BigBlueButton da aula virtual Moodle do Servizo de Programas de Formación da Xunta de Galicia).

Nesta terceira fase o programa Observa-Acción da comunidade autónoma de Galicia fai o seu hermanamento co programa Mentor-Actúa da comunicade autónoma de Madrid. En concreto, ao noso centro, o CPI Virxe da Cela, asignóuselle o CEIP Pintor Rosales. centro madrileño onde se imparten os niveis de educación infantil e educación primaria e que comparte connosco o seu máximo sinal de identidade: a educación en valores e o respecto. Seguro que vai ser unha experiencia moi enriquecedora para ambos centros e que revertirá positivamente, sen dúbida, nas nosas prácticas educativas e na nosas nosas comunidades educativas.

Nesta primeira reunión de toma de contacto abordáronse unha serie de puntos introdutorios para dar a coñecer aos centros participantes tanto a estructura cronolóxica do programa como a plataforma virtual moodle que servirá de guía para o mesmo. E aínda que de xeito moi breve, un/unha representante de cada un dos centros galegos e madrileños participantes tivo a oportunidade de expoñer de maneira breve as características máis salientables dos seus centros e que expectativas teñen do programa. Esperemos que se vexan cumplidas!








Productos de proximidade e ecolóxicos para aprender a aprender.

Este curso escolar formamos parte da campaña “Come Local”  da  Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e xestionada por  Slow Food Compostela. A través dela, comedores escolares de varios centros educativos poderán acceder  a produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. A mesma,  inclúe formación e asesoramento tanto para o persoal de cociña como para os equipos directivos e ademais, obradoiros para o alumnado.

Neste caso, o alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria veu a importancia da biodiversidade agrícola e o papel que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local.


Toda unha actividade de valoración do medio natural que ven acompañada de materiais explicativos das  froitas e verduras que temos en cada tempada en Galicia para o comedor.


Imaxe do obradoiro realizado co alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria

lunes, 27 de noviembre de 2023

A GABETA DO MUPEGA



O Museo Pedagóxico de Galicia pon a disposición dos centros e do profesorado distintos recursos dixitais agrupados na “Gabeta do MUPEGA”, xa dispoñible para este curso 2023/24 e totalmente gratuíta. 

A Gabeta do MUPEGA é un compendio de materiais didácticos en distintos formatos (interactivos, vídeos, presentacións...) cos que traballar na aula contidos relacionados coa historia da educación e do mundo da infancia en Galicia. Este materia está dirixiado a centros e profesorado de Educación Primaria e Secundaria, e a maior parte dos recursos que contén a Gabeta poden ser empregados nas aulas como complemento á visita ao museo ou independentemente dela. 

Na web do museo pódense consultar os contidos dispoñibles: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/recursos-dixitais-para-aula 

Para solicitala hai que cumplimentar o formulario online dispoñible na web do Museo: https://mupega.edu.xunta.gal/solicitude-de-recursos-dixitais-para-aula

Contidos 2023-24 - Educación Primaria by veracruces on Scribd

Contidos 2023-24 - Educación Secundaria by veracruces on Scribd

lunes, 13 de noviembre de 2023

SEMENTEIRAS

Hoxe tivemos no centro a actividade PAISAXES BIBLIOGRÁFICAS  deseñada para favorecer o gusto pola lectura e dar valor a súa relación co medio natural.

Desta forma, a  través dunha selección de títulos de literatura infantil e xuvenil especialmente pensados con esta fin  e relacionados co noso territorio descubrimos novas formas de ver o mundo, a través das metáforas, dos recursos poéticos, da ilustración, da identificación coas personaxes e os mundos que a habitan.

A actividade tivo lugar na biblioteca e a persoa que  a realiza á actividade, Sonia Hermida,  Al otro lado Asociación de familias lectoras empregou  material de refugallo (folios xa usados, anacos de papel, botóns, cartón, chapas, cordeis, lazos, envoltorios de paquetes...) e tamén, elementos naturais da nosa contorna recollidos nun paseo que se realizou en familia polo alumnado de 3º e 4º curso, destinatarios da actividade

 Luns 13 novembro 2023, na Biblioteca Castelao. Dúas quendas (3º EP de 09:45 a 11:30 e 4º EP de 12:00 a 13.50). 

Sementeira, Proxecto Terra. 







                                                       Imaxes propias da actividade.

PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL E EDUCACIÓN

No mes de novembro celebrarase en Outrense o Congreso Internacional PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL E EDUCACIÓN: PONTE ENTRE ESCOLA E SOCIEDADE.  En paralelo ao congreso, haberá 2 exposicións na Facultade de Educación e Traballo Social (Edificio de Ferro) de Ourense,  visitables durante o mes de novembro:

* Bens do patrimonio cultural inmaterial  de España inscritos na UNESCO

* Memoria e patrimonio: 25 traballos do Certame "As imaxes do patrimonio"

* Na Praza Maior, o 16 de novembro (Día Internacional do Patrimonio), xogos tradicionais. 


Progr Galego Web by veracruces on Scribd