miércoles, 31 de mayo de 2023

SESIÓN DE ACOLLIDA 2ª FASE PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN NO CEIP ARDÁN (MARÍN)

Catro docentes do CPI Virxe da Cela visitaron o CPI Ardán, en Marín, o mércores 31 maio 2023. Esta visita forma parte das segunda fase intercentros "Acolle" do Programa Observa-Acción da Xunta de Galicia. Foi unha xornada moi enriquecedora na que se produciu un intercambio de ideas e de impresións que axudarán a mellorar as prácticas docentes en ambos centros educativos. Contamos tamén coa presencia dos Asesores dos CFR de Ferrol e Pontevedra. 










UNHA OLLADA PARA O ARDÁN by veracruces on Scribd

lunes, 29 de mayo de 2023

DESCUBRINDO O CPI VIRXE DA CELA

Compartimos con toda a comunidade educativa este agasallo que será entregado ás profesoras do CEIP Ardán (Marín) que visitarán o noso centro na xornada de "Acollida" que terá lugar o luns 29 de maio de 2023. Este maletín, elaborado minuciosamente e con moito cariño polo profesorado do CPI Virxe da Cela contén un mundo en miniatura do que é o noso centro e ten a apariencia de maletín de xogo, con diferentes elementos: bloques de edificio, pista de xogos, planos, fichas, avatares dos profesores/ras participantes no programa Observa-Acción, e outros moitos pequenos detalles a descubrir polos nosos invitados, que lle axudarán como material de apoio ou complementario á súa visita. Por iso, un dos elementos claves contidos neste maletín é un pequeno caderno ilustrado en cor co título "Descubrindo o CPI Virxe da Cela", que contén información  detallada e actualizada sobre as instalacións do centro, as liñas de traballo e os proxectos que se levan a cabo. Existe tamén unha versión dixital do caderno, elaborada a través de Genial.ly, na que se pode consultar incluso información adicional a través de hipervínculos. Esperemos que vos guste!!




https://view.genial.ly/64683e7c02dab00012b115c6/learning-experience-didactic-unit-cpi-virxe-da-cela-acollida-observa-accion

XORNADA DE ACOLLIDA AO CEIP ARDÁN (MARÍN), 2ª FASE PROGRAMA "OBSERVA-ACCIÓN"

Chega o momento tan deseado: exercer de anfitrións e recibir ás 4 docentes do CEIP Ardán (Marín) que visitan o noso centro nesta xornada de acollida que tivo lugar o luns 29 Maio 2023 enmarcada na II Fase do Programa Observa-Acción. Foron moitas as horas de preparación previas para ter todos os espazos organizados e poder ir seguindo o cronograma establecido, mais valeu a pena, xa que tanto anfitrións como invitados saímos felices e satisfeitos coa experiencia. 




 


https://view.genial.ly/64683e7c02dab00012b115c6/learning-experience-didactic-unit-cpi-virxe-da-cela-acollida-observa-accion

Impresións Cpi Virxe Da Cela by veracruces on Scribd

viernes, 26 de mayo de 2023

PRÓXIMA VISITA DO CEIP ARDÁN (MARÍN). FASE "ACOLLE" (PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN)

Dentro das actuacións do Proxecto Observa-Acción (2ª fase) no que participa o centro o próximo luns 29 de maio contaremos coa presenza no centro de profesorado do CEIP de Ardán de Marín e dunha persoa asesora do CFR de Pontevedra (cinco persoas). Temos elaborado un programa de actividades para esta xornada na que daremos a coñecer actividades e espazos do centro (realizadas en diferentes aulas e na biblio e no espazo ferraganchos). Con elas, queremos xerar un espazo onde compartir experiencias e facer da xornada un día especial e ameno para o alumnado.



