viernes, 31 de marzo de 2023

Observa_Acción no Virxe da Cela


 Temos a primeira fase do Programa Obseva_Acción lista!!!!!

O profesorado do centro que participa na convocatoria  xerou novas formas e  relacións de cooperación, colaboración e construción conxunta de aprendizaxe.  Docentes do mesmo nivel, de distintas etapas e tamén o equipo directivo participaron desta experiencia que desenvolvemos no segundo trimestre do curso escolar. Aquí tedes esta infografía que resume o programa.

                                                  Imaxe autoeditada polo equipo do programa.

lunes, 20 de marzo de 2023

CHARLA COA CIENTÍFICA E EXALUMNA VANESA PORTO

 O Luns 20 marzo de 2023 contamos cunha visita moi especial. Vanesa Porto levaba anos sen pasear polos corredores do CPI Virxe da Cela. A última vez que estivo aquí, fai case dúas décadas, era unha adolescente que graduaba na ESO. Pasou o tempo, e agora é unha muller feita e dereita, que compaxina a súas labores como nai co mundo da ciencia e da investigación. Está doutorada pola universidade de Santiago, e precismante alí é onde realiza a súa vida académica e laboral, formando parte dun equipo que investiga e avanza cara ao tratamento do cancro. Vanesa deu unha charla ao alumnado de EP, transmitindo o seu entusiasmo pola aprendizaxe aos máis pequenos e tamén contando algunhas lembranzas da súa etapa como escolar no CPI Virxe da Cela. Vanesa xa ten unha placa honorífica nunha das aulas de primaria. Moitas grazas, Vanesa. 








Ligazón a unha nota de prensa sobre a tese doutoral de Vanesa Porto

lunes, 13 de marzo de 2023

DÍA DAS ARTES GALEGAS. MARTÍN CODAX



Achegamos dous recursos, elaborados por varios centros coruñeses, para a celebración, o 1º de abril, do Día das Artes Galegas, dedicado este ano a Martín Códax, por se considerades oportuno utilizalos nas vosas aulas. 
 Este material é o seguinte: 
1. Recursos sobre o Día das Artes e Martín Códax e a súa obra, en formato PDF Calameo: https://www.calameo.com/read/0067047664fa2dd6e4690 

 2. Paquete de recursos interactivos, en formato genially, tamén con actividades sobre o Día das Artes e Martín Códax: https://view.genial.ly/63f91a69ad18f20012785c62

CONCURSO DE VIDEOPOEMAS ROSALÍA E MANUEL MARÍA

Achegamos durante este curso, para coñecemento da comunidade educativa do seu centro, información sobre o Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, que este ano chega á súa sexta edición. Este certame, que convoca a Casa-Museo Manuel María, está dirixido a alumnado galego de ensino non universitario a partir da ESO.

basesvideopoemas 23 by veracruces on Scribd

jueves, 2 de marzo de 2023

AS IMAXES DO PATRIMONIO

Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado, que agradecemos de antemán. Inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio. 

BASES Certame Imaxes PNO by veracruces on Scribd