Mostrando entradas con la etiqueta premio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta premio. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de mayo de 2025

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME DE POESÍA E RELATO CURSO CANCIONEIRO DE MONFERO

PREMIO `CANCIONEIRO DE MONFERO´ DE POESÍA E RELATO CURTO DO CPI VIRXE DA CE_20250429_221541_0000 by veracruces


Este ano, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co departamento de Lingua Galega e Literatura, decídese organizar un certame literario no centro co fin de seguir poñendo en valor a nosa lingua e achegar o alumnado aos distintos xéneros literarios. O I Certame Cancioneiro de Monfero de Poesía e Relato Curto pretende ser o primeiro de moitas edicións vindeiras nas que as rapazas e os rapaces do centro poidan expresar a súa creatividade a través da literatura en lingua galega.


Aproveitando a ocasión da celebración do Día das Letras Galegas e a xornada festiva no centro,  entregamos os premios deste I Certame Cancioneiro de Monfero ao alumnado galardoado:


2º premio da categoría 5º e 6º de Primaria para:
EVA OTERO GARCÍA
(30 euros para material escolar e un detalle do centro)


1º premio da categoría 5º e 6º de Primaria para:
ICÍA SECO ABEAL
(60 euros para material escolar e un detalle do centro)


1º premio da categoría SECUNDARIA B para:
MARCOS GARABANA TOJEIRO
(60 euros para material escolar e un detalle do centro)

Ademais, este día de celebración da transmisión da nosa cultura e do noso patrimonio inmaterial, tamén quixemos facerlle un pequeno recoñecemento á nosa Auxiliar de conversa, Valeria Lía, pois con ela tamén viaxará a nosa cultura alén do mar despois de beber das nosas fontes máis tradicionais.
Que vivan as transmisoras da cultura galega!!!


lunes, 5 de febrero de 2024

PREMIO ANUAL OTERO PEDRAYO

A Fundación Otero Pedrayo, co apoio da SXPL, convoca o Premio anual para estudantes de ESO e bacharelato, co fin de contribuír ao coñecemento da figura e obra do escritor e de perpetuar a súa memoria. O prazo para participar e entregar os traballos, tanto na categoría individual coma na de grupo, remata o 30 de marzo. Tedes as bases en: 

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0185/premio-anual-otero-pedrayo-para-estudantes-eso-bacharelato.




Bases PremioOteroPedrayo 2024 by veracruces on Scribd

viernes, 19 de enero de 2024

TERCEIRO PREMIO INNOVAGAL 2023-2024 PARA O CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA

Parabéns a todo a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, xa que a A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24. O noso centro resultou premiado na categoría B,  correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, concretamente acadando o Terceiro Premio. 

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela fíxose co terceiro premio grazas ao seu proxecto de centro Monferosolidario, cunha aposta como  Unha Escola no Medio e Para o Medio, que ten o obxectivo de mellorar a calidade educativa e dar resposta ás necesidades identificadas polo claustro. As actuación abarcan ámbitos de organización, de mellora das competencias lingüísticas, matemáticas e dixitais, e traballan aspectos emocionais e hábitos de vida saudable e desenvolvemento sostible, entre outras.


Resolucion Innovagal Asinada Cotexado 23 24 by veracruces on Scribd

miércoles, 11 de octubre de 2023

VI PREMIOS DE PODCASTS XOSÉ MOSQUERA PÉREZ "O VELLO DOS CONTOS"

 O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan os VI Premios de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”. 

Bases 6ovdc 1 by veracruces on Scribd

viernes, 10 de febrero de 2023

PREMIO "I-COMERCIO": PANTALLA TÁCTIL INTERACTIVA

Participar no concurso "I-Comercio: Idea o teu comercio" tivo a súa recompensa, non so a nivel persoal para o alumnado de 3º da ESO  pola aprendizaxe adquirida deseñando as súas propostas, ou para Iria, Lucía, Silvia e Diego que estiveron na gala de entrega de premios na gala que tivo lugar en Santiago o 16 de xaneiro de 2023. Agora toda a comunidade educativa poderá disfrutar dunha pantalla táctil de última xeración que será colocada na Aula Ferraganchos  ofrecendo unha experiencia interactiva incrible!

O podcast “Flowers Coruxou S.L”, unha idea de negocio floral no que se conxugan tradición e modernidade, presentada en formato radiofónico, realizado por estes catro alumnos/as de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no concurso I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar á mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneir a innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente. 



lunes, 16 de enero de 2023

O CPI VIRXE DA CELA PREMIADO NO CONCURSO I-COMERCIO






O podcast “Flowers Coruxou S.L”, realizado por catro alumnos/as de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no concurso I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar á mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneir a innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente. 

O luns 16 de xaneiro de 2023 acudiron ao acto de entrega dos premios que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, acompañados polas súas profesoras de Ciencias Sociais e Educación Dixital, encargadas da supervisión da proposta. "Flowers Coruxou S.L." é unha idea de negocio floral no que se conxugan tradición e modernidade, presentada en formato radiofónico. 



