Mostrando entradas con la etiqueta plan lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plan lector. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de noviembre de 2023

SEMENTEIRAS

Hoxe tivemos no centro a actividade PAISAXES BIBLIOGRÁFICAS  deseñada para favorecer o gusto pola lectura e dar valor a súa relación co medio natural.

Desta forma, a  través dunha selección de títulos de literatura infantil e xuvenil especialmente pensados con esta fin  e relacionados co noso territorio descubrimos novas formas de ver o mundo, a través das metáforas, dos recursos poéticos, da ilustración, da identificación coas personaxes e os mundos que a habitan.

A actividade tivo lugar na biblioteca e a persoa que  a realiza á actividade, Sonia Hermida,  Al otro lado Asociación de familias lectoras empregou  material de refugallo (folios xa usados, anacos de papel, botóns, cartón, chapas, cordeis, lazos, envoltorios de paquetes...) e tamén, elementos naturais da nosa contorna recollidos nun paseo que se realizou en familia polo alumnado de 3º e 4º curso, destinatarios da actividade

 Luns 13 novembro 2023, na Biblioteca Castelao. Dúas quendas (3º EP de 09:45 a 11:30 e 4º EP de 12:00 a 13.50). 

Sementeira, Proxecto Terra. 







                                                       Imaxes propias da actividade.

miércoles, 18 de marzo de 2009

XORNADAS DE LECTURAS DRAMATIZADAS












5 DE FEBREIRO DE 2009





Proposta á Biblioteca Escolar: Xornadas de Lecturas Dramatizadas. Datas: Mércores de 12:15 a 12:35, na Biblioteca Castelao. Proposta de traballo cos textos do libro Made in Galiza, de Sechu Sende.













E TI QUE LES?




















E TI QUE LES?

EXPOSICIÓN


Do 9 de Marzo ao 17 de Marzo de 2009.
Biblioteca Castelao.





47 persoeiros contestan
47 recomendacións de lectura.

Esta exposición naceu como un proxecto da Biblioteca do IES de Sabón co claro obxectivo de animar á lectura. A súa idea era que outras voces, máis coñecidas, poderían falarnos dun libro e recomendar a súa lectura. Este é o resultado: persoas que pertencen ao mundo da cultura, da comunicación, do deporte e do espectáculo, cederon a súa voz, a súa imaxe e a súa escrita para falarnos dun libro ou dun autor ou autora que os teña emocionado.
















3 DE MARZO DE 2009


Recibo do material da exposición Ti que les. Nos próximos días se traballará na montaxe da exposición, en colaboración coa Biblioteca Castelao.




9 DE MARZO DE 2009




Inauguración da exposición E ti que les? Biblioteca Castelao. Do 9 ao 17 de Marzo de 2009.



Circular ao profesorado sobre a exposición E ti que les? Datas, horarios e material didáctico para traballar na aula:







Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística animamos aos profesorado a visitar esta exposición cos seus alumnos/as. Se queredes traballar co dvd para proxectalo na aula de UUMM, tendes dúas copias á vosa disposición no meu casilleiro.



Copia circular: hipervínculo

AS ESTRELAS CAERON




19 DE XANEIRO DE 2009


Entrega de 219 exemplares do conto As estrelas caeron, de Jeanne Picard Mahaut, editado pola Xunta de Galicia, dentro da campaña de Plan de Seguridade Viaria de Galicia. Repartirase este material entre o alumnado de primaria e secundaria.