Durante a xornada lectiva do 31 de outubro tivo lugar no CPI Virxe da Cela a celebración do Magosto 2017. Iniciamos a xornada con xogos e actividades deportivas populares e tradicionais para o alumnado de EI e EP. Todas elas se celebraron no patio interior do colexio e na aula de Psicomotricidade en horario de mañá (despois do recreo). Houbo xogos que se adaptaron para que a castaña pasara a sen un aspecto importante dentro deles (como por exemplo a culler-castaña) e outros “clásicos” como as carreiras de sacos. Para o desenvolvemento delas, contouse coa colaboración do alumnado de 3º da ESO.
Mostrando entradas con la etiqueta xogos tradicionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos tradicionais. Mostrar todas las entradas
viernes, 3 de noviembre de 2017
martes, 28 de junio de 2016
XOGOS POPULARES
Deixamos neste espazo un simpático traballo elaborado polo alumnado de educación infantil do CPI Virxe da Cela, baseado nos xogos tradicionais e populares. Para realizar esta investigación os nenos e nenas contaron coa colaboración dos seus familiares e veciños.
martes, 19 de mayo de 2015
martes, 21 de mayo de 2013
RECUPERACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS
O pasado venres 10 de maio, o sol amosouse sen reparo para amenizar unha divertida xornada de xogos populares. Conformando un apartado do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego, a recuperación do noso patrimonio "inmaterial" levouse a cabo a través dunha iniciativa que partiu de Educación Primaria. O alumnado de 3º ciclo de primaria reuniuse no patio exterior para realizar esta xornada, a base de diferentes "estacións" con xogos populares e tradicionais como a carreira de sacos, a mariola, o xogo do paño, e outras. Os rapaces e rapazas poderán así contar con diversas alternativas para o seu tempo de lecer, agora que tan de moda están os xogos virtuais, as videoconsolas, o individualismo... non deixemos de lado estes xogos cooperativos, que aínda encima son moi saudables, xa que nos obrigan a utilizar mente e corpo...
lunes, 7 de noviembre de 2011
CONCURSO DE PEÓNS
POLO SAN MARTIÑO PEÓNS Ó CAMIÑO!!!
O día 8 de novembro os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil do noso centro fixeron unha exhibición de baile de peóns e posteriormente realizaron unha exposición de todos os peóns que eles mesmos decoraron.
Se queredes coñecer mais a fondo o mundo dos peóns, picade enriba da imaxe.
miércoles, 18 de marzo de 2009
IV ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS
18 DE FEBREIRO DE 2009
Acuse de recibo (vía e-mail), información sobre o IV Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que terá lugar o sábado 30 de maio de 2009 en Silleda. Remítese esta información á profesora de Educación Física de Primaria, que está traballando co seu alumnado no tema dos xogos tradicionais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)