martes, 19 de septiembre de 2023

Os fungos nos nosos bosques

Hoxe contamos cunha actividade moi especial: tres obradoiros para coñecer a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques. O seu punto de partida foi a exposición “Wood Wide Web, a rede que dá vida a o planeta”. Desta forma, o alumnado de 4º, 5º e 6º curso da etapa da Ed. Primaria tivo a oportunidade de aprender dunha forma amena un montón de aspectos significativos dos fungos que nos rodean ao tempo que valoraban a súa importancia para o ecosistema. Tamén, as pautas básicas da súa recollida.

                               
                                            Imaxe autoeditada dun dos momentos do obradoiro (4º curso da Ed. Primaria)
                                          Imaxe autoeditada dun dos momentos do obradoiro (5º curso da Ed. Primaria)

                               
                                  Carteis da exposición que se poden consultar na páxina da asociación Amabul.



                                        Imaxes: autoeditadas a partir dos carteis da exposición da asociación Amabul.

Esta actividade forma parte das iniciativas da Aula Ambiental Ulla+23 e cuxa financiación corre a cargo da Deputación da Coruña.

lunes, 18 de septiembre de 2023

UNHA ESCOLA NO MEDIO E PARA O MEDIO

 "Unha escola no medio e para o medio" é o título da presentación do CPI Virxe da Cela, por parte da súa directora María Camino Pereiro González, no Encontro-Seminario sobre a Educación no Rural que tivo lugar no noso centro educativo o pasado sábado 16 de setembro de 2023. A través desta exposición oral, xunto coa presentación gráfica que servía de apoio, os/as asistentes ao encontro poideron ter acceso a datos actualizados sobre este centro educativo situado no rural e coñecer as claves da súa pervivencia.

Cpi Plurilingüe Virxe Da Cela -Encontro Rede by veracruces on Scribd

sábado, 16 de septiembre de 2023

O CPI VIRXE DA CELA ACOLLE O ENCONTRO- SEMINARIO SOBRE A EDUCACIÓN NO RURAL

O CPI Virxe da Cela (Monfero) foi o centro anfitrión para acoller o Encontro-Seminario sobre a Educación no Rural, o sábado 16 de setembro de 2023, promovido pola Rede do Rural. 

A Rede do Rural é unha comunidade diversa de persoas, colectivos, organizacións e entidades vencelladas polo fío transversal da defensa dun medio rural desenvolvido desde a sostibilidade ecosistémica como garante da sostibilidade socioeconómica.

A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural, abreviadamente chamada REDE DO RURAL, xorde como reacción ante a situación de xeral desfeita que sofre o mundo rural. Constitúese esta Rede, con vocación de funcionamento asembleario, dentro dunha conformación de pluralidade e coincidindo na inquedanza común de preservar e desenvolver o rural galego.







Encontro PEER en Monfero by veracruces on Scribd

miércoles, 13 de septiembre de 2023

ENCONTRO- SEMINARIO SOBRE A EDUCACIÓN NO RURAL

 Xa estamos nun novo curso e que mellor c
unha xuntaza!!!!

Este sábado, 16 de setembro acolleremos no centro unha nova xornada dos Encontros-seminarios sobre a educación no medio rural organizados pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural

Será un encontro distendido no que falar e debater dunha realidade con identidade propia pero ao mesmo tempo, diversa pola súa gran variedade.

Estades convidado/as*!!!! 

*Para participar presencialmente ou por videochamada chega con remitir un correo a regaeder@gmail.com