Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2021. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de octubre de 2021

PORTAS DE SAMAÍN: ACTIVISTAS "ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS"

 Entre as portas decoradas do noso centro con motivo do Concurso de Decoración de Portes (Samaín), descubrimos unha clase de activistas lanzando a súa mensaxe de "Aldeas Libres de Macroeólicos". Os nenos de nenas desta clase de 5º de primaria, acompañados pola súa mestra Carmen Espiñeira,  aproveitaron esta actividade para continuar coa súa loita pola defensa dun rural libre do dominio das grandes empresas. Dentro da súa proposta tiñan incluso pensado levar a cabo unha performance a modo de "manifestación" e o recitado de coplas. 










CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN




Na xornada do venres 29 de outubro de 2021 celebraremos colectivamente no CPI Virxe da Cela o Magosto e o Samaín. Diferentes propostas e actividades terán cabida en distintos espazos do noso centro.

Magosto: degustación de castañas asadas. A última sesión da tarde o alumnado do centro (dividido por grupos e en diferentes quendas) reunirase para comer castañas asadas

Caras de Medo: Exposición de Caras de Medo utilizando obxectos de refugallo (latas de bebida), organizado polo departamento de Plástica e a Biblioteca Castelao

Concurso de Decoración de Portas: As portas premiadas foron as de 4º EP e 1º ESO

Concurso de Decoración de Cabazas: temos expostas diante da Biblioteca Escolar unha multitude de cabazas decoradas, mostra da creatividade e da imaxinación do noso alumnado e familias! O alumnado de infantil visituou coas súas mestras a exposición, e quedaron abraiados con tanto colorido e variedade! Premios: Sara Prieto Souto 5 EI  Premio á cabaza máis “fashion”.   Iago Manuel Varela Vázquez, 1º EP,... á cabaza mellor transformada, Martín Amenedo Carballeira, 3º EP ...á cabaza ca mellor escenificación. Hugo López Pérez, 4º EP... á cabaza máis arrepiante, Aroa Martínez Belda, 3º EP  … á cabaza máis artística. Mario Prieto Souto, 1 EP. … á cabaza máis reivindicativa. Brais Díaz Domínguez, 5º EI. ... á cabaza máis elegante. Icía Seco Abeal, 3º EP, ... á cabaza máis divertida