Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Fariña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Fariña. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de abril de 2024

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON ANXO FARIÑA

Diversimonstros! e A cidade violeta son os títulos dos obradoiros de ilustración impartidos por Anxo Fariña os días 24 e 25 de abril de 2024. 

Diversimostros! ten o obxectivo de avanzar na nosa Misión do ODS 10: Redución das desigualdades. O alumnado aprendeu a pintar, debuxar e crear un xogo monstruoso, pero sobre todo aprendimos que non todos somos iguais e que as diferenzas son as que fan máis marabillosa a humanidade e o noso mundo.

Cidade violeta ten o obxectivo de aprender facendo e de forma divertida e estivo destinado a nenas e nenos de entre 6 e 11 anos e no que, guiados polo coñecido escritor e ilustrador galego Anxo Fariña,  poderán construír a súa propia cidade en forma de libro. Unha obra moi especial con varias posibilidades de lectura e unha particular sorpresa que só se desvelará ao aplicar luz ultravioleta ao documento: “A idea é que, cunha pintura especial deseñada para brillar na escuridade, o alumnado vaia plasmando mensaxes e escenas propios da unha cidade sen violencia de xénero nos seus libros”

Tamén se fixeron 2 sesións de ilustración infantil: Obradoiros de ilustración de luces e sombras. 

  • 24 de abril Diversimonstros 1º+2º EP 10:00-11:00 Diversimonstros 3º+4º EP 12:00-13:00 A cidade violeta 5º+6º EP 13:00-14:00 
  •  25 de abril Obradoiro ilustración (Anxo Fariña) Ed. inf. 10:35-11:30 h Ed. inf. 12:00-13 h Dous grupos










miércoles, 13 de febrero de 2019

OBRADOIRO CON ANXO FARIÑA


Este luns 4 de febreiro tivemos o enorme privilexio de ter connosco a Anxo Fariña, ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís. A súa obra máis coñecida é a colección de Os Megatoxos, pero tamén é autor das coleccións:
•  Antón e Pompón.
•  Don Quixote e Breogán.
•  As linguas dos animais.
•  O pelelliño …
•  A Monstroescola.
•  Gliz, o pastor de nubes.
ademais doutras obras soltas, guías de viaxes e libros de texto.
Mirar as caras do noso alumnado xa nos di como acolleron a súa visita. Ollos abertos coma pratos para non perderse nada, miradas que ían máis aló do que Anxo nos contaba, quizais soñando xa en vivir as aventuras dos Megatoxos, eses rapaces con poderes especiais..., quizá... vai ti saber...! e se o día de mañá son capaz eu de escribir un libro ou mesmo ilustrar os de outro autor?
Xa vimos como nacen os libros... nacen dunha idea que vai medrando día a día, que ás veces para de crecer e ten que durmir nun caixón durante un tempo ata que está madura.... pero o escritor ten que seguir traballando, vivindo e observando a realidade da que saca as súas historias. Todas esas observacións as garda nunha pequena libreta no seu bolsillo. E sabedes como as plasma Anxo Fariña? Maiormente sen palabras. Ser ilustrador permítelle ter un mundo de debuxos que co tempo se transformarán nun libro.

Foi unha tarde máxica na que Anxo nos deixou un fermoso agasallo... o retrato dun alumno que ficará por anos nun lugar privilexiado do cole: a nosa biblioteca. Pero o máis importante foron as risas e a imaxinación que despertou en nós... Moitas grazas, Anxo... xa te estamos esperando de novo... Non tardes tanto!!!

Por certo, se queredes coñecer algo máis do noso invitado por que non facedes unha pequena viaxe á súa páxina web?

http://www.anxofarina.com/blog/







martes, 17 de marzo de 2009

DINAMIZACIÓN DE LECTURA EN GALEGO

NOVEMBRO 2008



Dinamización de lectura en galego: Proposta aos coordinadores de ciclo e ao Departamento de Lingua Galega da lectura de libros propostos por Consorcio Editorial para negociar un obradoiro de animación á lectura. Bibliografía para traballar:

-O elefante dunha soa orella. X.H. Rivadulla Corcón. Sotelo Branco.
-A monstroescola. Anxo Fariña. Edicións A Nosa Terra
-Os megatoxos e a espada esmeralda. Anxo Fariña. Edicións A Nosa Terra.