lunes, 22 de mayo de 2023

OBRADOIROS TALENTO MOZO

O Luns 22 de maio 2023 o alumnado de 3º e 4º da ESO recibe a visita de dúas mozas galegas con experencia en diferentes ámbitos profesionais para relatar a súa experiencia vital e laboral, dentro do progama Obradoiros Talento Mozo 2023. Sara Fraga Pérez ten 27 anos e está enfocada profesionalmente ao mundo da xestión cultural  e Alexandra Kus ten 28 anos e traballa como  coordinadora da sección de marketing dixital nunha importante firma galega. Ambas explicaron ao alumnado presente na charla como foi a vida marcando o seu itinerario académico e guiando a súa carreira profesional, aportando moitísimas claves para animar aos mozos e mozas a descubrir cales son os seus talentos e paixóns para ser quen de no futuro gañarse a vida con algo que lles de ademais de sustento un elevado grado de felicidade e satisfacción, sen olvidarnos do factor humano e as relacións cos outros. 
 

 


O programa Obradoiros Talento Mozo 2023 é un programa de educación non formal no ámbito educativo que tratará de visibilizar a creatividade, a innovación e o impulso da xente moza a través da realización de 30 obradoiros en centros de educación secundaria obrigatoria repartidos polas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo do programa é dar a coñecer traxectorias relevantes de mozas e mozos galegos que pola súa creatividade, innovación e impulso destacan profesionalmente en ámbitos diversos, á vez que se pretende estimular e incentivar a análise e reflexión no alumnado receptor.Obxectivos específicos Os obxectivos específicos do programa son: 
• Expoñer experiencias próximas e reais da mocidade que amplíen o campo de referencia para o alumnado participante. 
• Resolver dúbidas do ámbito laboral por parte dunha persoa que actualmente traballa ou se formou naquilo ao que o alumnado se quere adicar. 
• Falar dos problemas, así como das posibles solucións, que lles xurdiron aos mozos e mozas participantes e que lles fixeron chegar ata onde se encontran hoxe en día. 
• Coñecer cal é o estilo de vida, o día a día ou os futuros retos das persoas relatoras co fin de xerar un espazo de confianza e próximo co alumnado. 
• Fomentar a participación real dos alumnos e alumnas durante o desenvolvemento do programa. 
• Promover o desenvolvemento das habilidades persoais dos participantes.

domingo, 21 de mayo de 2023

VISUAL THINKING OU PENSAMENTO VISUAL

O pensamento visual, tamén chamado aprendizaxe visual/espacial ou pensamento de imagen é unha tendencia moi valorada últimamente na educación, que consiste en realizar tarefas mentais directamente a través de procesos visuais. O alumnado de 3º da ESO que cursa a materia de Educación Dixital levou a cabo algúns proxectos de iniciación ao "visual thinking", traballando contidos da materia e utilizando a lingua galega como ferramenta comunicativa en apoio ás imaxes.  


SABELA E A INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Alumnado de 3º da ESO que curso Educación Artificial está a experimentar con programas de intelixencia artificial creando avatares que sexan quen de falar en galego!! Para iso utilizan D-ID, unha plataforma de videos xerados por intelixencia artificial que permite crear vídeos a partir de texto simple.

viernes, 19 de mayo de 2023

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS NO CPI VIRXE DA CELA

 Venres 19 de maio de 2023. Celebración nun acto conxunto para conmemorar o Día das Letras Galegas e os Maios. Esta celebración xirou en torno á figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023. A gala estivo presentada polo alumnado de EP, que presentaron o evento ao público reunido no patio cuberto do CPI Virxe da Cela. Pinceladas sobre a vida deste autor galego, un guiño á súa contribución na creación da editorial Galaxia (representada a través dunha fermosa alfombra floral) e música tradicional a cargo dun grupo de folclore de Betanzos e tamén de varios grupos de alumnado do centro.








jueves, 18 de mayo de 2023

SAÍDA A SANTIAGO E GALA FINAL DÍGOCHO EU

Hoxe, martes 16 de maio, día previo ao día das Letras Galegas e dous días antes do Día Internacional dos Museos, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria fixemos unha excursión a Santiago de Compostela. Visitamos pola mañá o Museo Pedagóxico de Galicia e o Museo do Pobo Galego e pola tarde o Centro Galego de Arte Contemporánea. Despois asistimos á gala final do DígochoEu.   












martes, 16 de mayo de 2023

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 A exposición sobre Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023, xa está a disposición da comunidade educativa en diferentes espazos do noso centro. Os dez panéis que conforman a exposición de infantil e primaria ( realizada polo CEIP Juan Rey de Lourenzá)  están situados no patio cuberto, mentras que os dez panéis da exposición de secundaria (realizada polo Instituto IES Castelao de Vigo), están distrubuídos diante da Biblioteca Castelao. 







