sábado, 28 de mayo de 2022

SUPERfinal do Reto DigiCraft 2022

 


SUPERfinal do Reto DigiCraft 2022

Fai unhas semanas  recibíamos unha boa nova, comunicábasenos que o noso centro fora seleccionado para participar na fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22 que se celebrou o mércores 11 de maio nunha xornada incluída no contexto do I Congreso DixInnova 2022 organizada a Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Edificio Fontán, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.


Un Superreto que consistía en crear de xeito colaborativo unha maqueta que permitira solucionar un dos seguintes problemas do planeta: a extinción das especies, a contaminación en calquera  das súas formas ou problemas forestais.

Toda a etapa de Ed. Primaria colaborou, pensou e enviou os vídeos cos seus proxectos. 

Cal foi a súa consecuencia? 



Convocáronnos en Santiago de Compostela para presentar 3 proxectos representando a todo o alumnado do colexio. 

3 Proxectos cheos de imaxinación e moito traballo detrás, convertíndose un deles  (2º Ed. Primaria) no proxecto gañador a nivel autonómico na categoría de 6 a 8 anos e que viaxará a Madrid o 14 de Xuño á final Estatal.

Noraboa a todos e a todas!

Aquí podedes ver máis información, así como toda a entrega de premios íntegra, que recolleu a nosa profe Mariló e Verónica:



Aquí deixovos un adianto (no seguinte enlace) do que Mimi preparou con moita ledicia para os representantes  de 1º e 3º de Ed. Primaria que estiveron estarán detrás dunha mesa defendendo o seu proxecto!



Sodes todos uns gañadores!!!

lunes, 23 de mayo de 2022

Visita ó Parlamento de Galicia

 


Visita ó Parlamento de Galicia

O pasado luns 23 de Maio de 2022, o alumnado de 5º e 6º Ed. Primaria participaron nunha visita guiada ó Parlamento de Galicia no eido do 40 Aniversario da Institución. 

Alén disto, o alumnado de 6º Ed. Primaria, dentro da actividade de Radio que está a realizar no cole, Radio Xesteira, realizaron unha entrevista ó Presidente do Parlamento de Galicia, tralo envío dunha misiva e o seu traballo na área de CCSS, durante o Primeiro Trimestre, onde se traballou a importancia de coñecer as nosas Institucións Públicas e a labor dos representantes.



Como consecuencia, unha saída singular cun personaxe especial que se verá reflexado como sempre nun traballo final na Radio Xesteira e que podedes escoitar no seguinte enlace:

https://podcasts.google.com/feed/aHR0cHM6Ly93d3cuaXZvb3guY29tL3BvZGNhc3QtcmFkaW8teGVzdGVpcmEtYS1yYWRpby1kby1jcGktdmlyeGUtZGFfZmdfZjExMjY3MzQ0X2ZpbHRyb18xLnhtbA/episode/aHR0cHM6Ly93d3cuaXZvb3guY29tLzg3MTE3MzEw?hl=es&ved=2ahUKEwifru6s8YL4AhVtzoUKHQvWBxMQieUEegQIAhAF&ep=6

viernes, 20 de mayo de 2022

ROMPE OS ESTEREOTIPOS E PREXUIZOS DA LINGUA

Na semana de celebración das Letras Galegos a compañía Duende Sico ofreceu o venres 20 de maio de 2022 un espectáculo en prol da lingua galega para alumnado da ESO, co título "Rompe os estereotipos e prexuizos da lingua". A paiasa Tati conseguiu arrincar gargalladas entre o público, así como facer aos asistentes participes dunha obra coral coa que se pretendía facer reflexionar sobre a importancia da nosa propia lingua, o galego. 