LIGAZÓN Á NOTA DE PRENSA



viernes, 19 de enero de 2018

XORNADA LITERARIA COCACOLA

     A Fundación Cocacola coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de convocar a 10.ª edición do Concurso Coca-cola Novos Talentos Premio Relato Curto! para o alumnado de 2.º da ESO. A inscrición debe facela o profesorado de Lingua e Literatura logo de seleccionar dous novos talentos por cada clase. A data da proba escrita será o venres, 9 de marzo. Aqueles docentes que inscriban o seu centro no concurso poderán participar na xornada literaria para o profesorado que terá lugar o venres, 2 de febreiro, no salón de actos do Pazo de San Roque coas escritoras Ledicia Costas e Rosalía Fdez. Rial. O prazo de inscrición nesta xornada remata o venres, 26 de xaneiro de 2018.




miércoles, 17 de junio de 2015

O ROUBO DE PONTENOVA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Virxe da Cela recomenda a lectura deste interesante relato de Clara Brage, estudante de 5º de primaria. Ten todos os ingredientes para enganchar ao lector: un argumento interesante, unha boa dose de intriga, personaxes ben curiosos, unha trama que se vai desenmarañando pouco a pouco e un final sorprendente! Sabemos que tamén encandilou ao xurado do concurso literario "O Facho", resultando finalista do mesmo. Parabéns, Clara, por todo o teu talento e ánimo para continuar desenvolvendo a túa carreira de escritora!




miércoles, 22 de abril de 2009

CONCURSO MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

Venres 8 de Maio de 2009


MODALIDADE EDUCACIÓN INFANTIL

O Xurado determinou otorgar un premio colectivo a repartir en Educación Infantil

MODALIDADE EDUCACIÓN PRIMARIA
Marcapáxinas finalistas:
Sheila Buyo Collazo (4º Ed. Primaria); Aldara (1º Ed. Primaria); Nerea (3º Ed. Primaria); Elisa Fernández Martínez (6º Ed. Primaria); Martín Cortizas Suárez (5º Primaria)

Marcapáxinas gañador:
Sergio García Coira (2º Ed. Primaria)

MODALIDADE EDUCACIÓN SECUNDARIA

Marcapáxinas finalistas:
Lorena Varela (1º E.S.O.), Luz Mery Barral (2º E.S.O.), Lucía Pérez (4º E.S.O.)
Marcapáxinas gañador:
Saray Fernández Mosquera (3º E.S.O.)











23 de Abril de 2009



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, en colaboración co equipo Monferosolidario, propón a seguinte actividade para conmemorar o Día do Libro:


O próximo 26 de Abril, Día do Libro, o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir. A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá a educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.


Descrición da actividade:



  • Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.)

  • O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos nos taboleiros do centro, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria.

Un xurado elixirá os mellores traballos, e decidirá as obras grañadoras na categoría de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. O Equipo de Normalización E Dinamización Lingüística farase cargo dos premios.

martes, 24 de marzo de 2009

PREMIO XORNALÍSTICO "MANUEL RAIMÓNDEZ PORTELA"




24 DE MARZO DE 2009


Acuse de recibo das bases da XIV Edición do Premio Xornalístico “Manuel Raimóndez Portela”. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios e colgadas no blogue do ENDL Xesteira-Online, para a súa difusión.

PREMIO DE POESÍA "AVELINA VALLADARES"




24 DE MARZO DE 2009

Acuse de recibo das bases do XIII Premio de Poesía “Avelina Valladares”. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios e colgadas no blogue do ENDL Xesteira-Online, para a súa difusión.

PREMIO DE NOVELA "M. GARCÍA BARROS"




24 DE MARZO DE 2009


Acuse de recibo das bases da XXI Edición do Premio de Novela “M. García Barros”. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios e colgadas no blogue do ENDL Xesteira-Online, para a súa difusión.

LINGUA DE AMOR

24 DE MARZO DE 2009

Acuse de recibo das bases do concurso de cancións e declaracións de amor Lingua de Amor. Enviado pola coordinadora territorial de ENDL. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios e colgadas no blogue do ENDL Xesteira-Online, para a súa difusión. Tamén se entregará unha copia das bases ao Departamento de Lingua Galega.






LINGUA DE AMOR 2009

miércoles, 18 de marzo de 2009

XIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO "ÁNXEL CASAL"

16 DE MARZO DE 2009


Acuse de recibo das bases da XIV Edición do Premio Literario Ánxel Casal. Departamento de Educación e Xuventude do Concello de Santiago. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios, para a súa difusión entre o alumnado.

V PREMIO DE ROSALÍA DE CASTRO PARA EXPERIENCIAS PEDAGÓXICAS

4 DE MARZO DE 2009

Entrega de información ao Departamento de Lingua Galega: bases do V Premio de Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas; Campaña En Galego, tes todo por vivir, Política Lingüística.