DON PACO NAS ONDAS

No ano 2002, con motivo da celebración da 8ª edición de Ponte...nas ondas! Francisco Fernández del Riego foi convidado a participar na xornada de comunicación interescolar. Don Paco coñeceu de primeira man o que se estaba a facer desde Ponte...nas ondas! , coa súa sabedoría diagnosticou este labor como “sen precedentes” e albiscou un futuro prometedor para a experiencia.

A profesora Dorinda Castro, lembra a conversa mantida con Fernández del Riego en Vigo, que podedes escoitar tamén nesta ligazón: https://go.ivoox.com/sq/1956817

Don Paco Nas Ondas! by veracruces on Scribd

lunes, 15 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023 POR AFUNDACIÓN

Para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023, desde Afundación convidámosvos a coñecer e participar nas seguintes actividades dixitais. 

Un conto para que visualicen os máis pequen@s e un xogo para participar e comprobar os coñecementos sobre Francisco Fernández del Riego. EDUCACIÓN INFANTIL: Conto "O misterioso salouco de Don Paco"



CAP A UN NOU MARC NORMATIU? A EXPERIENCIA NO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA

 O pasado sábado 23 de maio estivemos na Federació de Moviments de Renovació Pedagògica de Catalunya falando sobre los #institutescola e compartindo experiencias e inquietudes . Nela, presentamos o modelo organizativo dos CPI galegos e os proxectos e programas que contribúen á mellora da calidade educativa en contextos rurais. Un dos exemplos é o Programa Obseva-Acción que favorece a calidade da actuación docente. 

Ademais, vimos o importante que é coordinar iniciativas a través da participación cidadá. Grazas Eduard Trepat. Educació. Generalitat de Catalunya. Cultura Diputació de Barcelona ARCA Desenvolupament Rural e a FMRPC por esta incrible experiencia de aprendizaxe.


Imaxe: autoeditada da xornada.

Imaxe: autoeditada da presentación do centro.





Imaxe: cartel da xornada.






viernes, 12 de mayo de 2023

Xa temos rego automático!!!!

Este curso escolar o alumnado do 5º curso da Ed. Primaria encargouse da instalación do sistema de rego do horto escolar. Para isto contaron cunha axuda de excepción: Carlos, a persoa de conserxería do centro!!!! 

Parabéns polo bo traballo!!!  

#ODS #CPIVirxeDaCela #CPIVirxeDaCelaODS #CPIVirxeDaCelaEdPrimaria

                                    Pequena creación autoeditada da posta en marcha do sistema de rego.

TÍTERES CACHIRULO

Xoves 11 maio 2023. Educación Infantil e 1º Educación Primaria. Monstros de cores. Bisontes. Emocións. Hábitos saudables. 




miércoles, 10 de mayo de 2023

Quen dixo medo!!!! Creamos o horto da Ed. Infantil

Neste curso creamos o horto escolar para que formase parte das dinámicas propias da etapa da Ed. Infantil. Foi labor do alumnado da Ed. Primaria dentro da área de Ed. En Valores e Proxecto competencial entrelazando as aprendizaxes de diferentes áreas. 

Tamén, favorecendoo aproveitamento a reutilización dos recursos, creando dinámicas de consumo responsable e de reciclaxe. Por exemplo, aaproveitando os restos de madeiras dunha obra o alumnado.

#ODS #CPIVirxeDaCela #CPIVirxeDaCelaODS #CPIVirxeDaCelaEdPrimaria



 Pequeno vídeo autoeditado do proceso de creación.

viernes, 5 de mayo de 2023