viernes, 13 de mayo de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2022

     Froito da colaboración dos departamentos de música de primaria e secundaria, e xa constituíndo toda unha tradición instaurada desde fai máis dunha década no noso centro, o venres 13 de maio de 2022 a música e a danza amenizou e enriqueceu unha xornada especial para a nosa cultura galega, xa que paralelamente celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán. O espazo do aparcamento dos buses converteuse nun auténtico escenario no que se conxugou a tradición e a modernidade. 
     Os nenos e nenas de 6º de EI bailaron a tradicional Danza de Fitas, ao son do Pasodoble de Meira (utilizando unha gravación deste tema realizada pola Asociación Musical Folclóricos de Virxe da Cela e acompañados polas percusións en directo de alumnado de EI e EP). Acto seguido o alumnado de 2º da ESO bailou a ben coñecida Muiñeira de Lugo, e posteriormente o público aplaudiu e animou os nenos de nenas de 1º de EP, que axudados e acompañados por alumnado de 4º da ESO, realizaron unha vistosa coreografía da mediática e famosa Terra de Tanxugueiras. E que mellor que unha actuación multitudinaria para pechar o festival, onde alumnado de varias clases de EI e EP bailaron e fixeron acrobacias á par que se escoitaba o Pasodoble de Beo (gravación Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre).
     Entre número e número o alumnado de primaria aproveitou para dar unhas pinceladas sobre a vida e obra de Florencio Delgado, recoñecendo a súa figura e visibilizando a súa contribución na valoración e promoción da nosa lingua e cultura galegas. 
     Ao final desta xornada aproveitamos entregar diplomas acreditativos ao alumnado de EP participante no programa Digicraft (especialmente destacando o proxecto de 2º EP, gañador a nivel autonómico do Super Reto Digicraft, e que viaxará a Madrid o 14 de Xuño á final Estatal). Noraboa a todos e todas!!


















jueves, 12 de mayo de 2022

V CONCURSO DE BOOKTRAILERS

V Concurso de Booktrailers, certame organizado polo IES Pontepedriña de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxecto de fomentar, entre os rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, a lectura e a creatividade audiovisual en galego. As gravacións remitiranse ata o 20 de maio a: endlpontepedrina@gmail.com

CONCURSO-BOOKTRAILERS by veracruces on Scribd

IV CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ

O IV Certame de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", está dedicado  nesta edición, á vida e obra de Gurriarán. O concurso, convocado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións en colaboración coa SXPL e outras entidades, está dirixido a alumnado de 10 a 18 anos de distintas etapas e niveis educativos (5º e 6º de primaria, secundaria etc.). Podeves enviar traballos ata o 14 de maio.

Bases Certame o Vello Dos Contos 2021 by veracruces on Scribd

V CERTAME DE HUMOR GRÁFICO "DIEGO PEÑA CARRO"

O V Certame de Humor Gráfico "Diego Peña Carro", singular proposta do CPR Plurilingüe Escravas da Coruña dirixida a estudantes de 5º de EP a 4º da ESO de toda Galicia co fin de incentivar o uso do galego na banda deseñada. As viñetas poden enviarse por correo electrónico entre o 9 e o 13 de maio.

VConcurso-humorgrafico by veracruces on Scribd

martes, 10 de mayo de 2022

Preparando O "Superreto Digicraft 2022"

 



Preparando O "Superreto Digicraft 2022"

A semana pasada recibíamos unha boa nova, comunicábasenos que o noso centro fora seleccionado para participar na fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22 que se celebrará mañá mércores 11 de maio nunha xornada incluída no contexto do I Congreso DixInnova 2022 organizada a Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Edificio Fontán, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Un Superreto que consistía en crear de xeito colaborativo unha maqueta que permitira solucionar un dos seguintes problemas do planeta: a extinción das especies, a contaminación en calquera  das súas formas ou problemas forestais.

Toda a etapa de Ed. Primaria colaborou, pensou e enviou os vídeos cos seus proxectos. 

Cal foi a súa consecuencia? 

Mañá convocáronnos en Santiago de Compostela para presentar 3 proxectos representando a todo o alumnado do colexio. 

3 Proxectos cheos de imaxinación e moito traballo detrás, que participarán nun gran reto, convertirse no proxecto gañador a nivel autonómico na categoría de 6 a 8 anos, fronte a outros máis de 20 colexios seleccionados de entre todos de toda Galicia. 

Moita sorte, pero, para nós, e en especial para mín, tanto os que ides mañá a representarnos coma todos/as os que participastes nestes días rematando os vosos proxectos, practicando e grabando en calquera oco da mañá e da tarde, sodes todos uns auténticos gañadores!!!

Aquí deixovos un adianto do que Mimi preparou con moita ledicia para os representantes que mañá estarán detrás dunha mesa defendendo o seu proxecto!

Moita Sorte!!!