martes, 17 de marzo de 2009

CREACIÓN DO GRUPO DE TEATRO ESCOLAR

MÉRCORES 26-11-2008

Creación do Grupo de Teatro Escolar. Mércores 26-11-08, ás 12:15 horas. Reunión para elixir aos protagonistas da obra teatral Conto de Nadal (baseado dun conto de Leon Tolstoi. Adaptación a cargo de Yolanda Castro López e Verónica Dopico Cancela)

5 comentarios:

  1. Yaiza Seijas Abeal:

    A min gustoume moito a obra de teatro "Conto de Nadal". Gustaríame facer para o ano outra. O que máis me gustou das lecturas que fixemos foi a dos "Gatos do 0´7" e "Made in Galiza". Gustaríame que houbera máis ensaios. O que menos me gustou foi que algúns alumnos andaban entrando e saindo do grupo de teatro.

    ResponderEliminar
  2. Sandra Fernández Rodríguez:

    A min gustoume todo esto do teatro, desde facer lecturas ata facer as obras. Gustaríame facer outra vez o ano que ven unha obra de teatro. Tamén está moi ben coller os recreos para facer as lecturas. Alégrome moito que as profesoras Verónica e Yolanda teñan tanta paciencia con nós, por aguantarnos todos os mércores no recreo. Pero gustaríame que colléramos máis recreos ou perdéramos algunha clase, pero non sempre, porque senón non aprendemos nada durante o curso. O teatro está moi ben, sobre todo as obras "Os Gatos do 0´7" e "Made in Galiza"

    ResponderEliminar
  3. Daniel Vázquez Coira:

    A min o grupo de teatro pareceume unha boa idea, porque era moi divertido o de actuar. A min gustaríame que seguira habendo.

    ResponderEliminar
  4. Alba Gómez Seijo:

    Para min foi unha experiencia boa. Os ensaios foron moi espectaculares, encantadores. Eu fixen unha obra de teatro, encantoume. Para o curso que ben gustaríame que seguira habendo, para así poder facer máis teatro. A min encántame. Para o ano que vén sería xenial que seguira, pero con máis ensaios.

    ResponderEliminar
  5. Ivan Torrado Morado:

    A min o grupo de teatro gustoume moito, pero o problema era que era durante o recreo. Ojalá que quitasen algunha clase para os ensaios.

    ResponderEliminar